Tocantins: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
m →‎top: Arranxos varios
Liña 38: Liña 38:
| subdivisión = Estados
| subdivisión = Estados
}}
}}
'''Tocantins''' é un [[Estados do Brasil|Estado]] [[Brasil|brasileiro]] situado ao sueste da [[Rexión Norte do Brasil|Rexión Norte]]. Ten como límites os Estados do [[Marañón, Brasil|Marañón]] ao norte e nordeste, [[Piauí]] e [[Baía, Brasil|Baía]] ao leste, [[Goiás, Brasil|Goiás]] ao sur, [[Mato Groso]] ao suroeste e [[Pará]] ao noroeste. As cidades máis poboadas son Araguaína, Gurupi, Porto Nacional e [[Palmas]], a capital.
'''Tocantins''' é un [[Estados do Brasil|Estado]] [[brasil]]eiro situado ao sueste da [[Rexión Norte do Brasil|Rexión Norte]]. Ten como límites os Estados do [[Marañón, Brasil|Marañón]] ao norte e nordeste, [[Piauí]] e [[Baía, Brasil|Baía]] ao leste, [[Goiás, Brasil|Goiás]] ao sur, [[Mato Groso]] ao suroeste e [[Pará]] ao noroeste. As cidades máis poboadas son Araguaína, Gurupi, Porto Nacional e [[Palmas]], a capital.


== Historia ==
== Historia ==

Revisión como estaba o 31 de agosto de 2016 ás 18:35

Modelo:Primeira entidade subestatal Tocantins é un Estado brasileiro situado ao sueste da Rexión Norte. Ten como límites os Estados do Marañón ao norte e nordeste, Piauí e Baía ao leste, Goiás ao sur, Mato Groso ao suroeste e Pará ao noroeste. As cidades máis poboadas son Araguaína, Gurupi, Porto Nacional e Palmas, a capital.

Historia

A poboación orixinaria estaba constituída polos grupos apinagé, carajá, xerente, krahô e outros. Os primeiros brancos en aparecer pola rexión foron os misioneiros xesuítas en 1625 coa finalidade de converter ao cristianismo á poboación indíxena que pouco a pouco se foi convertendo en minoritaria fronte aos brancos, negros e mestizos.

Integrado no estado de Goiás, as primeiras ideas de autonomía para a rexión do actual estado do Tocantins xurdiron no século XIX. En 1821 Joaquim Teotônio Segurado declarou un goberno autónomo na rexión, pero o movemento foi reprimido. Soamente no século XX, máis exactamente en 1950, foi retomada a idea. Durante a década de 1970 propúxose no Congreso Nacional a creación do estado que chegou a se aprobar, pero o proxecto foi vetado polo presidente José Sarney. O estado creouse finalmente coa promulgación da constitución de 1988.

Economía

A economía ten por base o comercio e a agricultura (soia, arroz, millo, feixón, cana de azucre), a gandería e cría de aves. As principais riquezas de exportación son o gando de corte e a soia. A industria é relativamente pouco importante en termos de exportación (téxtiles, alimentos, minerais non metálicos, química, construción civil, son as principais). O estado tamén ten reservas minerais de ouro e calcario, e extracción vexetal de palma de babasú.

Turismo

O turismo ten potencial na rexión de paisaxes naturais do Jalapão, e nos seus ríos, como o río Araguaia e o río Tocantins, pero é moi pouco divulgado no propio Brasil, e menos aínda no exterior.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas