Arenito: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Aspecto: Arranxos varios using AWB
Marcio (conversa | contribucións)
Engado referencia
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:LionHeadSandstone.jpg|miniatura|dereita|180px|Modelaxe natural dunha rocha de arenito en [[Namibia]].]]
[[Ficheiro:LionHeadSandstone.jpg|miniatura|dereita|180px|Modelaxe natural dunha rocha de arenito en [[Namibia]].]]
Os '''arenitos'''<ref>[http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=arenito ''Arenito'' no DRAG]</ref> ou '''arenitas'''<ref>[https://www.usc.es/gl/servizos/snl/terminoloxia/uip/arquivo/numero_20.html Cando a abundancia é un problema: o caso de arenisca], Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da [[Universidade de Santiago de Compostela]] - Canalciencia.com, número 20</ref> son [[rochas sedimentarias]] de tipo detrítico constituídas por [[area]]s aglutinadas por un [[Cemento (xeoloxía)|cemento]] natural que xeralmente caracteriza a [[rocha]]. Despois da [[lulita]], é a rocha sedimentaria máis importante.
Os '''arenitos'''<ref>[http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=arenito ''Arenito'' no DRAG]</ref> ou '''arenitas'''<ref name="DCiencias">Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000.</ref><ref>[https://www.usc.es/gl/servizos/snl/terminoloxia/uip/arquivo/numero_20.html Cando a abundancia é un problema: o caso de arenisca], Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da [[Universidade de Santiago de Compostela]] - Canalciencia.com, número 20</ref> son [[rochas sedimentarias]] de tipo detrítico constituídas por [[area]]s aglutinadas por un [[Cemento (xeoloxía)|cemento]] natural que xeralmente caracteriza a [[rocha]]. Despois da [[lulita]], é a rocha sedimentaria máis importante.


== Aspecto ==
== Aspecto ==

Revisión como estaba o 2 de agosto de 2016 ás 08:53

Modelaxe natural dunha rocha de arenito en Namibia.

Os arenitos[1] ou arenitas[2][3] son rochas sedimentarias de tipo detrítico constituídas por areas aglutinadas por un cemento natural que xeralmente caracteriza a rocha. Despois da lulita, é a rocha sedimentaria máis importante.

Aspecto

Distínguense facilmente, pois o seu aspecto é o da area da praia cuxos grans están cementados. O seu tacto é áspero e recorda o dunha lixa. A súa cor é moi variábel, en función da natureza dos seus grans, do cemento e do ambiente sedimentario onde se orixinaron. A arenita está composta por partículas de tamaño comprendido entre 2 mm e 1/16 mm. Estas partículas son maioritariamente minerais resistentes á meteorización (cuarzo principalmente, micas, feldespatos e óxidos) e fragmentos de rochas.

Clasifícanse atendendo a composición dos seus grans (cuarzo, feldespatos e fragmentos de rochas) e a matriz que os engloba. Así, son nomes comúns de arenitos os de cuarciarenitas (arenitas de cuarzo), as arcosas (arenitos de feldespatos), grauvacas (rochas con máis do 15% de matriz) e litaneritas (formadas por fragmentos de rochas). Estas últimas teñen nomes específicos que denotan o tipo de fragmentos de rocha como as calcarenitas (formadas por fragmentos de rochas carbonatadas).

Notas

  1. Arenito no DRAG
  2. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000.
  3. Cando a abundancia é un problema: o caso de arenisca, Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da Universidade de Santiago de Compostela - Canalciencia.com, número 20