Galia Cisalpina: Diferenzas entre revisións
m robot Añadido: af:Gallia Cisalpina, br:Gallia Cisalpina, ru:Цизальпийская Галлия (римская провинция) |
m Poño category en maiúscula |
||
Liña 3: | Liña 3: | ||
[[Category:Roma antiga]] |
[[Category:Roma antiga]] |
||
[[ |
[[Category:Italia]] |
||
[[af:Gallia Cisalpina]] |
[[af:Gallia Cisalpina]] |
Revisión como estaba o 18 de xuño de 2007 ás 23:19
A Gallia cisalpina (isto é, a Galia desta parte dos Alpes) é denominada tamén por algúns autores como Galia itálica, ou aínda Gallia citerior ou Gallia togata. Conformábana todas as terras do norte dos ríos Arnus (Arno) e Rubico (Rubicón), na actual Italia. O rio Po transcorre por este territorio de oriente a occidente trazando unha divisoria xeográfica natural. Naquela época a divisoria do río era moi importante, pois existía unha gran diferenza entre os habitantes dunha beira e da outra. As xentes ao sur do río estaban moi romanizadas e moitas mesmo tiñan os mesmos dereitos que os romanos. No norte do río, as xentes e as cidades eran máis celtas que romanas. No século I só as cidades de Aquilea e Cremona tiñan dereitos latinos; mesmo falaban outras xirias e só tiñan o latín como segunda lingua. En xeral, a Galica cisalpina non participaba case nos asuntos romanos e non gozaba das vantaxes dos aliados itálicos. Nin sequera se recrutaban os seus habitantes para a infantería romana.