Toutón, Mondariz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 13: Liña 13:

==Patrimonio==
==Patrimonio==
[[Ficheiro:Toutón, cruceiro dentro do adro.JPG|miniatura|Cruceiro de fóra do adro de Toutón.]]
[[Ficheiro:Toutón, cruceiro dentro do adro.JPG|miniatura|Detalle do cruceiro de fóra do adro de Toutón (Virxe das Angustias no neno morto no colo).]]
A '''igrexa de San Mateo de Toutón''' data de [[1711]] (na inscrición da fachada figura a data 1713), está situada no barrio de Casco, onde tamén hai unha capela. De planta rectangular e [[tellado]] a dúas augas, a fábrica é de [[cantaría]] de granito con [[contraforte]]s nos muros laterais e corpo posterior diferenciado a xeito de [[ciborio]] rústico tipo torre, [[amea]]do e con desaugadoiros pétreos. A facha principal ten no lateral esquerdo a torre campanario de planta cadrada e dous corpos (o superior quizais posterior). Na fronte da fachada atópanse dúas pilastras laterais. A porta é a[[lintel]]ada e flanqueada por dúas [[pilastra]]s caixadas con [[capitel|chapiteis]] [[xónico]]s que aturan un [[friso]] con detalles vexetais e por riba un frontón triangular partido, cunha fornela coa imaxe de [[San Ramón]] cunha cartela con inscrición. Enriba un [[ocelo]]. Na cumieira áchase a imaxe do patrón da parroquia: [[Mateo o Evanxelista|San Mateo]]. A sancristía áchase no muro sur<ref>[http://patrimoniogalego.net/index.php/87290/2016/06/igrexa-parroquial-de-san-mateo-de-touton/ Ficha da ingrexa de Toutón en Patrimonio galego]]</ref>.

Revisión como estaba o 27 de xullo de 2016 ás 10:04

Toutón
Igrexa parroquial
ConcelloMondariz
Coordenadas42°15′23″N 8°29′31″O / 42.25650977, -8.49191718Coordenadas: 42°15′23″N 8°29′31″O / 42.25650977, -8.49191718
Poboación304 hab. (2013)
Entidades de poboación5
editar datos en Wikidata ]

San Mateo de Toutón é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o INE en 2013 tiña 304 habitantes (166 mulleres e 138 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 483 habitantes.

Patrimonio

Detalle do cruceiro de fóra do adro de Toutón (Virxe das Angustias no neno morto no colo).

A igrexa de San Mateo de Toutón data de 1711 (na inscrición da fachada figura a data 1713), está situada no barrio de Casco, onde tamén hai unha capela. De planta rectangular e tellado a dúas augas, a fábrica é de cantaría de granito con contrafortes nos muros laterais e corpo posterior diferenciado a xeito de ciborio rústico tipo torre, ameado e con desaugadoiros pétreos. A facha principal ten no lateral esquerdo a torre campanario de planta cadrada e dous corpos (o superior quizais posterior). Na fronte da fachada atópanse dúas pilastras laterais. A porta é alintelada e flanqueada por dúas pilastras caixadas con chapiteis xónicos que aturan un friso con detalles vexetais e por riba un frontón triangular partido, cunha fornela coa imaxe de San Ramón cunha cartela con inscrición. Enriba un ocelo. Na cumieira áchase a imaxe do patrón da parroquia: San Mateo. A sancristía áchase no muro sur[1].

É de salientar o cruceiro do adro considerado Ben de Interese Cultural galego, cunha plataforma de tres chanzos cuadrangulares (o máis baixo soterrado polo asfalto). O pedestal ten as arestas rebaixadas e fiugura a data na que foi ergueito: 1711, practicamente á vez ca igrexa. Salienta o fuste cilíndrico e o chapitel corintio con volutas nos cantos, fileira dupla de follas e flor central en cadansúa face. A cruz é de sección cadrada coas arestas achafranadas. Nunha das caras a imaxe de Xesús Cristo crucificado coa cartela de INRI, e na outra a Virxe das Angustias co fillo morto no colo[2].

Festas

Toutón celebra unha festividade na honra de Santa Marta o 29 de xullo e o 24 de xuño na honra de San Xoán do Xisto.

Desta parroquia é o grupo Pandeireteiras de Toutón.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Toutón

Lugares da parroquia de Toutón no concello de Mondariz (Pontevedra)

Aboal | Casco | Festín | Lordelo | Portacurbo

Parroquias de Mondariz

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Mondariz

Frades (San Martiño) | Gargamala (Santa María) | Lougares (San Fiz) | Meirol (Santo André) | Mondariz (Santa Baia) | Mouriscados (San Cibrán) | Queimadelos (Santa María) | Riofrío (San Miguel) | Sabaxáns (San Mamede) | Toutón (San Mateo) | Vilar (San Mamede) | Vilasobroso (San Martiño)

Véxase tamén

Outros artigos

  1. Ficha da ingrexa de Toutón en Patrimonio galego]
  2. Ficha do cruceiro de Toutón en Patrimonio galego