Sadurniño de Tolosa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *baptismo
engado categoría
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Saturninus_vignay.jpg|250px|miniatura|Miniatura do [[século XIV]] co martirio do santo.]]
[[Ficheiro:Saturninus_vignay.jpg|250px|miniatura|Miniatura do [[século XIV]] co martirio do santo.]]


'''Sadurniño de Tolosa''', finado en [[Tolosa, Francia|Tolosa]] ([[Francia]]) no [[257]], foi un misioneiro [[Roma Antiga|romano]] que predicou nas [[Galia]]s, os [[Pireneos]] e a [[península Ibérica]]. Foi o primeiro [[bispo]] de [[Tolosa, Francia|Tolosa]], onde foi [[mártir|martirizado]] polos pagáns segundo as ''Actas de Surio'', aínda que outras testemuñas, coñecidas como as ''Actas de San Sadurniño'' sitúano no [[século I]].
'''Sadurniño de Tolosa''', finado en [[Tolosa, Francia|Tolosa]] ([[Francia]]) no ano [[257]], foi un misioneiro [[Roma Antiga|romano]] que predicou nas [[Galia]]s, os [[Pireneos]] e a [[península Ibérica]]. Foi o primeiro [[bispo]] de [[Tolosa, Francia|Tolosa]], onde foi [[mártir|martirizado]] polos pagáns segundo as ''Actas de Surio'', aínda que outras testemuñas, coñecidas como as ''Actas de San Sadurniño'' sitúano no [[século I]].


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Liña 21: Liña 21:
[[Categoría:Santos (Catolicismo)]]
[[Categoría:Santos (Catolicismo)]]
[[Categoría:Bispos até 451]]
[[Categoría:Bispos até 451]]
[[Categoría:Finados en 257]]

Revisión como estaba o 21 de agosto de 2016 ás 13:53

Miniatura do século XIV co martirio do santo.

Sadurniño de Tolosa, finado en Tolosa (Francia) no ano 257, foi un misioneiro romano que predicou nas Galias, os Pireneos e a península Ibérica. Foi o primeiro bispo de Tolosa, onde foi martirizado polos pagáns segundo as Actas de Surio, aínda que outras testemuñas, coñecidas como as Actas de San Sadurniño sitúano no século I.

Traxectoria

A súa vida baséase en fontes tardías, como a Passio Saturnini do século V, que a presentan repleta de lendas e feitos inverosímiles. Así, as actas antigas que utiliza Gregorio de Tours na súa obra, considérano orixinario de Patras (Grecia) e sitúano moito antes, no século I, como discípulo directo de Xesús en Galilea e acompañante de San Pedro a Antioquía e Roma.

Parece que Sadurniño predicou nunha zona da Galia a mediados do século III e que cara ao ano 250 era o líder da comunidade cristiá, e como tal foi elixido primeiro bispo de Tolosa, no consulado de Decio e Grato. Probablemente era un dos "Apóstolos dos galos" que enviou o papa Fabiano cara ao ano 250 a cristianizar a Galia.

En Tolosa xa había algúns cristiáns e conseguiu converter uns poucos máis. Tamén construíu un pequeno templo onde cada día celebraba misa. Para chegar a este templo pasaba por diante do capitolio da cidade, onde había un templo pagán. Parece que houbo confrontacións entre Sadurniño e os sacerdotes pagáns, que o obrigaron a facer un sacrificio aos deuses, cousa que se negou a facer, polo cal foi encarcerado e condenado a morte: foi ligado a un touro bravo que o arrastrou polas rúas ata a morte.

Lenda de Pamplona

Sen fundamento histórico, atribúese a Sadurniño o bautismo de Honesto, a quen coñecería a comezos do súa predicación, en Nimes. Xuntos, continuaron a viaxe; en Carcasona, o prefecto romano encarcerounos pero un anxo liberounos. Honesto continuou ata Pamplona, desde onde chamou a Sadurniño. Cando chegou, converteron o senador romano Firme e a súa esposa, entre outros cidadáns. O fillo do senador, Fermín, sería despois o bispo de Amiens e canonizado sería San Fermín. Honesto foi martirizado na cidade e Sadurniño, con quen será o seu sucesor, Hilario, marchou cara ao norte, ata chegar a Tolosa.

É posible que a lenda se crease para xustificar que San Sadurniño sexa o patrón da cidade, ademais de relacionalo tamén coa historia de San Fermín.

Veneración

A súa festa celébrase o 29 de novembro. É patrón de Pamplona, Tolosa (Francia) e Cagliari (Italia), ademais doutras localidades españolas como Artajona (Navarra), Sant Sadurní d'Anoia (Barcelona) ou Sant Sadurní d'Osormort (Barcelona).