Diferenzas entre revisións de «Reino de Iugoslavia»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
}}
{{Contén texto cirílico}}
O '''Reino de Iugoslavia''', chamado '''Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos''' entre o [[1 de decembro]] de [[1918]] e o [[3 de outubro]] [[1929]], refírese a un estado [[Balcáns|balcánico]] que existiu dende o [[1 de decembro]] de [[1918]] ao [[2 de decembro]] de [[1945]]. Comprendía a área das provincias de [[Bosnia e Hercegovina]], [[Serbia]], [[Montenegro]], [[Kosovo]], [[República de Macedonia|Macedonia]], así como a maior parte dos territorios de [[Croacia]] e [[Eslavonia]].
 
== Formación ==
 
== Historia ==
O [[1 de decembro]] de [[1918]] foi proclamado por [[Alexandre Karađorđević]], príncipe [[Rexencia|rexente]] polo seu pai, o rei [[Pedro I de Serbia|Pedro I]], quen formalmente era o rei de Serbia. O novo reino foi formado a partir dos antigos reinos independentes de [[Serbia]] e [[Reino de Montenegro|Montenegro]], así como tamén unha cantidade substancial de territorio que antigamente foi parte do [[Imperio Austrohúngaro]]. As terras de Austria-Hungría que formaron o novo estado incluían [[Croacia]], [[Eslavonia]] e [[Voivodina]] da parte húngara do imperio; [[Carniola]], parte de [[Estiria]] e a maior parte de [[Dalmacia]] ao lado austríaco, ademais da provincia imperial de [[Bosnia-Hercegovina]].
 
Un plebiscito levou a cabo na provincia de Carintia, a cal optou por seguir en [[Austria]]. A cidade porto dálmata de Zadar e unhas cantas illas dálmatas foron outorgadas a [[Italia]]. A cidade de [[Rijeka]] foi declarada cidade-estado libre, pero pronto foi ocupada e anexada en [[1924]] por Italia. As tensións na fronteira con Italia continuaron, cos italianos reclamando máis áreas da costa dálmata e Iugoslavia reclamando pola súa banda a península de [[Istria]], parte da antiga provincia costeira austríaca que fora anexada a Italia, pero que contiña unha poboación considerable de croatas e eslovenos.
 
O novo goberno intentou integrar ao novo país politicamente como tamén de forma económica, unha tarefa difícil debido á grande diversidade de idiomas, nacionalidades e relixións no novo estado, a historia diferente das rexións, e as grandes diferenzas entre as rexións en canto ao desenvolvemento económico.
 
As tensións entre o nacionalismo serbio (envalentonado polo carácter centralista do estado) e o resto dos pobos do país, estaurou co asasinato no parlamento do reino do líder do Partido Campesiño Croata por parte dun deputado montenegrino. Iso levou ao rei a clausurar o parlamento e asumir o goberno do país dun xeito ditatorial. Con todo, iso só reavivou as tensións. De feito, poucos anos despois un guerrilleiro macedonio contratado polo nacionalismo croata ustacha asasinou ao rei Alexandre e ao ministro de exteriores francés en [[Marsella]].
 
Sucedeulle no trono o seu fillo [[Pedro II de Iugoslavia|Pedro II]], pero ao ser menor de idade, asumiu a rexencia o seu tío o [[Pablo Karađorđević|Príncipe Pablo]]. Que gobernará ata que a comezos de [[1941]] un golpe de estado contra a política filoalemana do rexente levou ao trono de xeito anticipado a Pedro II.
 
De xeito fáctico o Reino de Iugoslavia deixou de existir cando o [[6 de abril]] a aviación alemá atacou [[Belgrado]] e nas semanas seguintes sofreu unha [[Invasión de Iugoslavia|invasión]] por parte das tropas de Alemaña, Italia, Bulgaria, Hungría, Albania e Romanía.
393.002

edicións

Menú de navegación