Lausana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m →‎Historia: arranxiños
Liña 45: Liña 45:
A orixe da cidade cómpre procurala nun campo militar [[Imperio Romano|romano]] de nome ''Lousanna'', construído non onde está a poboación actual, senón onde agora se atopan as vilas de [[Vidy]] e [[Ouchy]]. Logo da caída do Imperio Romano, a inseguridade fronteiriza forzou o traslado de Lausana á súa localización actual, un outeiro de máis doada defensa.
A orixe da cidade cómpre procurala nun campo militar [[Imperio Romano|romano]] de nome ''Lousanna'', construído non onde está a poboación actual, senón onde agora se atopan as vilas de [[Vidy]] e [[Ouchy]]. Logo da caída do Imperio Romano, a inseguridade fronteiriza forzou o traslado de Lausana á súa localización actual, un outeiro de máis doada defensa.


Tras a revogación do [[Edito de Nantes]] en 1685, Lausana pasou a ser un refuxio dos [[Hugonotes]] [[Francia|franceses]]. Cara a 1750 empezaron a retornar a Francia, ata a fin da persecución oficial dos [[Reforma Protestante|protestantes]] franceses en 1787.
Tras a revogación do [[Edicto de Nantes]] en 1685, Lausana pasou a ser un refuxio dos [[hugonotes]] [[Francia|franceses]]. Cara a 1750 empezaron a retornar a Francia, ata a fin da persecución oficial dos [[Reforma Protestante|protestantes]] franceses en 1787.


Dende o [[14 de abril]] do ano [[1803]], Lausana converteuse oficialmente en capital cantonal do Estado de Vaud, este mesmo integrado na confederación Suíza, segundo a constitución da rexión. No ámbito internacional esta cidade acadou o seu renome grazas, entre outros aspectos, á Sede do [[Comité Olímpico Internacional]]
Dende o [[14 de abril]] do ano [[1803]], Lausana converteuse oficialmente en capital cantonal do Estado de Vaud, este mesmo integrado na confederación Suíza, segundo a constitución da rexión. No ámbito internacional esta cidade acadou o seu renome grazas, entre outros aspectos, á Sede do [[Comité Olímpico Internacional]]

Revisión como estaba o 1 de agosto de 2016 ás 11:54

Modelo:Cidade Lausana (en francés e oficialmente: Lausanne; en arpitano: Losena) é unha cidade suíza de 133.280 habitantes (2010), o que a converte na cuarta cidade do país por poboación, tras Zúric, Xenebra e Basilea. Está situada ó oeste do país, e é capital do cantón de Vaud.

Xeografía

As principais características xeográficas da cidade son o lago de Xenebra e maila súa proximidade coa rexión de Gros-de-Vaud, de grande importancia agro-alimentaria na zona francófona de Suíza. A cidade de Xenebra, coñecida internacionalmente como sede da ONU, atópase tan só a poucos quilómetros de Lausana. Outras cidades como Vevey ou Montreux fan, cada vez máis, parte da "periferia" da cidade.

Historia

A orixe da cidade cómpre procurala nun campo militar romano de nome Lousanna, construído non onde está a poboación actual, senón onde agora se atopan as vilas de Vidy e Ouchy. Logo da caída do Imperio Romano, a inseguridade fronteiriza forzou o traslado de Lausana á súa localización actual, un outeiro de máis doada defensa.

Tras a revogación do Edicto de Nantes en 1685, Lausana pasou a ser un refuxio dos hugonotes franceses. Cara a 1750 empezaron a retornar a Francia, ata a fin da persecución oficial dos protestantes franceses en 1787.

Dende o 14 de abril do ano 1803, Lausana converteuse oficialmente en capital cantonal do Estado de Vaud, este mesmo integrado na confederación Suíza, segundo a constitución da rexión. No ámbito internacional esta cidade acadou o seu renome grazas, entre outros aspectos, á Sede do Comité Olímpico Internacional

Cultura

A Catedral de Notre Dame de Lausana.

A lingua oficial tanto da vila coma do cantón é o francés. No tocante á relixión, o catolicismo é a relixión do 38% dos habitantes da cidade, mentres que o 27% son protestantes. Un 17% di non profesar ningunha relixión. A terceira confesión é a musulmá, cun 6% de fieis.

Como cidade universitaria, goza de popularidade entre a xente nova. Ademais, son moitas as institucións educativas, suízas e internacionais, que teñen a súa central na cidade.

Lugares de interese

  • Catedral de Lausana, chamada Catedral de Notre Dame. É un templo gótico erguido entre 1170 e 1240. A porta oeste foi engadida posteriormente en estilo gótico flamíxero.
  • Museo Olímpico. Acolle exposicións permanentes e temporais de obxectos relacionados co deporte e o movemento olímpico, ademais dos arquivos do Comité Olímpico Internacional, cuxa sede está na cidade. Con máis de 10.000 pezas, o museo é o arquivo máis grande das Olimpíadas no mundo, entre as que salientan pezas escultóricas de Auguste Rodin ou Fernando Botero. Foi creado en 1993 por iniciativa de Juan Antonio Samaranch.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas