Tras os Montes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Petillés (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 16: Liña 16:
=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
* [[Tras os Montes e Alto Douro]]
* [[Tras os Montes e Alto Douro]]

{{Seniw}}


[[Categoría:Antigas provincias de Portugal]]
[[Categoría:Antigas provincias de Portugal]]

Revisión como estaba o 3 de agosto de 2016 ás 14:40

Tras os Montes, ortografado Trás-os-Montes en portugués, era unha das seis grandes divisións administrativas en que se organizaba o territorio de Portugal, desde o século XV. A división foi coñecida como comarca até o século XVI, pasando, a partir de aí, a ser coñecida por provincia.

Historia

Tradicionalmente, o territorio de Tras os Montes limitaba ao norte con Galiza, ao leste co León, ao oeste co río Támega e ao sur co río Douro. Estes límites variaron lixeiramente, ao longo dos tempos.

Até o século XVII a Provincia de Tras os Montes constituía unha corrixidoría, administrada por un corrixidor - maxistrado con funcións xudiciais e administrativas. Paralelamente, en caso de guerra, a provincia tamén constituía a área de actuación dun fronteiro maior, comandante militar a quen era atribuído o comando operacional das tropas da provincia en campaña.

A partir do século XVII, a provincia pasou a ser dividida en varias corrixidorías (tamén chamadas comarcas), cada unha co seu corrixidor. A provincia pasou a ser soamente unha unidade estatística e unha rexión militar comandada por un gobernador das armas. No inicio do século XIX, Tras os Montes incluía as comarcas de Bragança, Miranda, Moncorvo, Vila Real. No interior do seu territorio estaba encravado o couto de Ervededo que dependía da comarca de Braga (provincia de Entre-Douro-e-Minho).

A Provincia de Trás-os-Montes mantívose na división administrativa de 1832. Nesa altura pasou a dispor de um prefecto - maxistrado que representaba o goberno central - e dunha xunta xeral de provincia - órgano autárquico, electo localmente. A provincia pasou a estar dividida nas comarcas de Bragança, Chaves, Moncorvo e Vila Real. As comarcas dispuña, cada unha dun subprefecto, que representaba o prefecto.

Pola reforma administrativa de 1835, Portugal foi dividido en distritos. A división en provincias mantívose, pero estas pasaron a ser meros agrupamentos de distritos para fins estatísticos e de referencia rexional, sen órganos propios. A Provincia de Tras os Montes pasou a agrupar os distritos de Bragança e de Vila Real.

Véxase tamén

Outros artigos