Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Tales de Mileto»

m
(corrixo)
Tales foi un dos primeiros pensadores en discordar desa relixión vixente, cuxos principios eran ditados pola percepción que os homes captaban a través dos seus sentidos. O punto de partida da teoría especulativa de Tales –como tamén de todos os demais filósofos da [[escola xónica]]– foi a verificación da permanente transformación das cousas unhas noutras e a súa intuición básica é de que todas as cousas son unha soa cousa fundamental, ou un só principio ("''arché''").
 
Dos escritos de Tales, ningún deles sobreviviu ata os nosos diasdías. As súas ideas filosóficas coñécense grazas aos traballos de [[Dióxenes Laercio]], [[Simplicio]] e principalmente [[Aristóteles]].
 
Na súa obra ''Metafísica'', Aristóteles cóntanos: “Tales di que o principio de todas as cousas é a auga, sendo talvez levado a formar esa opinión por ter observado que o alimento de todas as cousas é húmido e que o propio calor é xerado e alimentado pola humidade. Polo tanto, aquilo do que se orixinan todas as cousas é o principio delas. De aí veulle esa opinión, e tamén a de que as sementes de todas as cousas son naturalmente húmidas e de ter orixe na auga a natureza das cousas húmidas”. E en ''Da Alma'' escribe: “E afirman algúns que ela (a alma) está mesturada co todo. É por iso que, talvez, Tales pensou que todas as cousas están cheas de deuses. Parece tamén que Tales, polo que se conta, supuxo que a alma é algo que se move, se é que dixo que a pedra (imán) ten alma, porque move o ferro”.
110.235

edicións