Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Arco farínxeo»

sen resumo de edición
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera])
Sem resumo de edição
| DorlandsSuf =
}}
Os '''arcos farínxeos''' ou '''arcos branquiais''' son unhas estruturas, preponderantemente [[mesodermo|mesodérmicas]], situadas aos dous lados da farinxe, que se orixinan durante o [[desenvolvemento embrionario]] dos animais do [[phylum|filo]] [[chordata|Cordados]] (desenvólvense ao redor da cuarta ou quinta semana no [[ser humano]]). Poden permanecer no individuo adulto, como no caso das [[lamprea]]s, ou só seren plenamente funcionais en estado embrionario, como no caso humano; non obstante, nos seres humanos existen reminiscencias, como a [[trompa de Eustaquio]] e outras partes do [[oído]], que conforman o canal auditivo. Inicialmente estes arcos consisten en segmentos de tecido mesenquimatoso separado polas [[fenda branquial|fendas branquiais]]. Simultaneamente, desenvólvense nas paredes laterais do [[intestino farínxeo]] as [[bolsa farínxea|bolsas farínxeas]]. Estas penetran no mesénquima, mais non establecen unha comunicación externa coas fendas.
 
Cada arco farínxeo consiste nun centro de tecido mesenquimatoso cuberto externamente por [[ectoderme]] e internamente por [[endoderme (embrión)|endoderme]]. Alén do [[mesénquima]] presentan un compoñente [[músculo|muscular]], [[nervio]]so e [[sangue|sanguíneo]].
205.519

edicións