Batallón Literario: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 13: Liña 13:
''PALLADIS LEGIO: ANNO MDCCCVIII''.}}</center>
''PALLADIS LEGIO: ANNO MDCCCVIII''.}}</center>


Os soldados portaban ademais unha cinta, cun breve poema, que aludía á unión entre a cultura e o mundo militar en aras da defensa nacional: ''"Por rescatar a Fernando (el Rey Fernando VII) y acabar con Bonaparte unióse Minerva a Marte"''.
Os soldados portaban ademais unha cinta, cun breve poema, que aludía á unión entre a cultura e o mundo militar en aras da defensa nacional: ''"Por rescatar a Fernando (el Rey Fernando VII) y acabar con Bonaparte unióse Minerva a Marte"''.


O 18 de xullo de 1808 o batallón saíu a incorporarse ás tropas do [[Joaquín Blake|xeneral Blake]], onde formaron a vangarda xunto ós voluntarios [[Navarra|navarros]]. Un dos múltiples episodios recordados foi o de entrar de incógnito á [[A Coruña|Coruña]] a recoñecer as baterías, malia estar tomada a cidade polo [[Michel Ney|Mariscal Ney]].
O 18 de xullo de 1808 o batallón saíu a incorporarse ás tropas do [[Joaquín Blake|xeneral Blake]], onde formaron a vangarda xunto ós voluntarios [[Navarra|navarros]]. Un dos múltiples episodios recordados foi o de entrar de incógnito á [[A Coruña|Coruña]] a recoñecer as baterías, malia estar tomada a cidade polo [[Michel Ney|Mariscal Ney]].
Liña 27: Liña 27:
== Outras actuacións ==
== Outras actuacións ==
=== Anteriores á guerra da Independencia ===
=== Anteriores á guerra da Independencia ===
O Batallón Literario xa se constituíra previamente en [[1663]] ante os ataques portugueses á vila de [[Monterrei]], trala sublevación de [[Portugal]] en [[1640]].
O Batallón Literario xa se constituíra previamente en [[1663]] ante os ataques portugueses á vila de [[Monterrei]], trala sublevación de [[Portugal]] en [[1640]].


Volveuse formar en [[1665]].
Volveuse formar en [[1665]].

Revisión como estaba o 29 de xullo de 2016 ás 11:55

Placa na praza da Quintana.

O Batallón Literario foi unha compañía militar formada por estudantes da Universidade de Santiago de Compostela en diversos momentos, sendo o máis famoso o formado en 1808, durante a Guerra da Independencia Española, disposta a loitar contra a invasión francesa dirixida por Napoleón.

O Batallón Literario na guerra da Independencia

Nunha reunión celebrada nos claustros da Universidade, presidida por Rafael de Murquiz, arcebispo de Compostela, acordouse a colaboración da Universidade co movemento popular a prol de liberar o país.

Buscouse a alguén con experiencia militar para pórse á fronte do Batallón, acordándose colocar a Juan Ignacio de Armada Caamaño Ibáñez de Mondragón y Salgado de Sotomayor, IV marqués de Santa Cruz de Ribadulla. O financiamento logrouse coas xenerosas achegas populares, unidas ás do propio marqués, que deron como resultado unha suma considerable. Segundo Alfonso Armada Comyn, actual marqués de Santa Cruz de Ribadulla, para que puidese mandar sobre os alumnos universitarios, foi necesario facelo doutor de tódalas facultades, título concedido con carácter hereditario. O batallón formouse en 42 días, dándoselle ordes para a súa incorporación a filas, tralo acto de bendición da bandeira, no que tivo lugar unha arenga do arcebispo.

Esta bandeira aínda se conserva na biblioteca da universidade. Leva as cores azul e branca da Bandeira de Galiza, e dous escudos: o do antigo Reino de Galiza, e o escudo de armas da Universidade, ambos cubertos por unha coroa real, ademais da seguinte inscrición:

AUSPICE DEO: PRO LIBERTATI REGIS PALLADIS LEGIO: ANNO MDCCCVIII.

Os soldados portaban ademais unha cinta, cun breve poema, que aludía á unión entre a cultura e o mundo militar en aras da defensa nacional: "Por rescatar a Fernando (el Rey Fernando VII) y acabar con Bonaparte unióse Minerva a Marte".

O 18 de xullo de 1808 o batallón saíu a incorporarse ás tropas do xeneral Blake, onde formaron a vangarda xunto ós voluntarios navarros. Un dos múltiples episodios recordados foi o de entrar de incógnito á Coruña a recoñecer as baterías, malia estar tomada a cidade polo Mariscal Ney.

Coroa na honra do Batallón Literario colocada no muro do convento de San Paio de Antealtares o 4 de maio de 1896.
Gravado no Almanaque Gallego para 1898, Buenos Aires.

En 1810 o xeneral Castaños deu a orde de disolución do Batallón Literario, outorgando ós poucos sobreviventes o rango de oficiais nos corpos militares.

Na praza da Quintana da cidade compostelá, chamada tamén praza dos literarios, unha placa lembra a xesta co seguinte texto:

A LOS HÉROES
DEL BATALLÓN LITERARIO
DE 1808
LOS ESCOLARES COMPOSTELANOS DE 1896
Y LOS AYUNTAMIENTOS
DE 1822, 1865 Y 1896.

Outras actuacións

Anteriores á guerra da Independencia

O Batallón Literario xa se constituíra previamente en 1663 ante os ataques portugueses á vila de Monterrei, trala sublevación de Portugal en 1640.

Volveuse formar en 1665.

Posterior á guerra da Independencia

En 1846 formouse outra vez durante o levantamento de Solís ou Revolución de 1846, aínda que a xesta máis recordada é a ocorrida en 1808.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Barreiro Fernández, X. R., coord. (2003): Historia de la Universidad de Santiago de Compostela. Siglo XIX. Volumen 2. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-9750-269-8.
  • Tettamancy Gastón, F. (1910): Batallón Literario de Santiago: Diario de campaña (años 1808 al 1812) La Coruña: Imprenta y Fotograbado de Ferrer.

Ligazóns externas