Nicodemus Tessin o Vello: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 18: Liña 18:


[[Categoría:Arquitectos do Barroco]]
[[Categoría:Arquitectos do Barroco]]
[[Categoría:Nados en Stralsund]]
[[Categoría:Nados en 1615]]
[[Categoría:Nados en 1615]]
[[Categoría:Finados en 1681]]
[[Categoría:Finados en 1681]]
[[Categoría:Nados en Mecklemburgo-Antepomerania]]

Revisión como estaba o 31 de xullo de 2016 ás 23:30

Castelo Skokloster.

Nicodemus Tessin o Vello, nado en Stralsund en 1615 e finado en Estocolmo en 1681, foi un importante arquitecto barroco sueco.

Traxectoria

Foi discípulo do francés Simon de La Vallée, que era arquitecto de corte en Suecia. Logo dunha viaxe a través de Europa nos anos 1651-1652, volveu a Suecia. No 1661 foi nomeado arquitecto da cidade de Estocolmo. A súa principal obra é o Castelo de Drottningholm realizado nun estilo barroco personalizado, derivado das escolas neerlandesa, francesa e italiana. Realizou ademais numerosas pequenas edificacións na capital sueca. O seu fillo Nicodemus o Novo suceuno como principal arquitecto sueco.

Obras principais

  • Catedral de Kalmar (1660), con planta de cruz grega con torretas angulares.
  • Castelo de Drottningholm, iniciado en 1662, hoxe Patrimonio da humanidade.
  • Casa do concello de Gotemburgo (1670)
  • Mausoleo de Carlos anexo á igrexa de Riddarholm en Estocolmo (proxecto de 1671), cunha espléndida columnata externa.
  • Castelo Skokloster, en Slottskogen.
  • Palacete Wrangel, en Estocolmo.