Sueste asiático: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:ASEAN members.png|miniatura|400px|Sueste asiático]]

O '''sueste asiático''' é unha subrexión de [[Asia]] que comprende gran variedade de países cunha certa unidade cultural e histórica. Está situada entre os [[paralelo]]s 90 e 130 aproximadamente, e entre os [[meridiano]]s 30 e 17.

== Características ==
== Características ==
O nome non se comezou a empregar ata o [[século XX]]. Comprende dúas rexións xeográficas diferenciadas, [[Indochina]] e [[Insulindia]], divididas en 11 estados que cobren unha superficie aproximada de 11.000.000 km² no que viven 550.000.000 persoas.

En total, a superficie do Sueste Asiático ascende a uns 4.000.000 km². No ano [[2004]] máis de 593 millóns de persoas habitaban na rexión, a sexta parte (114 millóns) na [[illa de Xava]] (Indonesia), unha das illas máis poboadas do mundo.

== Historia ==
== Historia ==
O principal feito histórico que determinou a vida da rexión foi indubidablemente que se atopa situada entre os dous xigantes asiáticos: [[China]] e [[India]]. Deles houbo influencias de tipo [[cultura]]l, [[Lingua|lingüístico]], [[Relixión|relixioso]] e [[Política|político]] que aínda subsisten. A rexión é tamén zona de encontro de dous grupos humanos que se mesturaron pacificamente co pasar do tempo: o tipo malaio que vén do sur e das illas, co tipo asiático do leste que vén do norte.

Cara ao [[século I]] toda a rexión recibiu unha forte inmigración dos pobos da India, especialmente do norte e da casta dos bramáns. Tales pobos trouxeron consigo o [[hinduísmo]] e moldearon as linguas primitivas cun grande aporte do sánscrito. O hinduísmo perdurou na rexión ata o [[século XV]], cando na península [[Indochina|Indochinesa]] se introduciu o [[budismo]] de Theravada desde [[Sri Lanca]] e nas illas comezou a invasión do [[Islam]]. Os séculos [[XVII]] e [[XVIII]] viron tamén a chegada do [[colonialismo]]. O único país que o puido evitar, grazas ás políticas de modernización do seu monarca, foi [[Tailandia]] (antiga [[Siam]]).

Liña 29: Liña 29:
* [[Vietnam]]
* [[Vietnam]]
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Xeografía de Asia]]
[[Categoría:Xeografía de Asia]]

Revisión como estaba o 29 de xullo de 2016 ás 13:08

Sueste asiático

O sueste asiático é unha subrexión de Asia que comprende gran variedade de países cunha certa unidade cultural e histórica. Está situada entre os paralelos 90 e 130 aproximadamente, e entre os meridianos 30 e 17.

Características

O nome non se comezou a empregar ata o século XX. Comprende dúas rexións xeográficas diferenciadas, Indochina e Insulindia, divididas en 11 estados que cobren unha superficie aproximada de 11.000.000 km² no que viven 550.000.000 persoas.

En total, a superficie do Sueste Asiático ascende a uns 4.000.000 km². No ano 2004 máis de 593 millóns de persoas habitaban na rexión, a sexta parte (114 millóns) na illa de Xava (Indonesia), unha das illas máis poboadas do mundo.

Historia

O principal feito histórico que determinou a vida da rexión foi indubidablemente que se atopa situada entre os dous xigantes asiáticos: China e India. Deles houbo influencias de tipo cultural, lingüístico, relixioso e político que aínda subsisten. A rexión é tamén zona de encontro de dous grupos humanos que se mesturaron pacificamente co pasar do tempo: o tipo malaio que vén do sur e das illas, co tipo asiático do leste que vén do norte.

Cara ao século I toda a rexión recibiu unha forte inmigración dos pobos da India, especialmente do norte e da casta dos bramáns. Tales pobos trouxeron consigo o hinduísmo e moldearon as linguas primitivas cun grande aporte do sánscrito. O hinduísmo perdurou na rexión ata o século XV, cando na península Indochinesa se introduciu o budismo de Theravada desde Sri Lanca e nas illas comezou a invasión do Islam. Os séculos XVII e XVIII viron tamén a chegada do colonialismo. O único país que o puido evitar, grazas ás políticas de modernización do seu monarca, foi Tailandia (antiga Siam).

Da herdanza hinduísta é testemuña a illa de Bali, que formando parte do meirande país musulmán do mundo (Indonesia), a súa relixión maioritaria é aínda o hinduísmo.

Véxase tamén

Outros artigos