Vilancico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10: Liña 10:
Un exemplo de vilancico galego:
Un exemplo de vilancico galego:


Vinde, vinde, vinde, vinde,
:''Vinde, vinde, vinde, vinde,''
:''vinde, vinde, nosas queridiñas,''

vinde, vinde, nosas queridiñas,
:''vinde, vinde, vinde, vinde,''
:''veréde-lo neno das mil marabillas.''

:''¡Ai, que bunito, que lindo é!''
vinde vinde, vinde, vinde,
:''¡Que pés, que pernas, que dentes, que maus!''

:''¡Ai, que olliños! Son dúas estrelas;''
veréde-lo neno das mil marabillas.
:''non se viu tal no noso lugar.''

:''Espertou rindo. Dixo: queridiñas,''
¡Ai, que bunito, que lindo é!
:''calade, calade, calade, calá;''

:''qu'eu ben vos sei o qu'agora fixestes,''
¡Que pés, que pernas, que dentes, que maus!
:''satisfaréivo-la curiosidá. (...)''

¡Ai, que olliños! Son dúas estrelasM

non se viu tal no noso lugar.

Espertou rindo. Dixo: queridiñas,

calade, calade, calade, calá;

qu'eu ben vos sei o qu'agora fixestes,

satisfaréivo-la curiosidá. (...)


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 19 de agosto de 2016 ás 15:53

Feliz Nadal, obra de Johansen Viggo

O vilancico é un subxénero da lírica consistente nunha cancionciña de corte popular, de métrica moi variada e de temas moi diversos (entre eles os de nadal); mesmo pode presentar unha estrutura de glosa, encabezada por unha cancionciña, que vai seguida dunha serie variable de estrofas iguais entre si. É esta a estrutura habitual dos vilancicos de Nadal galegos, escritos e cantados en toda a Península durante os Séculos Escuros.

Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago e investigador de vilancicos galegos, estabelece un punto de partida fundamental ao diferenciar entre panxoliñas e vilancicos: "Estes (refírese aos vilancicos) son as pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usaban na liturxia das festas principais en xeral; mentres que a panxoliña, por contra, é a canción popular que cantaba o pobo, organizadamente ou individualmente na igrexa, ante o Belén e na festa de Nadal". Aínda que as panxoliñas se cantaban no século XV e XVI, non hai ningún documento que explique as características das mesmas nesa altura, e o único que sabemos é como se organizaban os veciños para ir cantar ao neno Xesús e ao portal dos Reis.

Hai moita documentación sobre vilancicos a través das partituras que quedan nas principais catedrais galegas, entre as que destacan as de Mondoñedo e a de Santiago polo número de textos conservados.

Por outra banda, formalmente o vilancico converteuse nunha especie de cantata, cun esquema típico: unha introdución (para solista), un refrán (para seis, oito, dez ou doce voces) e unhas coplas (para un pequeno conxunto vocal ou voz solista) que alternaban co refrán.

Un exemplo de vilancico galego:

Vinde, vinde, vinde, vinde,
vinde, vinde, nosas queridiñas,
vinde, vinde, vinde, vinde,
veréde-lo neno das mil marabillas.
¡Ai, que bunito, que lindo é!
¡Que pés, que pernas, que dentes, que maus!
¡Ai, que olliños! Son dúas estrelas;
non se viu tal no noso lugar.
Espertou rindo. Dixo: queridiñas,
calade, calade, calade, calá;
qu'eu ben vos sei o qu'agora fixestes,
satisfaréivo-la curiosidá. (...)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alén, Pilar. Historia da música galega. Cantos, cantigas e cánticos. Ed.. A Nosa Terra, 1997.
  • Villanueva, Carlos. Los Villancicos gallegos. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1994

Ligazóns externas