Mel: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Composición e uso: Traduzo de es.wiki e ordeno
Liña 13: Liña 13:
Son coñecidas diversas variedades de mel que dependen da flor utilizada como fonte de [[néctar]] e do tipo de abella que o produciu. Mais como as abellas o fabrican en cantidade cerca de tres veces superior á necesaria para sobreviviren, sempre foi posíbel, primeiramente, colectarse o exceso del para o uso humano, e máis tarde, criar abellas para o fin específico de obter o mel, o que é coñecido como [[apicultura]].
Son coñecidas diversas variedades de mel que dependen da flor utilizada como fonte de [[néctar]] e do tipo de abella que o produciu. Mais como as abellas o fabrican en cantidade cerca de tres veces superior á necesaria para sobreviviren, sempre foi posíbel, primeiramente, colectarse o exceso del para o uso humano, e máis tarde, criar abellas para o fin específico de obter o mel, o que é coñecido como [[apicultura]].


== Composición e uso ==
== Usos ==
=== Gastronómicos ===
Alén de ser utilizado como adozante, o mel sempre foi recoñecido debido ás súas propiedades terapéuticas. Dun modo xeral, o mel está constituído, na súa maior parte (cerca do 75%), por [[hidrato de carbono|hidratos de carbono]], especialmente polos [[azucre]]s simples ([[glicosa]] e [[frutosa]]). O mel está tamém composto por [[auga]] (cerca do 20%), por minerais ([[calcio]], [[cobre]], [[ferro]], [[magnesio]], [[Fósforo (elemento)|fósforo]], [[potasio]], entre outros), por cerca da metade dos [[aminoácido]]s existentes, por ácidos orgánicos ([[ácido acético]], [[ácido cítrico]], entre outros) e por [[vitamina]]s do complexo B, por vitamina C, D e E. O mel posúe aínda un teor considerábel de [[antioxidante]]s ([[flavonoide]]s e [[fenólico]]s).
O mel emprégase principalmente como adozante na cociña e na pastelaría, como acompañamento do pan ou das torradas (especialmente en almorzos e merendas) e como [[Aditivo alimentario|aditivo]] de diversas bebidas como o [[té]]. Ao ser rico en [[azucre]]s como a [[frutosa]], o mel é [[higroscopia|higroscópico]] (absorbe humidade do aire), polo que engadir una pequena cantidade aos pans e aos pasteis fai que estes se endurezan máis amodo. O mel virxe tamén contén [[enzima]]s que axudan á súa dixestión, ademais de diversas [[vitamina]]s e [[antioxidante]]s. Por isto adoita recomendarse o consumo de mel a temperaturas non superiores a 60 [[celsius|°C]], pois a maior temperatura comeza a perder propiedades beneficiosas porque se volatilizan algúns destes elementos.

O mel é o ingrediente principal do [[hidromel]], que sé produce a partir do mel e de auga, e que tamén se coñece como "viño de mel".

=== Conservante ===
O mel é un excelente conservante natural mais non sempre é saudable. Debido a que procede de flores silvestres, hai algúns momentos e lugares nos que o mel producido polas abellas é altamente tóxico. Os [[rododendro]]s e as [[azalea]] producen un néctar moi velenoso para os humanos, aínda que inofensivo para as abellas. Nalgunhas rexións do mundo as colmeas baléiranse inmediatamente despois da tempada de flores, eliminando calquera residuo para evitar envelenamentos accidentais. Existen historias non corroborables do uso de mel velenoso como arma de guerra na antigüidade. Este mel velenoso é moi difícil de atopar. A forma da flor da azalea fai que ás abellas lles resulte difícil acceder ao néctar e na época na que florecen hai case sempre outras flores máis atractivas para elas.

O mel é moi perdurable e non caduca. Grazas á súa gran concentración de azucre mata as bacterias por [[lise]] [[osmose|osmótica]]. Os [[lévedo]]s aerotransportados non poden prosperar no mel debido á baixa humidade que contén. Os traslados de corpos humanos na antigüidade facíanse somerxidos en mel; por exemplo [[Alexandre o grande]] foi trasladado dende Babilonia ata [[Alexandría]] e [[Agesilao II]], rei de [[Esparta]], dende Exipto ata a súa cidade natal empregándose mel para evitar a descomposición. O efecto conservante do mel débese á súa baixa concentración de auga e é idéntico ao que permite a conservación prolongada dos doces e das froitas en almibre, no que o alto contido en azucre diminúe o contido de auga.

=== Terapéuticos ===
O mel sempre foi recoñecido debido ás súas propiedades terapéuticas. Dun modo xeral, o mel está constituído, na súa maior parte (cerca do 75%), por [[hidrato de carbono|hidratos de carbono]], especialmente polos [[azucre]]s simples ([[glicosa]] e [[frutosa]]). O mel está tamém composto por [[auga]] (cerca do 20%), por minerais ([[calcio]], [[cobre]], [[ferro]], [[magnesio]], [[Fósforo (elemento)|fósforo]], [[potasio]], entre outros), por cerca da metade dos [[aminoácido]]s existentes, por ácidos orgánicos ([[ácido acético]], [[ácido cítrico]], entre outros) e por [[vitamina]]s do complexo B, por vitamina C, D e E. O mel posúe aínda un teor considerábel de [[antioxidante]]s ([[flavonoide]]s e [[fenólico]]s).


Os distintos tipos de mel varían en función das plantas de onde é extraído o néctar e, tamén, de acordo coa localización xeográfica desas plantas e os tipos das abellas produtoras. Por esta razón, o mel pode presentar consistencias e cores diferentes. Debido ao seu teor de azucres simples, de asimilación rápida, o mel é altamente calórico (cerca de 3,4 kcal/g), polo que é útil como fonte de enerxía.
Os distintos tipos de mel varían en función das plantas de onde é extraído o néctar e, tamén, de acordo coa localización xeográfica desas plantas e os tipos das abellas produtoras. Por esta razón, o mel pode presentar consistencias e cores diferentes. Debido ao seu teor de azucres simples, de asimilación rápida, o mel é altamente calórico (cerca de 3,4 kcal/g), polo que é útil como fonte de enerxía.
Liña 21: Liña 32:


Xuntamente co mel, as abellas producen outros importantes produtos: a [[cera]], a [[xelea real]], o [[própole]] e o [[pole]].
Xuntamente co mel, as abellas producen outros importantes produtos: a [[cera]], a [[xelea real]], o [[própole]] e o [[pole]].

Unha bebida fermentada a partir do mel e auga é denominada [[hidromel]].


== Mel de Galicia ==
== Mel de Galicia ==

Revisión como estaba o 25 de xullo de 2016 ás 11:17

Mel
Alimentos

Pan - Pasta - Queixo - Arroz
Carnes - Sopas - Peixes - Mariscos
Auga - Leite - Patacas - Vexetais - Mel - Viño - Verduras - Froitas - Hortalizas - Legumes - Especias - Outros ingredientes
Receitas de cociña

Cociñas rexionais
Asia - Europa - Caribe
Sueste asiático - Latino américa
Oriente medio - Norte de África - África - Galiza
Categoría: Gastronomía
Técnicas de preparación rexionais
Técnicas - Utensilios
Pesos e medidas
Vexa tamén:
Chefs famosos - Cociñas - Comidas diarias

O mel é un líquido viscoso e azucrado producido polas abellas a partir do néctar recollido de flores e procesado polos enzimas dixestivos deses insectos, sendo almacenado en favos (ou panais) nas súas colmeas para servirlles de alimento durante o inverno.

É importante salientar que, a pesar de que o mel utilizado actualmente en maior escala na alimentación humana provén da produción das abellas melíferas, existen outros insectos que tamén o producen en menor cantidade e non son explotados economicamente.

Historia

O mel ten as súas cualidades recoñecidas, apreciadas e utilizadas polos seres humanos desde tempos remotos como alimento e adozante natural con poder adozante dúas veces maior do que o azucre de cana.

Existen diversas referencias históricas a esta substancia. Alén das citas bíblicas, moitos outros pobos, como os antigos exipcios ou os gregos, por exemplo, referíanse ao mel como un produto sagrado, chegando até servir como forma de pagamento de impostos. Foron encontradas en escavacións exipcias con máis de 3.000 anos mostras de mel aínda perfectamente conservadas en vasillas lixeiramente tapadas. Tamén existen rexistros prehistóricos en pinturas rupestres da recolección de mel.

Son coñecidas diversas variedades de mel que dependen da flor utilizada como fonte de néctar e do tipo de abella que o produciu. Mais como as abellas o fabrican en cantidade cerca de tres veces superior á necesaria para sobreviviren, sempre foi posíbel, primeiramente, colectarse o exceso del para o uso humano, e máis tarde, criar abellas para o fin específico de obter o mel, o que é coñecido como apicultura.

Usos

Gastronómicos

O mel emprégase principalmente como adozante na cociña e na pastelaría, como acompañamento do pan ou das torradas (especialmente en almorzos e merendas) e como aditivo de diversas bebidas como o . Ao ser rico en azucres como a frutosa, o mel é higroscópico (absorbe humidade do aire), polo que engadir una pequena cantidade aos pans e aos pasteis fai que estes se endurezan máis amodo. O mel virxe tamén contén enzimas que axudan á súa dixestión, ademais de diversas vitaminas e antioxidantes. Por isto adoita recomendarse o consumo de mel a temperaturas non superiores a 60 °C, pois a maior temperatura comeza a perder propiedades beneficiosas porque se volatilizan algúns destes elementos.

O mel é o ingrediente principal do hidromel, que sé produce a partir do mel e de auga, e que tamén se coñece como "viño de mel".

Conservante

O mel é un excelente conservante natural mais non sempre é saudable. Debido a que procede de flores silvestres, hai algúns momentos e lugares nos que o mel producido polas abellas é altamente tóxico. Os rododendros e as azalea producen un néctar moi velenoso para os humanos, aínda que inofensivo para as abellas. Nalgunhas rexións do mundo as colmeas baléiranse inmediatamente despois da tempada de flores, eliminando calquera residuo para evitar envelenamentos accidentais. Existen historias non corroborables do uso de mel velenoso como arma de guerra na antigüidade. Este mel velenoso é moi difícil de atopar. A forma da flor da azalea fai que ás abellas lles resulte difícil acceder ao néctar e na época na que florecen hai case sempre outras flores máis atractivas para elas.

O mel é moi perdurable e non caduca. Grazas á súa gran concentración de azucre mata as bacterias por lise osmótica. Os lévedos aerotransportados non poden prosperar no mel debido á baixa humidade que contén. Os traslados de corpos humanos na antigüidade facíanse somerxidos en mel; por exemplo Alexandre o grande foi trasladado dende Babilonia ata Alexandría e Agesilao II, rei de Esparta, dende Exipto ata a súa cidade natal empregándose mel para evitar a descomposición. O efecto conservante do mel débese á súa baixa concentración de auga e é idéntico ao que permite a conservación prolongada dos doces e das froitas en almibre, no que o alto contido en azucre diminúe o contido de auga.

Terapéuticos

O mel sempre foi recoñecido debido ás súas propiedades terapéuticas. Dun modo xeral, o mel está constituído, na súa maior parte (cerca do 75%), por hidratos de carbono, especialmente polos azucres simples (glicosa e frutosa). O mel está tamém composto por auga (cerca do 20%), por minerais (calcio, cobre, ferro, magnesio, fósforo, potasio, entre outros), por cerca da metade dos aminoácidos existentes, por ácidos orgánicos (ácido acético, ácido cítrico, entre outros) e por vitaminas do complexo B, por vitamina C, D e E. O mel posúe aínda un teor considerábel de antioxidantes (flavonoides e fenólicos).

Os distintos tipos de mel varían en función das plantas de onde é extraído o néctar e, tamén, de acordo coa localización xeográfica desas plantas e os tipos das abellas produtoras. Por esta razón, o mel pode presentar consistencias e cores diferentes. Debido ao seu teor de azucres simples, de asimilación rápida, o mel é altamente calórico (cerca de 3,4 kcal/g), polo que é útil como fonte de enerxía.

O mel é tamén usado externamente debido ás súas propiedades antimicrobianas e antisépticas. Así, o mel axuda a cicatrizar e a previr infeccións en feridas ou queimaduras superficiais. O mel é tamén utilizado amplamente na cosmética (cremas, máscaras de limpeza facial, tónicos etc.) debido ás súas cualidades adstrinxentes e suavizantes.

Xuntamente co mel, as abellas producen outros importantes produtos: a cera, a xelea real, o própole e o pole.

Mel de Galicia

Artigo principal: Mel de Galicia.

Desde 1997, a entón Consellería de Agricultura recoñece a denominación específica Mel de Galicia, rexistrada como indicación xeográfica protexida europea en 2007 [1].

A denominación de orixe amparaba en 2008 a 405 apicultores (con 31.784 colmeas) e 37 envasadores, cunha produción total certificada de 314.832 kg (169 toneladas no ano 2000) e un valor económico estimado de 1.133.395 euros (aos apicultores) [1].

Notas

  1. Orde do 1 de outubro de 1997, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se recoñece a denominación específica Mel de Galicia; Regulamento (CE) 868/2007 da Comisión, do 23 de xullo de 2007, pola que se inclúe no rexistro de indicacións xeográficas protexidas (DOUE 24.07.2007).

Véxase tamén

Outros artigos