Saba (téxtil): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m →‎Outros artigos: Arranxos varios
Liña 23: Liña 23:


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Cama]]
[[Categoría:Cama]]
[[Categoría:Roupa de casa]]
[[Categoría:Roupa de casa]]

Revisión como estaba o 31 de agosto de 2016 ás 18:40

Sabas brancas nunha cama.

Unha saba é cada unha das dúas pezas de tea, de forma rectangular, que se colocan sobre o colchón ou almadraque para deitarse entre elas[1].

O lenzo pode ser de cotón, liño ou algún material sintético. As sabas foron tradicionalmente brancas, mais agora utilízanse cores e deseños moi variados: estampadas, dunha soa cor e mesmo incluíndo imaxes temáticas ou personaxes populares, o que é habitual para leitos infantís.

As sabas son máis grandes ca a cama polo que poden ser metidas por baixo do colchón para que se manteñan no seu sitio durante o seu uso. A súa función é hixiénica e de confort ao ter un tacto máis lene ca o resto de roupa de cama. As sabas son lavábeis, o que se fai periodicamente.

Un xogo de sabas inclúe:

  • Unha saba baixeira é a que se pon derriba do colchón para protexelo. Pode ser:
    • Estándar.
    • Axustábel, nese caso conta con elásticos nos ángulos para axustala con facilidade ao colchón ou almadraque.
  • Unha saba cimeira, é a que se coloca por riba da anterior, por baixo do cobertor. Caracterízase polo deseño particular dun dos extremos que actuará de embozo, quedando polo tanto á vista.
  • Aínda non sendo unha saba, a funda do traveseiro adoita venderse en conxunto coas pezas anteriores para harmonizar en deseño.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos