Diferenzas entre revisións de «Permeabilidade magnética»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
+ do inglés
(precisión)
(+ do inglés)
En [[física]] chámaselle '''permeabilidade magnética''' á capacidade dunha substancia ou medio para atraer e facer pasar ó seu través [[campo magnético|campos magnéticos]]. Así pois, permeabilidade magnética mide a habilidade dun material para soportar a formación dun campo magnético no seu interior. Polo tanto, é o grao de magnetización que un material consegue en resposta dun campo magnético aplicado.
 
Ven dada pola relación entre a [[indución magnética]] existente e a [[intensidade do campo magnético]] que aparece no interior do material. O termo foi usado en setembro de [[1885]] por [[Oliver Heaviside]]. aA magnitude recíproca da permeabilidade magnética é a ''reluctancia magnética''.
 
En unidades do [[SI]], a permeabilidade mídese en [[Henrio (unidade)|Henrios]] por metro (H/m ou H·m<sup>−1</sup>), ou [[Newton (unidade)|Newtons]] por [[Amperio (unidade)|Amperios]] ó cadrado (N·A<sup>−2</sup>).
 
A [[magnitude física|magnitude]] así definida, o grao de magnetización dun material en resposta a un campo magnético, é a permeabilidade absoluta e represéntase polo símbolo (letra grega) μ:
 
onde ''B'' é a indución magnética ([[densidade de fluxo magnético]]) no material, e ''H'' a intensidade do campo magnético.
 
[[Imaxe:Permeability of ferromagnet by Zureks.svg|thumb|Curva de magnetización para ferromagnetos (e ferrimagnetos) e a correspondente permeabilidade]]
 
[[Categoría:Electromagnetismo]]
14.871

edicións

Menú de navegación