Conversa usuario:Marcio: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 100: Liña 100:
:Creaches [[Cinamomo]] de novo co mesmo contido. Non era que son especies distintas? [[User:Banjo|☣'''''Banjo''''']] [[User talk:Banjo|'''''tell me''''']] 8 de xullo de 2016 ás 18:40 (UTC)
:Creaches [[Cinamomo]] de novo co mesmo contido. Non era que son especies distintas? [[User:Banjo|☣'''''Banjo''''']] [[User talk:Banjo|'''''tell me''''']] 8 de xullo de 2016 ás 18:40 (UTC)
:OK, quédache a última versión que fixeches en [[Elaeagnus angustifolia]], podes seguir alí as edicións para ese artigo. [[User:Banjo|☣'''''Banjo''''']] [[User talk:Banjo|'''''tell me''''']] 8 de xullo de 2016 ás 18:56 (UTC)
:OK, quédache a última versión que fixeches en [[Elaeagnus angustifolia]], podes seguir alí as edicións para ese artigo. [[User:Banjo|☣'''''Banjo''''']] [[User talk:Banjo|'''''tell me''''']] 8 de xullo de 2016 ás 18:56 (UTC)

== Artigos de botánica ==
Ola Marcio. Levo anos elaborando en exclusiva os artigos de botánica, así como categorías, etc. Vexo que ultimamente andas metendo man ti, o que é unha moi boa nova. Só unha cousa, nos artigos xa creados pregaría que o tema dos nomes o comentásemos antes de facer cambios, xa que ás veces foi difícil a escolla para evitar homónimos. Vin que nalgunhas páxinas mudaches o nome ao científico (que sempre debe ir en cursiva) cando hai referencias de nomes vulgares; isto sería o máis lóxico a longo prazo, xa que xa temos un bo número de artigos e a cousa vaise complicando...porén polo de agora debemos escoller un común. Se agora estás ti xenial, así podemos facer medrar a parte botánica entre os dous. Un saúdo.[[Usuario:Nachonion|Nachonion]] ([[Conversa usuario:Nachonion|conversa]]) 30 de agosto de 2016 ás 09:20 (UTC)

Revisión como estaba o 30 de agosto de 2016 ás 09:20

Benvido(a) á Galipedia, Marcio!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
• Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
• Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
• Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.
• Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
• Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.. HombreDHojalata.conversa 14 de setembro de 2013 ás 18:11 (UTC)[responder]

Florín

Florín de Aruba parece unha boa solución entrementres a RAG non se pronuncie. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 27 de decembro de 2013 ás 11:33 (UTC)[responder]

criterios de escolla

Ola, Marcio! Como vai?

Mentres non haxa formas prescritivas, entendo que ao existir bibliografía que recomenda unhas formas no canto doutras serve de referencia para retirar as erróneas. Algo similar pasa coa escolla de exónimos. Respecto ao Galizionario, non o teño tan claro; entendo que un dicionario debe ser descritivo e recoller todas as formas usadas, non só as normativas, pero non vexo correcto incluír castelanismos ou incorreccións.

Ti como o ves?

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de abril de 2016 ás 13:20 (UTC)[responder]

Concordo co que dis, Estevoaei. Persoalmente retiraría as formas incorrectas e os castelanismos da Galipedia conforme a bibliografía máis actualizada e rigorosa ao respecto, que é neste caso a de Henrique Costas. Mais hai casos nos que hai unha contradición entre este autor e o que figura no dicionario da RAG por exemplo: chantadino (DRAG) - chantadés ( X.H. Costas). Aínda que sabemos das moitas eivas do dicionario da Academia tómase de facto como referencia na Galipedia, así que deixaría polo momento as dúas formas.

Así fixo o usuario Jglamela na entrada de Allariz, volvendo a inserir "allaricense", forma que creo que eliminaras, alegando que consta no DRAG. Ben é certo que na páxina 35 do propio libro de X.H.Costas figura tamén "*allaricense" como forma secundaria sinalada cun asterisco e este autor sinala na páxina 33 o seguinte:

"...metemos diante un asterisco (p.e. *boirense) aos xentilicios cos que non estamos moi de acordo coa súa formación pero que deixamos por dúas razóns: a) porque teñen un alto grao de popularidade, e/ou b) porque non se coñecen outras invencións".

Así que supoño que para non ser máis papistas ca o Papa habería que deixar na Galipedia as formas con asterisco, especialmente se están avaladas polo DRAG.

Empregaría polo tanto a obra de X.H.Costas e o DRAG como fontes principais para os xentilicios galegos.

No Galizionario rexistraría todas as formas en uso, aínda que (non sei se se pode facer) na entrada das incorrectas ou sospeitas de castelanismo faríao constar: Forma non recomendada por castelanismo/ etc.

Xa me dirás que opinas.

Saúdos.

Marcio (conversa) 1 de maio de 2016 ás 18:27 (UTC)[responder]

Paréceme correcto conservar as formas aceptadas polo DRAG; no Galizionario non controlo moito, pero xa vexo que entre ti e o Usuario:Furagaitas andades a aquelar. Avante toda! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de maio de 2016 ás 23:12 (UTC)[responder]

Ola Marcio. Observo que mudaches o xentilicio de Antas de Ulla, según recolle X.H. Costas. Neste sentido debo dicirche que xa comentei con Quique Costas ese asunto e o propio autor convén comigo en que o xentilicio "ulloán/ulloá" corresponde máis axeitadamente ás persoas da comarca natural da Ulla (nos concellos de Vedra, Teo, Boqueixón e A Estrada), ou incluso tamén para todos os da comarca da Ulloa (Monterroso, Palas de Rei e Antas de Ulla). Para o caso de Antas de Ulla, tendo en consideración que o nome orixinario da vila é o de Seoane, e por esa denominación se nos vén coñecendo e por ela nos recoñecemos, estimamos e consideramos que o xentilicio propio dos habitantes de Antas de Ulla debe ser o de "seoaneses/seoanesas" (Costas propoñíame tamén o de "antés/antesa" como construcción válida) Na vindeira edición de "Os Xentilicios de Galicia e doutros territorios de lingua galega", recollerá isto que digo. Agradézoche, polo tanto, que volvas repoñer o citado xentilicio que eu mesmo tiña posto na Galipedia. Saúdos. --Satna (Ti dirás) 14 de maio de 2016 ás 17:08 (UTC)[responder]

títulos dos artigos

Ola, Marcio! Calquera pode modificar o título do artigo. Dálle á opción "mover", que aparece nas lapelas a carón de "editar", e introduce o novo nome. Proba sen medo.

Saudiña! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de maio de 2016 ás 14:01 (UTC)[responder]

Támesis / Támese

Boas Marcio, se consultas a conversa de Támesis, verás que hai referencias para ese nome, polo que debes respectar tamén esa forma. --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2016 ás 23:44 (UTC)[responder]

Antes de marcar para borrar

Ola Marcio.

Antes de marcar unha páxina para o seu borrado, asegúrate de amañar as páxinas que ligan con ela. Por exemplo: Especial:Páxinas_que_ligan_con_esta/Ghugli.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xullo de 2016 ás 16:03 (UTC)[responder]

RE:Cinamomo

Feito! Feito! Cando non poidas mover unha páxina porque xa existe a de destino contacta a un administrador (na conversa ou no taboleiro) para que se faga o cambio, no lugar de borrar o contido da páxina da redirección. As redireccións coma a deste caso poden ter un historial que se debe manter xunto ó da páxina de destino. Banjo tell me 8 de xullo de 2016 ás 18:32 (UTC)[responder]

Creaches Cinamomo de novo co mesmo contido. Non era que son especies distintas? Banjo tell me 8 de xullo de 2016 ás 18:40 (UTC)[responder]
OK, quédache a última versión que fixeches en Elaeagnus angustifolia, podes seguir alí as edicións para ese artigo. Banjo tell me 8 de xullo de 2016 ás 18:56 (UTC)[responder]

Artigos de botánica

Ola Marcio. Levo anos elaborando en exclusiva os artigos de botánica, así como categorías, etc. Vexo que ultimamente andas metendo man ti, o que é unha moi boa nova. Só unha cousa, nos artigos xa creados pregaría que o tema dos nomes o comentásemos antes de facer cambios, xa que ás veces foi difícil a escolla para evitar homónimos. Vin que nalgunhas páxinas mudaches o nome ao científico (que sempre debe ir en cursiva) cando hai referencias de nomes vulgares; isto sería o máis lóxico a longo prazo, xa que xa temos un bo número de artigos e a cousa vaise complicando...porén polo de agora debemos escoller un común. Se agora estás ti xenial, así podemos facer medrar a parte botánica entre os dous. Un saúdo.Nachonion (conversa) 30 de agosto de 2016 ás 09:20 (UTC)[responder]