Carucedo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Liña 204: Liña 204:


[[Categoría:Carucedo]]
[[Categoría:Carucedo]]
[[Categoría:Concellos da provincia de León]]
[[Categoría:Concellos do Bierzo]]
[[Categoría:Concellos do Bierzo]]

Revisión como estaba o 8 de setembro de 2016 ás 04:59

Coordenadas: 42°29′25″N 6°45′45″O / 42.49028, -6.76250 Modelo:Concello galegofalante Carucedo é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE) en 2012 tiña unha poboación de 655 habitantes. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.[1]

Xeografía

Carucedo se encontra no oeste da provincia de León, na comarca do Bierzo a 24 km de Ponferrada. Está situado a 594 metros de altitude. O concello ten unha superficie de 35,27 km² e ten unha densidade de poboación de 18,4 h/km².

No concello se encontra o lago de Carucedo, cun perímetro aproximado de 5 km e unha profundidade máxima de 9 m, que ten a súa orixe na explotación aurífera das Médulas.

Poboación

Clima

Carucedo ten un clima Csb[2] (temerado con verán seco e temerado) segundo a clasificación climática de Köppen.

Valores promedio en Carballo
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura media (°C) 4,5 6,1 9,1 10,6 14,0 17,7 20,4 20,3 17,3 12,7 8,2 5,2
12,2
Precipitacións (mm) 85,8 62,5 50,7 59,4 59,7 29,4 20,9 21,5 48,5 76,8 91,1 97,1
708,6
Fonte: Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Datos de precipitación para o período 1983-2003 e de temperatura para o período 1983-2003 en Carucedo[3]


Política

As últimas eleccións municipais deixaron a situación de Carucedo deste xeito:

Eleccións municipais, 22 de maio de 2011[4]
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 294 56,43 4
PP 214 41,07 3

Historia

Os primeiros datos documentados de Carucedo se remontan ao foro outorgado polo rei galaico-leonés Afonso IX en 1213, polo cal cada habitante debería pagar catro soldos nas calendas de marzo, polo que a cambio quedaba exento de calquera outra exacción fiscal.

Parte de la trama de la novela romántica El Señor de Bembibre, del escritor berciano Enrique Gil y Carrasco, se desarrolla en este lago. Los lugareños nos pueden contar alguna leyenda, cuyo protagonista es el lago.

Turismo

  • Lago de Carucedo: a súa orixe é consecuencia da explotación aurífera romana nas Médulas. Ten un gran valor ecolóxico pola súa fauna e flora.
  • As Médulas: paraxe formado pola antiga explotación mineira romana que extraía ouro na zona. En 1997 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
  • Carucedo conta cunha igrexa románica que contén unha das pezas de pratería máis importantes do Bierzo datada no século XVIII.

Economía

Actualmente, a agricultura e o turismo son as principais actividades económicas do concello.

Parroquias

As parroquias que compoñen Carucedo son:

  • A Barosa
  • A Campañá
  • O Carril
  • Carucedo
  • Forcadas
  • Lago de Carucedo
  • As Médulas
  • Penarrubia
  • A Valouta
  • Vilarrando
Provincia de León | Parroquias e lugares de Carucedo

A Barosa | A Campañá | O Carril | Carucedo | Lago de Carucedo | As Médulas | Vilarando



Notas

  1. El plurilingüismo en España. María Teresa Turell, 2007. p 154
  2. aemet.es, Atlas climático ibérico.
  3. "Promedios mensuales - Carucedo, ESP". 
  4. Resultados das eleccións municipais do 2011 en Carucedo