Frankenstein ou o moderno Prometeo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Liña 17: Liña 17:
== Notas ==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Obras literarias de 1818]]
[[Categoría:Obras literarias de 1818]]

Revisión como estaba o 3 de setembro de 2016 ás 07:53

Frankenstein ou o moderno Prometeo[1] é unha novela de terror gótico da británica Mary Shelley, que podería englobarse dentro do romanticismo, sendo tamén unha obra pioneira da ciencia ficción. A obra foi publicada de xeito anónimo en 1818 en Londres, e por primeira vez co nome de Shelley no lombo en Francia dous anos mais tarde.

Trama

A obra conta a historia de Victor Frankenstein, un científico obsesionado por retornar á vida a un corpo inerte. Tras obrar a milagre Frankenstein queda abobinado pola súa creación decide abandonala súa sorte. Está vai converterse no seu maior pesadelo.

Creación da obra

A obra foi ideada na Villa Diodati de Xenebra, cando Lord Byron, acompañado polo seu médico persoal, John Polidori, hospedou na súa residencia estival a Mary Shelley e o seu home, Percey Shelley, aínda que por aquel entón Mary e Percey aínda non estaban casados; el acababa de ser desherdado polo seu pai tras abandonar a súa muller e fillos para poder estar coa súa amada de 16 anos. O ano 1816[2] pasou á historia como o ano sen verán, por culpa da erupción do volcán Tambora que enrareceu a atmosfera durante todo o ano. Confinados baixo o teito da vila, as conversas xiraban arredor do galvanismo e outros temas relacionados co ocultismo. Os catro, acompañados eventualmente pola medio irmá de Mary, remataron por retarse nunha competición para saber quen era capaz de escribir a mellor historia de terror. So a obra de Shelley e The Vampyre[3] de Polidori chegarían a cristalizar. A propia autora explica moitos destes acontecementos no prólogo da propia obra[4].

Sobre estes eventos do verán de 1816 trata a película Remando al viento[5] do director ovetense Gonzalo Suárez, na que Lizzy McInnerny[6] interpreta a Mary Shelley e Hugh Grant a Lord Byron.

Se ben Byron non chegou a escribir a súa historia de terror si que compuxo o poema "The Darkness"[7] no que fala da escuridade deses días na Vila Diodati.

Repercusións da obra

A novela abre a porta da ciencia ficción e tanto por isto como polo seu magnetismo vai ser unha obra de referencia en moitos eidos culturais con multitude de adaptacións tanto a literatura, o cine e banda deseñada entre outras.

Notas

  1. Traducida do inglés por Fernando Rafael Tato Plaza e publicada por editorial Galaxia en 1999.
  2. "1816: El auténtico año sin verano", artigo en La Voz de Galicia, 25 de maio de 2014 (consultado o 2 de setembro de 2016).
  3. "The Vampyre". Goodreads. Consultado o 2016-09-02. 
  4. "Una noche, hace 200 años...". Consultado o 2016-09-02. 
  5. "Remando al viento (1988)". Consultado o 2016-09-02. 
  6. "Lizzy McInnerny". IMDb. Consultado o 2016-09-02. 
  7. "Darkness". Consultado o 2016-09-02.