Berán, Leiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Balneario: Arranxos
mSen resumo de edición
Liña 5: Liña 5:
|mapa =
|mapa =
|concello = Leiro
|concello = Leiro
|superficie =
|provincia = |superficie =
|poboación = 270
|poboación = 237
|ano = 2011
|ano = 2015
|entidades = 2
|entidades = 2
}}
}}
'''San Breixo de Berán''' é unha parroquia do concello de [[Leiro]], na [[provincia de Ourense]]. No ano [[2011]] tiña 270 habitantes (135 homes e 135 mulleres), distribuídas en dous lugares, o que supón unha suba de habitantes continuada en relación ao ano [[2008]], cando contaba con 259 habitantes. Está situada a unha altitude de 296 metros sobre o nivel do mar, a uns 3,1 km da capital do concello, Leiro, pola estrada OU-0307.
'''San Breixo de Berán''' é unha parroquia do concello de [[Leiro]], na [[provincia de Ourense]]. No ano [[2011|2015]] tiña 237 habitantes (117 homes e 120 mulleres), distribuídas en dous lugares, o que supón unha caída en relación ao ano [[2008]], cando contaba con 259 habitantes. Está situada a unha altitude de 296 metros sobre o nivel do mar, a uns 3,1 km da capital do concello, Leiro, pola estrada OU-0307.


== Historia ==
== Historia ==

Revisión como estaba o 25 de xullo de 2016 ás 16:03

Berán
Igrexa de San Breixo de Berán.
ConcelloLeiro
Coordenadas42°21′04″N 8°08′35″O / 42.35104722, -8.14305833Coordenadas: 42°21′04″N 8°08′35″O / 42.35104722, -8.14305833
Poboación237 hab. (2015)
Entidades de poboación2
editar datos en Wikidata ]

San Breixo de Berán é unha parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense. No ano 2015 tiña 237 habitantes (117 homes e 120 mulleres), distribuídas en dous lugares, o que supón unha caída en relación ao ano 2008, cando contaba con 259 habitantes. Está situada a unha altitude de 296 metros sobre o nivel do mar, a uns 3,1 km da capital do concello, Leiro, pola estrada OU-0307.

Historia

Antes da constitución dos concellos no século XIX pertencía á xurisdición de Carballeda de Avia. Na primeira distribución municipal formou parte do concello de Beade, do que se segregou posteriormente para integrarse no de Leiro. Desde o 13 de decembro de 1924 está considerada unha das 9 entidades locais menores de Galiza.

Patrimonio

A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII, con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada.

Festas e tradicións

As festas patronais de Berán celébranse a finais do mes de xullo (19, 20 e 21), sendo o día grande o día de Santa Margarida, o día 20. Ademais, tamén se celebra o San Roque en agosto na capela do mesmo nome, no barrio de Trasouteiro, e a festa de Mozos e Vellos, tamén no mes de agosto. A finais de Outubro celébrase a festa do Licor Café, a única en Galicia dedicada a esta bebida tradicional galega.

Balneario

O Balneario de Berán está situado no lugar de Caldelas, na estrada comarcal que une Berán co concello limítrofe de Beade. As súas augas destacan polo seu alto contido en xofre, polo que se indican para problemas de pel (sobre todo a psoríase), reuma, trastornos hepáticos, dixestivos e respiratorios. As augas saen do manantial a unha temperatura media de 28º. Na actualidade o balneario encóntrase nunha fase de transición que comezou no ano 1999, cando se comezaron as obras para a construción dun edificio novo. Non obstante, tras varios problemas xudiciais e políticos, e a pesar de estar rematada a obra, aínda se está a usar a instalación vella, que data dos anos 1950 aproximadamente. As vellas instalacións constan dunha pequena piscina de auga termal ao aire libre, 7 bañeiras individuais, duchas, vestiarios e unha fonte para a bebida.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Berán

Lugares da parroquia de Berán no concello ourensán de Leiro

Berán | Caldelas

Parroquias de Leiro

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Leiro

Berán (San Breixo) | Bieite (Santo Adrao) | Gomariz (Santa María) | Lamas (Santa María) | Lebosende (San Miguel) | Leiro (San Pedro) | Orega (San Xoán) | San Clodio (Santa María) | Serantes (San Tomé)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas