Conservadorismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Socio-económico > socioeconómico.
m →‎Véxase tamén: Arranxos varios
Liña 16: Liña 16:
{{Commonscat}}
{{Commonscat}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Política]]
[[Categoría:Política]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Ciencias sociais)]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Ciencias sociais)]]

Revisión como estaba o 31 de agosto de 2016 ás 18:43

En política, denomínase conservadorismo ao conxunto de doutrinas, correntes, opinións e posicionamentos, xeralmente de centro-dereita e dereita, que favorecen tradicións[1] e que son adversos aos cambios políticos, sociais ou económicos radicais, opoñéndose ao progresismo. No social, os conservadores defenden valores familiares e relixiosos. Xeralmente o conservadorismo asóciase ao nacionalismo e o patriotismo. No económico, os conservadores historicamente situáronse como proteccionistas en oposición ao librecambismo económico. Hoxe en día esta asociación é menos clara, xa que durante o século XX algúns dos partidos conservadores adoptaron posicións liberais ao fusionarse con partidos desta tendencia, aliados na defensa do sistema socioeconómico capitalista. Consecuentemente, na actualidade no conservadorismo político coexisten diversas posturas sobre o económico.

Xa que logo, dado que dentro da mesma corrente, mentres algúns buscan manter as condicións presentes ou un progreso paulatino dentro dun orde social herdado, outros buscan volver a situacións anteriores, polo que existe unha certa confusión -ata dentro da mesma cultura política- acerca de quen serían, nun momento dado, conservadores. Martin Blinkhorn, por exemplo, pregunta: "Quen son os conservadores na Rusia destes días? Son os estalinistas irredentos ou os reformadores que aceptaron as visións políticas de dereita dos conservadores modernos, tal como Margaret Thatcher?".

Inversamente, alegouse que o conservadorismo moderno a miúdo disólvese nunha forma de liberalismo, encarando o paradoxo de que, o que é chamado conservadorismo, nun sentido importante, non é conservadorismo " ... no seu compromiso co progreso, a dereita persegue prosperidade económica e poder nacional a costa das preocupacións tradicionais pola autoridade e a comunidade, perdendo de vista algúns puntos centrais da visión conservadora: autoridade, deber e sentido de lugar, o que leva a pensar que estes son tempos de angustia para ser conservador'.[2]

Nas palabras de Chris Patten, quen foi un dos políticos conservadores máis importantes no goberno de Margaret Thatcher: Como deberiamos definir o papel do Estado sen asumir que o Estado mesmo debe facelo todo? Como restauramos un argumento acerca de valores ao debate político, usualmente é só acerca de costos e beneficios utilitarios? Como faremos que os mozos se interesen pola política, dado a forma en que a presente xeración de dirixentes desprestixiou o que unha vez foi unha carreira honorable?[3]

Ideais

Edmund Burke un dos pensadores cruciais do conservadorismo inglés.

O conservadorismo é unha filosofía política que está a favor dos valores tradicionais, segundo as tradicións políticas, nuns países os conservadores están pola preservación do statu quo e noutros pola volta os valores anteriores. A Revolución Francesa foi a causa principal para a formación de partidos conservadores na Europa continental, no Reino Unido o conservadorismo xurdiu do movemento torie e do pensamento de Robert Peel. En orixe os partidos conservadores eran monárquicos, resaltaban a divina providencia e eran partidarios dun forte do poder do Estado

Notas

  1. Enténdese o término «tradición» no sentido de crenzas ou costumes -tanto relixiosos como sociais e políticas- que serían características dun pobo ou nación
  2. Rein Staal: The Irony of Modern Conservatism
  3. Chris Patten. "Ill Fares the Land by Tony Judt" (en inglés). Consultado o 01/03/2015. 

Véxase tamén