Luis de Góngora: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: Corrixo homónimo
Paradanta (conversa | contribucións)
→‎Góngora e Galiza: Recupero redacción orixinal tras alteración realizada por anónimo
Liña 23: Liña 23:


== Góngora e Galiza ==
== Góngora e Galiza ==
Nunha das súas viaxes o poeta visitou [[Galiza]], aló polo ano 1609. Tras ela, dedicou a rexión estes versos:<ref>[[Xosé Ramón Freixeiro Mato|Freixeiro Mato]] (2009) en [[Pilar García Negro|García Negro]], ''Sobre o racismo lingüístico'', [[Edicións Laiovento|Eds. Laiovento]]</ref>
Nunha das súas viaxes o poeta visitou [[Galiza]], aló polo ano 1609. Tras ela, dedicou ao país insultantes estes versos, algo nada estraño nos escritores españois do momento:<ref>[[Xosé Ramón Freixeiro Mato|Freixeiro Mato]] (2009) en [[Pilar García Negro|García Negro]], ''Sobre o racismo lingüístico'', [[Edicións Laiovento|Eds. Laiovento]]</ref>
<poem>
<poem>
:''Oh, montañas de Galicia,''
:''Oh, montañas de Galicia,''

Revisión como estaba o 20 de xullo de 2016 ás 11:53

Luis de Góngora por Diego Velázquez

Luis de Góngora y Argote, nado en Córdoba o 11 de xullo de 1561 e finado tamén en Córdoba o 23 de maio de 1627 foi un poeta e dramaturgo español, máximo representante do culteranismo e figura destacada do chamado Século de ouro español.

Traxectoria

Realizou os seus primeiros estudos no colexio dos xesuítas da súa cidade natal. O seu tío Francisco de Góngora confírelle os beneficios eclesiásticos da razón catedralicia converténdoo en crego con tan só 14 anos para a continuación envialo a estudar Cánones a Salamanca. Fica matriculado dende 1576 ata 1580, pero non hai constancia de que obtivese título ningún. A súa falta de interese polos estudos combinouse co espertar da súa vocación poética, datándose as súas primeiras composicións nesta época.

De volta en Córdoba pasa a ocupar diferentes postos no Cabido, alternando a poesía coas obrigas derivadas dos mesmos, entre as que salientan as viaxes como comisionado nos cales estableceu relacións con nobres e bispos, entusiasmándose cos ambientes cortesáns e de luxo.

Co obxectivo de sustentar o seu elevado nivel de vida empeza a procurar a protección dalgún mecenas, coma o Marqués de Ayamonte ou o Conde de Lemos, con escasos resultados. Finalmente, o Conde de Lerma, a quen louvara nuns versos, consegue que o monarca Filipe III nomee a Góngora capelán real no 1617, culminando así as súas arelas de medrar na Corte real. Porén, a perda do favor real por parte do Conde e a posterior suba ao trono de Filipe IV comprometen seriamente a súa situación. O poeta procura entón congraciarse co novo favorito do rei, o Conde-Duque de Olivares, quen o obvia sistematicamente. Enfermo e sen cartos regresa a Córdoba no 1626, onde falecerá ao ano seguinte.

Traxectoria poética

Luis de Góngora foi o abandeirado do culteranismo, tamén chamado siginificativamente gongorismo. Esta corrente estilística caracterizouse polo seu barroquismo, subordinando o contido das composicións, que adoita ser mínimo, á forma na que se expón, unha forma recargada, ateigada de metáforas, hipérboles, latinismos e de constantes referencias mitolóxicas. Trata de evitar chamar ás cousas polo seu nome, recorrendo a rodeos ou alusións inesperadas. O outro movemento do século foi o conceptismo, que tivo en Francisco de Quevedo ao seu máximo expoñente. De feito, Góngora e el rivalizaron duramente, dedicándose aldraxes mutuas en verso.

Distínguense dúas etapas na evolución do poeta:

Etapa do Príncipe da luz

Nesta época os trazos culteranos son moito menores. Compón romances amorosos, poemas relixiosos e outros dedicados ás súas amizades.

Etapa do Príncipe das tebras

É a etapa culteranista por excelencia. Acentúa grandemente o seu hermetismo e intensifica os artificios propios do gongorismo. Desta época son as súas compsicións máis sonadas, Soledades e Fábula de Polifemo e Galatea.

Góngora emprega as formas métricas do momento, tales coma o romance, o soneto, o terceto, a oitava etc.

Góngora e Galiza

Nunha das súas viaxes o poeta visitou Galiza, aló polo ano 1609. Tras ela, dedicou ao país insultantes estes versos, algo nada estraño nos escritores españois do momento:[1]

Oh, montañas de Galicia,
cuya, por decir verdad,
espesura es suciedad,
cuya maleza es malicia,
tal, que ninguno codicia
besar estrellas pudiendo,
antes os quedáis haciendo
desiguales horizontes;
al fin, gallegos y montes,
nadie dirá que os ofendo.

Edicións modernas das súas obras

  • Sonetos completos (1969) Ed. Castalia.
  • Soledades (1980) Ed. Cátedra
  • Romances (1982) Ed. Cátedra
  • Fábula de Polifemo y Galatea (1983) Ed. Cátedra

Notas

  1. Freixeiro Mato (2009) en García Negro, Sobre o racismo lingüístico, Eds. Laiovento

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lázaro, F. e Tusón, V. (1988) Literatura española 2º BUP . Ed. Anaya.

Ligazóns externas