Península de Monterreal: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 6: | Liña 6: | ||
== Xeografía == |
== Xeografía == |
||
A [[península]] ocupa unha extensión de 18 [[hectárea]]s rodeadas de 3 km. As [[muralla]]s datan de entre os séculos XI e XVII.<ref name=":0" /> Na península hai catro praias: [[Praia |
A [[península]] ocupa unha extensión de 18 [[hectárea]]s rodeadas de 3 km. As [[muralla]]s datan de entre os séculos XI e XVII.<ref name=":0" /> Na península hai catro praias: [[Praia da Cuncheira|Cuncheira]], [[Praia dos Frades|Os Frades]], [[Praia de Barbeira|Barbeira]] e [[Praia da Ribeira|A Ribeira]]. |
||
== Parador "Conde de Gondomar-Baiona" == |
== Parador "Conde de Gondomar-Baiona" == |
Revisión como estaba o 20 de xullo de 2016 ás 22:25
A península de Monterreal ou de Monteboi é un promontorio natural situado na vila de Baiona, na provincia de Pontevedra.[1]
Historia
Coñécese dende hai máis de 2.000 anos como recinto amurallado. Habitaron aquí celtas, fenicios e romanos, os cales foron moitas veces atacados. Antigamente asentouse aquí a vila de Baiona, por privilexio outorgado polos Reis Católicos para defenderse das incursións corsarias.[1] Outro privilexio foi o cambio de nome: de Monteboi a Monterreal; dándolle así máis importancia.
Xeografía
A península ocupa unha extensión de 18 hectáreas rodeadas de 3 km. As murallas datan de entre os séculos XI e XVII.[1] Na península hai catro praias: Cuncheira, Os Frades, Barbeira e A Ribeira.
Parador "Conde de Gondomar-Baiona"
- Artigo principal: Parador de Baiona.
O recinto converteuse en residencia de gobernadores, como o Conde de Gondomar. Despois de pasar a mans privadas o Ministerio de Información e Turismo mercou o terreo e construíu o Parador "Conde de Gondomar".[1]
Muralla
A muralla mantén as tres torres dende as que se vixiaba a fortaleza. Na entrada está a torre do Reloxo ; ó leste érguese a torre da Tenaza e na parte oriental da fortaleza, sobre a baía de Baiona, atópase a torre do Príncipe. Esta última ten tres escudos (dos Austrias, dos Soutomaior e o de Baiona). Debe o seu nome ó príncipe portugués Afonso Enriques que estivo retido nesa torre.[1]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- López Otero, Beatriz e Soraluce Blond, J. R. (2013). Monterreal de Baiona. Transformaciones de un monumento 55,63 MB ISBN 9788497495790.