Manuel Soto Freire: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Liña 15: Liña 15:
* [http://www.galegos.info/gl/manuel-soto-freire Ficha en galegos.info]
* [http://www.galegos.info/gl/manuel-soto-freire Ficha en galegos.info]


{{ORDENAR:Soto Freire, Manuel}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


{{ORDENAR:Soto Freire, Manuel}}
[[Categoría:Editores de Galicia]]
[[Categoría:Editores de Galicia]]
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]

Revisión como estaba o 29 de xullo de 2016 ás 12:22

Tomo I da Historia de Galicia de Murguía (en PDF).

Manuel Soto Freire, nado en Lugo o 26 de xaneiro de 1826 e finado en Pantón o 27 de marzo de 1897, foi un xornalista e editor galego.

Traxectoria

Gramática Gallega (en PDF).

Formado en Lugo como caixista na imprenta Pujol, estableceu os seus obradoiros tipográficos en 1851. Considerado o primeiro editor que planificou todo un proceso editorial en Galicia, dividiu os seus proxectos en dúas seccións, a relixiosa, a máis numerosa, e outra variada onde incluíu unha parte literaria, ensaio, manuais e grandes obras.

Editou os xornais La Aurora del Miño (1857), do que foi director e fundador; El Correo de Lugo (1860), que dirixiu; El Diario de Avisos (1861 e 1865), El Boletín del Clero (1861), El Gallego (1867), La Paz (1869-1873), La Fe (1873) e El Lucense (1883). Editou Análisis de las aguas minerales de Lugo (1853), a publicación anual do Calendario de Galicia (1857), os almanaques Las Dos Asturias (1864) e El Reino de Galicia (1866), e o Boletín eclesiástico (1868), a primeira revista relixiosa editada en Galicia.

Publicou os dous primeiros tomos da Historia de Galicia (1865-1866) de Manuel Murguía, e a Gramática Gallega (1868) de Saco y Arce, amais de obras de Rosalía de Castro. Foi autor do ensaio La imprenta en Galicia. Ensayo bibliográfico (1892), de consulta obrigada no estudo da prensa periódica en Galicia.

Véxase tamén

Ligazóns externas