Receptor de células B: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: |coauthors= → |autor2= (3), | coauthors= → |autor2= using AWB
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
O '''receptor de células B''' ('''BCR''') é unha proteína receptora transmembrana situada na superficie dos [[linfocito B|linfocitos B]] (células inmunitarias produtoras de [[anticorpo]]s). O linfocito B contacta co antíxeno estraño por medio do seu receptor, o que é necesario para a súa activación. O residuo do receptor que se une ao antíxeno é un anticorpo integrado na membrana, que expón ao exterior as súas rexións Fab, e que, como todos os anticorpos, ten un sitio de unión específico para un certo antíxeno, determinado aleatoriamente durante a maduración dos clons de linfocitos B (cada clon de células B ten unha especificidade distinta). Cando un [[linfocito B]] se une por primeira vez ao seu antíxeno específico, é activado, empeza a proliferar e a diferenciarse, xerando unha poboación de [[célula plasmática|células plasmáticas B]] de grandes [[retículo endoplasmático|retículos endoplasmáticos rugosos]] produtoras e secretoras de anticorpos, e [[célula B de memoria|células B de memoria]], que non actuarán ata que se produza unha resposta secundaria durante a segunda exposición a ese mesmo antíxeno.
O '''receptor de células B''' ('''BCR''') é unha proteína receptora transmembrana situada na superficie dos [[linfocito B|linfocitos B]] (células inmunitarias produtoras de [[anticorpo]]s). O linfocito B contacta co antíxeno estraño por medio do seu receptor, o que é necesario para a súa activación. O residuo do receptor que se une ao antíxeno é un anticorpo integrado na membrana, que expón ao exterior as súas [[rexión Fab|rexións Fab]], e que, como todos os anticorpos, ten un sitio de unión específico para un certo antíxeno, determinado aleatoriamente durante a maduración dos clons de linfocitos B (cada clon de células B ten unha especificidade distinta). Cando un [[linfocito B]] se une por primeira vez ao seu antíxeno específico, é activado, empeza a proliferar e a diferenciarse, xerando unha poboación de [[célula plasmática|células plasmáticas B]] de grandes [[retículo endoplasmático|retículos endoplasmáticos rugosos]] produtoras e secretoras de anticorpos, e [[célula B de memoria|células B de memoria]], que non actuarán ata que se produza unha resposta secundaria durante a segunda exposición a ese mesmo antíxeno.


O receptor da célula B ou BCR exerce dúas funcións esenciais na súa interacción cos antíxenos. Unha función é a [[transdución de sinais]], que implican cambios na oligomerización do receptor. A segunda función é mediar na internalización e posterior procesamento do antíxeno, péptidos do cal serán despois presentados na superficie celular ás [[linfocito CD4+|células T colaboradoras]] ou T<sub>H</sub>. As funcións do BCR son necesarias para unha produción normal de anticorpos, e os defectos na transdución de sinais desde o BCR poden orixinar [[inmunodeficiencia]],<ref>{{Cita publicación periódica|last=Conley|first=Mary Ellen|autor2= A. Kerry Dobbs, Dana M. Farmer, Sebnem Kilic, Kenneth Paris, Sofia Grigoriadou, Elaine Coustan-Smith, Vanessa Howard, and Dario Campana|title=Primary B cell immunodeficiencies: comparisons and contrasts|journal=Annual Review of Immunology|year=2009|volume=27|url=http://www.annualreviews.org/DOI: 10.1146/annurev.immunol.021908.132649?url}}</ref>, [[autoinmunidade]] <ref>{{Cita publicación periódica|last=Goodnow|first=Christopher| |title=Multistep pathogenesis of autoimmune disease|journal=Cell|year=2007|volume=130|issue=1|}} [http://www.molim.uni-erlangen.de/downloads/Teaching/Hauptseminar_Aspekte/Manuskripte_SS2011/Tag4_(Trex1)/goodnow_cell_review_2007.pdf]</ref>, e tumores de células B <ref>{{Cita publicación periódica|last=Corcos|first=D|autor2= MJ Osborn, LS Matheson|title=B-cell receptors and heavy chain diseases: guilty by association?|journal=Blood|year=2011|volume=117| issue=26|}} PMID 21508409. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/21508409]</ref>.
O receptor da célula B ou BCR exerce dúas funcións esenciais na súa interacción cos antíxenos. Unha función é a [[transdución de sinais]], que implican cambios na oligomerización do receptor. A segunda función é mediar na internalización e posterior procesamento do antíxeno, péptidos do cal serán despois presentados na superficie celular ás [[linfocito CD4+|células T colaboradoras]] ou T<sub>H</sub>. As funcións do BCR son necesarias para unha produción normal de anticorpos, e os defectos na transdución de sinais desde o BCR poden orixinar [[inmunodeficiencia]],<ref>{{Cita publicación periódica|last=Conley|first=Mary Ellen|autor2= A. Kerry Dobbs, Dana M. Farmer, Sebnem Kilic, Kenneth Paris, Sofia Grigoriadou, Elaine Coustan-Smith, Vanessa Howard, and Dario Campana|title=Primary B cell immunodeficiencies: comparisons and contrasts|journal=Annual Review of Immunology|year=2009|volume=27|url=http://www.annualreviews.org/DOI: 10.1146/annurev.immunol.021908.132649?url}}</ref>, [[autoinmunidade]] <ref>{{Cita publicación periódica|last=Goodnow|first=Christopher| |title=Multistep pathogenesis of autoimmune disease|journal=Cell|year=2007|volume=130|issue=1|}} [http://www.molim.uni-erlangen.de/downloads/Teaching/Hauptseminar_Aspekte/Manuskripte_SS2011/Tag4_(Trex1)/goodnow_cell_review_2007.pdf]</ref>, e tumores de células B <ref>{{Cita publicación periódica|last=Corcos|first=D|autor2= MJ Osborn, LS Matheson|title=B-cell receptors and heavy chain diseases: guilty by association?|journal=Blood|year=2011|volume=117| issue=26|}} PMID 21508409. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/21508409]</ref>.

Revisión como estaba o 26 de xullo de 2016 ás 18:39

O receptor de células B (BCR) é unha proteína receptora transmembrana situada na superficie dos linfocitos B (células inmunitarias produtoras de anticorpos). O linfocito B contacta co antíxeno estraño por medio do seu receptor, o que é necesario para a súa activación. O residuo do receptor que se une ao antíxeno é un anticorpo integrado na membrana, que expón ao exterior as súas rexións Fab, e que, como todos os anticorpos, ten un sitio de unión específico para un certo antíxeno, determinado aleatoriamente durante a maduración dos clons de linfocitos B (cada clon de células B ten unha especificidade distinta). Cando un linfocito B se une por primeira vez ao seu antíxeno específico, é activado, empeza a proliferar e a diferenciarse, xerando unha poboación de células plasmáticas B de grandes retículos endoplasmáticos rugosos produtoras e secretoras de anticorpos, e células B de memoria, que non actuarán ata que se produza unha resposta secundaria durante a segunda exposición a ese mesmo antíxeno.

O receptor da célula B ou BCR exerce dúas funcións esenciais na súa interacción cos antíxenos. Unha función é a transdución de sinais, que implican cambios na oligomerización do receptor. A segunda función é mediar na internalización e posterior procesamento do antíxeno, péptidos do cal serán despois presentados na superficie celular ás células T colaboradoras ou TH. As funcións do BCR son necesarias para unha produción normal de anticorpos, e os defectos na transdución de sinais desde o BCR poden orixinar inmunodeficiencia,[1], autoinmunidade [2], e tumores de células B [3].

Compoñentes do receptor de células B

O receptor de células B está composto por dúas partes [4]:

  1. Residuo de unión ao ligando: É unha molécula de inmunoglobulina (anticorpo) ligada á membrana dun só isotipo (IgD, IgM, IgA ou IgE). É idéntica ás formas segregadas libres deses anticorpos coa excepción de que ten un dominio especial para integrarse na membrana.
  2. Residuo para a transdución de sinais: É un heterodímero chamado CD79 (ou tamén CD79A/CD79B, antes denominado Ig-α/Ig-β), que se mantén unido por pontes disulfuro [5] Cada membro deste dímero esténdese por todo o grosor da membrana e ten unha cola citoplasmátiica que leva un motivo de activación baseado na tirosina inmunorreceptor (ITAM).

Vías de sinalización do receptor de células B

Hai varias vías de sinalización por medio das que o BCR pode transducir sinais. As que se coñecen poden transducir sinais intracelularmente a través da vía PLCy/calcio/NFAT, a vía PI3K, a vía IKK/NF-κB, e a vía ERK canónica. (ver imaxe) [6] Estas vías de sinalización finalmente orixinan a expresión inicial de certos xenes que posteriormente activan a outros implicados na proliferación das células B, diferenciación e produción de inmunoglobulinas e outros procesos.

No caso da vía do factor de transcrición IKK/NF-κB o funcionamento é o seguinte:

  • O CD79 e outras proteínas, microsinalosomas, activan a PLCɣ despois de que o antíxeno foi recoñecido polo BCR e antes de que se asocie co c-SMAC (grupo ou cluster de activación supramolecular central).
  • Despois o PIP2 (fosfatidilinositol bisfosfato) escíndese en IP3 (inositol trifosfato) e DAG (diacilglicerol). O IP3 actúa como un segundo mensaxeiro e fai incrementar moi substancialmente a cantidade de ións calcio no citosol (que son liberados do retículo endoplasmático ou entran desde o medio extracelular por canais iónicos). Isto orixina finalmente a activación de PKCβ polo calcio e o DAG.
  • O PKCβ fosforila (directa ou indirectamente) ao complexo proteico de sinalización de NF-κB chamado CARMA1 (o complexo consta de CARMA1, Bcl10, e MALT1). Isto ten como resultado o recrutamento da IKK (IκB quinase), TAK1 por varios encimas que realizan ubiquitilacións tamén asociados co complexo CARMA1/Bcl10/MALT. O MALT1 é unha proteína similar a unha caspase que corta a A20, unha proteína inhibitoria da sinalización por NF-κB (a cal actúa desubiquitilando os substratos de ubiquitilacion de NF-κB, e ten un efecto inhibitorio). O TAK1 fosforila o trímero IKK despois de que este tamén foi recrutado no complexo de sinalización polos seus encimas de ubiquitilación asociados.
  • O IKK despois fosforila a IκBα (que se une e inhibe a NF-κB), o cal induce a destrución de IκB ao marcalo para a degradación proteolítica, liberando NF-κB citosólico.
  • O NF-κB migra agora ao núcleo celular onde se une a elementos de resposta específicos do ADN, causando o recrutamento de moléculas de transcrición e comezando o proceso de transcrición.[6]

Notas

  1. Conley, Mary Ellen; A. Kerry Dobbs, Dana M. Farmer, Sebnem Kilic, Kenneth Paris, Sofia Grigoriadou, Elaine Coustan-Smith, Vanessa Howard, and Dario Campana (2009). 10.1146/annurev.immunol.021908.132649?url "Primary B cell immunodeficiencies: comparisons and contrasts" |url= incorrecto (Axuda). Annual Review of Immunology 27. 
  2. Goodnow, Christopher (2007). "Multistep pathogenesis of autoimmune disease". Cell 130 (1).  [1]
  3. Corcos, D; MJ Osborn, LS Matheson (2011). "B-cell receptors and heavy chain diseases: guilty by association?". Blood 117 (26).  PMID 21508409. [2]
  4. Kindt, Thomas J.; Goldsby, Richard A.; Osborne, Barbara A.; Kuby, Janis (2007). W.H. Freeman - New York, ed. Kuby immunology. ISBN 1-4292-0211-4. [3]
  5. Immunology
  6. 6,0 6,1 Kurosaki, Tomohiro; Hisaaki Shinohara, Yoshihiro Baba (2008). "B Cell Signaling and Fate Decision". Annual Review of Immunology 28 (1). doi:10.1146/annurev.immunol.021908.132541. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • MeshName - B-Cell+Antigen+Receptors [4]