Casa de Bernadotte: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Bernadotte coa.svg|miniatura|180px|Escudo da casa de Bernadotte.]]
A '''casa real de Bernadotte''' é a actual casa real de [[Suecia]], que leva reinando desde [[1818]].


A '''casa real de Bernadotte''' é a actual casa real de [[Suecia]], que leva reinando desde [[1818]]. Entre 1818 e [[1905]] foi tamén a casa real de [[Noruega]].
Entre 1818 e [[1905]] foi tamén a casa real de [[Noruega]].


Esta casa real foi fundada por [[Jean-Baptiste-Jules Bernadotte]], nacido en [[Pau, Pireneos Atlánticos|Pau]], mariscal de [[Napoleón]], escollido como sucesor do derradeiro rei da [[Casa de Holstein-Gottorp|dinastía Holstein-Gottorp]], [[Carlos XIII de Suecia|Carlos XIII]], que morreu sen descendencia. O mariscal francés foi coroado en [[1818]] como [[Carlos XIV Xoán de Suecia]] (coñecido en Suecia con este nome, e en Noruega como Carlos III Xoán).
Esta casa real foi fundada por [[Jean-Baptiste-Jules Bernadotte]], nacido en [[Pau, Pireneos Atlánticos|Pau]], mariscal de [[Napoleón]], escollido como sucesor do derradeiro rei da [[Casa de Holstein-Gottorp|dinastía Holstein-Gottorp]], [[Carlos XIII de Suecia|Carlos XIII]], que morreu sen descendencia.
O mariscal francés foi coroado en [[1818]] como [[Carlos XIV Xoán de Suecia]] (coñecido en Suecia con este nome, e en Noruega como Carlos III Xoán).


==Historia==
==Historia==
[[Ficheiro:Bernadotte coa.svg|miniatura|200px|Escudo de armas da casa de Bernadotte.]]
[[Ficheiro:Jean Baptiste Bernadotte.jpg|miniatura|esquerda|170px|[[Jean-Baptiste Bernadotte]], o pai da dinastía]]

[[Ficheiro:Greater coat of arms of Sweden.svg|miniatura|200px|Escudo de armas de Suecia.]]
Despois da [[Guerra Finlandesa]] en [[1809]], Suecia sufriu a perda traumática de [[Finlandia]], que viña constituíndo a metade oriental do [[Monarquía|reino]] sueco durante séculos. A agonía e o resentimento dirixidos cara ao rei [[Gustavo IV Adolfo de Suecia|Gustavo IV Adolfo]] precipitaron un [[golpe de Estado]]: o tío de Gustavo Adolfo, [[Carlos XIII de Suecia|Carlos XIII]], que non tiña fillos, substituíno. Iso foi só unha solución temporal, pois, en [[1810]], o [[Riksdag]] elixiu o príncipe dinamarqués Cristian Augusto de Augustenborg como herdeiro ao trono. Como príncipe herdeiro, tomou o nome de Carlos Augusto, mais faleceu pouco despois no mesmo ano.
Despois da guerra de Finlandia de [[1809]], Suecia sufriu a perda traumática de [[Finlandia]], que viña constituíndo a metade oriental do [[Monarquía|reino]] sueco durante séculos.
A agonía e o resentimento dirixidos cara ao rei [[Gustavo IV Adolfo de Suecia|Gustavo IV Adolfo]] precipitaron un [[golpe de Estado]]: o tío de Gustavo Adolfo, [[Carlos XIII de Suecia|Carlos XIII]], que non tiña fillos, substituíno.
Iso foi só unha solución temporal, pois, en [[1810]], o [[Riksdag]] elixiu o príncipe dinamarqués Cristian Augusto de Augustenborg como herdeiro ao trono. Como príncipe herdeiro, tomou o nome de Carlos Augusto, mais faleceu pouco despois no mesmo ano.


Como [[Napoleón I de Francia]] era o emperador dos franceses e gobernaba, directa ou indirectamente, sobre grande parte da [[Europa Continental]], a través dunha rede de [[Estado|reinos satélites]] levados polos seus irmáns (ver [[Primeiro Imperio Francés]]), o parlamento sueco resolveu escoller un rei que Napoleón aceptase.
Como [[Napoleón I de Francia]] era o emperador dos franceses e gobernaba, directa ou indirectamente, sobre grande parte da [[Europa|Europa Continental]], a través dunha rede de [[Estado|reinos satélites]] levados polos seus irmáns (ver [[Primeiro Imperio Francés]]), o parlamento sueco resolveu escoller un rei que Napoleón aceptase.


[[Ficheiro:Jean Baptiste Bernadotte.jpg|miniatura|esquerda|200px|[[Jean-Baptiste Bernadotte]], o pai da dinastía]]
O [[21 de agosto]] de [[1810]], o Riksdag escolleu a [[Jean-Baptiste Bernadotte]], mariscal de Francia, como herdeiro do trono.


Bernadotte, nacido na cidade de [[Pau, Pireneos Atlánticos|Pau]], na provincia de [[Béarn]] ([[Baixa Navarra]]), [[Francia]], foi elevado a xeneral durante os tumultuosos anos da [[Revolución Francesa]]. En [[1798]], desposou a [[Désirée Clary]], cuxa irmá [[Julie Clary|Julie]] estaba casada con [[Xosé Bonaparte]], o irmán máis vello de Napoleón. En [[1804]], Napoleón promoveuno a mariscal de Francia, concedéndolle máis tarde o título de Príncipe soberano de [[Pontecorvo]], unha cidade do sur de [[Italia]].
O [[21 de agosto]] de [[1810]], o Riksdag escolleu a [[Jean-Baptiste Bernadotte]], [[mariscal de Francia]], como herdeiro aparente do trono.


[[Ficheiro:Greater coat of arms of Sweden.svg|miniatura|180px|Escudo de Suecia.]]
Bernadotte, nacido na cidade de [[Pau, Poreneos Atlánticos|Pau]], na provincia de [[Béarn]], [[Francia]], foi elevado a xeneral durante os tumultuosos anos da [[Revolución Francesa]]. En [[1798]], desposou a [[Désirée Clary]], cuxa irmá estaba casada con [[Xosé Bonaparte]], o irmán máis vello de Napoleón. En [[1804]], Napoleón promoveuno a mariscal de Francia, concedéndolle máis tarde o título de Príncipe soberano de [[Pontecorvo]], unha cidade do sur de [[Italia]].


Como príncipe herdeiro de Suecia, asumiu o nome de Carlos Xoán e tornouse oficialmente como [[rexente]] para o restante do reinado de Carlos XIII, asegurando unha unión persoal forzada entre Suecia e [[Noruega]] na campaña contra Noruega de [[1814]].
Como príncipe herdeiro de Suecia, asumiu o nome de Carlos Xoán e tornouse oficialmente como [[rexente]] para o restante do reinado de Carlos XIII, asegurando unha unión persoal forzada entre Suecia e [[Noruega]] na campaña contra Noruega de [[1814]].
Liña 39: Liña 47:


[[Categoría:Historia de Suecia]]
[[Categoría:Historia de Suecia]]
[[Categoría:Historia de Noruega]]
[[Categoría:Familias reais|Bernadotte]]
[[Categoría:Familias reais|Bernadotte]]

Revisión como estaba o 14 de setembro de 2016 ás 22:36

Escudo da casa de Bernadotte.

A casa real de Bernadotte é a actual casa real de Suecia, que leva reinando desde 1818.

Entre 1818 e 1905 foi tamén a casa real de Noruega.

Esta casa real foi fundada por Jean-Baptiste-Jules Bernadotte, nacido en Pau, mariscal de Napoleón, escollido como sucesor do derradeiro rei da dinastía Holstein-Gottorp, Carlos XIII, que morreu sen descendencia.

O mariscal francés foi coroado en 1818 como Carlos XIV Xoán de Suecia (coñecido en Suecia con este nome, e en Noruega como Carlos III Xoán).

Historia

Jean-Baptiste Bernadotte, o pai da dinastía

Despois da guerra de Finlandia de 1809, Suecia sufriu a perda traumática de Finlandia, que viña constituíndo a metade oriental do reino sueco durante séculos.

A agonía e o resentimento dirixidos cara ao rei Gustavo IV Adolfo precipitaron un golpe de Estado: o tío de Gustavo Adolfo, Carlos XIII, que non tiña fillos, substituíno.

Iso foi só unha solución temporal, pois, en 1810, o Riksdag elixiu o príncipe dinamarqués Cristian Augusto de Augustenborg como herdeiro ao trono. Como príncipe herdeiro, tomou o nome de Carlos Augusto, mais faleceu pouco despois no mesmo ano.

Como Napoleón I de Francia era o emperador dos franceses e gobernaba, directa ou indirectamente, sobre grande parte da Europa Continental, a través dunha rede de reinos satélites levados polos seus irmáns (ver Primeiro Imperio Francés), o parlamento sueco resolveu escoller un rei que Napoleón aceptase.

O 21 de agosto de 1810, o Riksdag escolleu a Jean-Baptiste Bernadotte, mariscal de Francia, como herdeiro do trono.

Bernadotte, nacido na cidade de Pau, na provincia de Béarn (Baixa Navarra), Francia, foi elevado a xeneral durante os tumultuosos anos da Revolución Francesa. En 1798, desposou a Désirée Clary, cuxa irmá Julie estaba casada con Xosé Bonaparte, o irmán máis vello de Napoleón. En 1804, Napoleón promoveuno a mariscal de Francia, concedéndolle máis tarde o título de Príncipe soberano de Pontecorvo, unha cidade do sur de Italia.

Escudo de Suecia.

Como príncipe herdeiro de Suecia, asumiu o nome de Carlos Xoán e tornouse oficialmente como rexente para o restante do reinado de Carlos XIII, asegurando unha unión persoal forzada entre Suecia e Noruega na campaña contra Noruega de 1814.

Jean-Baptiste Bernadotte reinou como rei Carlos XIV Xoán de Suecia e Carlos III Xoán de Noruega do 5 de febreiro de 1818 até a súa morte, o 8 de marzo de 1844.

A casa de Bernadotte reinou nos dous países até a disolución da unión entre Noruega e Suecia en 1905. O príncipe Carlos de Dinamarca, un neto do rei Carlos XV, foi entón electo o novo rei de Noruega.

O Escudo de armas da casa de Bernadotte combina o brasón da casa de Vasa co brasón de Bernadotte como príncipe de Pontecorvo. É visíbel como un escudo no centro do brasón de armas de Suecia.

Lista dos monarcas da casa Bernadotte

Véxase tamén