Fabre d'Églantine: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
"Véxase tamén" en lugar de "Véxase ademais".
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
m poño moidelo actor
Liña 1: Liña 1:
{{Actor
[[File:Eglantine.png|miniatura|259x259px|Fabre d'Eglantine]]
|imaxe = Eglantine.png

|imaxetamaño = 220px
|textoimaxe = Fabre d'Eglantine
|nomecompleto = Philippe François Nazaire Fabre
|datadenacemento = {{data|28|07|1750}}
|lugardenacemento = [[Carcasona]] {{FRA}}
|datadefalecemento = {{data|5|04|1795}} {{idade|28|07|1750|5|04|1795}}
|lugardefalecemento = [[París]]
|alcume =
|nacionalidade =
|profesión = [[actor]]
|coñecido por =
|parella =
|cónxuxe =
|fillos =
|web =
|twitter =
|facebook =
|sinatura =
|tamaño_sinatura =
|premios óscar =
|premios globo de ouro =
|premios emmy =
|premios do sindicato de actores =
|premios bafta =
|premios tony =
|premios grammy =
|premios cannes =
|premios san sebastián =
|premios goya =
|premios césar =
|premios ariel =
|premios cóndor =
|outros premios =
|imdb =
}}
'''Philippe François Nazaire Fabre''', nome verdadeiro de '''Fabre d'Églantine''', nado o 28 de xullo de 1750 en [[Carcasona]] ([[Francia]]) e finado o 5 de abril de 1795 en [[París]], foi un [[actor]] [[Teatro|teatral]], [[dramaturgo]] e [[Revolución Francesa|revolucionario francés]].
'''Philippe François Nazaire Fabre''', nome verdadeiro de '''Fabre d'Églantine''', nado o 28 de xullo de 1750 en [[Carcasona]] ([[Francia]]) e finado o 5 de abril de 1795 en [[París]], foi un [[actor]] [[Teatro|teatral]], [[dramaturgo]] e [[Revolución Francesa|revolucionario francés]].



Revisión como estaba o 16 de xullo de 2016 ás 11:02

Fabre d'Églantine
Fabre d'Eglantine
Nome completoPhilippe François Nazaire Fabre
Nacemento28 de xullo de 1750
LugarCarcasona Francia
Falecemento5 de abril de 1795 (44 anos)
LugarParís
Causadecapitación
SoterradoCimetière des Errancis
NacionalidadeFrancia
Educado enCongregação dos Padres da Doutrina Cristã
Profesiónactor
Na rede
IMSLP: Category:Fabre_d'Églantine,_Philippe_François_Nazaire Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Philippe François Nazaire Fabre, nome verdadeiro de Fabre d'Églantine, nado o 28 de xullo de 1750 en Carcasona (Francia) e finado o 5 de abril de 1795 en París, foi un actor teatral, dramaturgo e revolucionario francés.

Biografía

Nado en Carcasona en xullo[1] de 1750, fillo de François Fabre, comerciante de tecidos, e de Anne-Catherine Fons, fixo os seus primeiros estudos en Limoux, a onde se trasladou a súa familia en 1757, e alí aprendeu grego, latín, música e debuxo. En 1771 entrou na congregación dos doutrinarios en Tolosa como ensinante. Nese ano participou nos xogos florais co Soneto á virxe, que foi premiado co "lirio de prata". Deixou case de súpeto a congregación para se unir a unha compañía de teatro ambulante. En 1772 actuou en Grenoble, en 1775 en Chalon-sur-Saône, en 1775 en Beauvais e en 1776 en Namur. En 1777 estivo en París, onde lle dedicou ao Conde de Buffon a Histoire naturelle et son étude dans le cours des Saisons, e logo en Sedan, onde intentou sen éxito pasar á dirección teatral, e en 1778 en Troyes e en Estrasburgo. O 9 de novembro de 1778 casou coa actriz Marie-Nicole Godin e o ano seguinte naceu o seu fillo Jules-Louis-Théodore-Vincent. A parella actuou entre 1779 e 1780 en Maastricht, onde o 12 de abril de 1779 Fabre d'Églantine debutou como protagonista con Le Misanthrope de Molière. O 7 de febreiro de 1780 púxose en escena a obra propia Laure et Pétrarque, opéra cómica nun acto con música de Frans Rouwijzer (1737-1827).

De 1780 a 1786 constinuou a actividade da súa compañía. O 23 de setembro de 1780, en Liège, representou Le Triomphe de Grétri; en 1783, en Xenebra, compuxo o poema La Treille de Genève e en Lióo representou a súa traxedia Augusta. En 1785 dirixiu o teatro de Nîmes e o 30 de xuño de 1786 actuou no teatro de Aviñón. En 1787 estableceuse en París, decidido a obter a consagración como autor dramático, pero ao principio as súas obras gozaron de escaso éxito: Les Gens de lettres ou le Poète provincial à Paris, comedia en cinco actos, cunha soa representación; Augusta, e Le Présomptueux, ou l'Heureux imaginaire, pola que mesmo se lle chegou a acusar de plaxio.

A Revolución

En 1789 rompeu coa súa parella e foi convivir coa actriz Caroline Remy, quen, entusiasta da Revolución, propagaba os seus principios gañando o favor do público.
Le Philinte de Molière ou la Suite du Misanthrope,
comedia en cinco actos representada o 22 de febreiro de 1790, obtivo un éxito importante. Fabre d'Églantine participou activamente na vida política parisina, iniciou unha colaboración co xornal Révolutions de Paris, de Camille Desmoulins, e intentou sen éxito ser elixido xuíz de paz en Chevreuse: un panfleto anónimo definiuno como "ávido de cartos, gastador e avaro, mal pai e mal marido".[2] E ao mesmo tempo continuaba a súa actividade como dramaturgo. O 20 de agosto de 1790 representouse Isabelle de Salisbury, comedia heroica e lírica en tres actos con música de Bernardo Mengozzi; o 28 de xaneiro de 1791 a súa primeira comedia en dous actos, Le Convalescent de qualité, ou l'Aristocrate, seguida en xuño por L'Intrigue épistolaire, e en xullo por L'Apothicaire. L'Héritière, ou les Champs et la Ville, comedia en cinco actos, foi representada o 5 de novembro de 1791, e Le Sot orgueilleux ou L'école des élections, púxose en escena o 7 de marzo de 1792. No verán de 1792, pouco antes da caída da monarquía, Fabre d'Églantine ofrecería a súa colaboración á Corte, aínda que só como engano e para obter cartos, como xa fixeran Danton e outros dantonistas.[3][4] Despois do 10 de agosto 1792, Danton, novo ministro de Xustiza, nomeouno secretario. 

Desde finais de agosto publicou o xornal Compte Rendu au Peuple Souverain. No cuarto numero apareceu un chamamento ao derramamento de sangue e no sétimo numero xustificou os masacres de setembro. Porén, logo de elixido o 16 de setembro dese mesmo 1792 pola Convención, chamou á concordia nacional. Votou a favor da morte de Luís XVI e rompeu cos Xirondinos logo da traizón de Dumouriez, lanzando contra el unha campaña xornalística desde a Gazette Nationale de France.

O 3 de xaneiro de 1793 formou parte do Comité de Guerra e foi enviado en misión a Seine-et-Oise e a Eure-et-Loir para o recrutamento de 300.000 homes. Substituído neste posto por Armand-Joseph Guffroy, o 26 de marzo entrou na Commisión de Saúde Pública. Foi tamén membro da comisión encargada de proxectar o novo calendario republicano francés e, en concreto, Fabre d'Églantine foi o creador da denominación dos días e dos meses.  Diversos episodios de denuncias, conspiracións, traizóns e corrupción levárono posteriormente á ruína económica e ao descrédito social e político.  Expulsado do club dos Xacobinos, Fabre d'Églantine foi arrestado o 12 de xaneiro de 1794 con cargos de extorsión e falsidade ideolóxica, e recluído na cadea en Luxemburgo. No seu procesamento defendeuse presentando un Compendio apoloxético no que negaba calquera responsabilidade. Fabre d'Églantine e outros acusados na mesma causa foron condenados a morte e posteriormente guillotinados, o día 5 de abril de 1794. O seu corpo foi enterrado no cemiterio de Errancis.

Notas

  1. A data precisa non se coñece.
  2. C. Wolikow, Fabre d'Egantine, 2006, p. 429.
  3. L. A. Saint-Just, Rapport au nom du Comité de salut public et du Comité de sûreté général, 31 de marzo de 1794, en Oeuvres complètes, 2004, pp. 715-720.
  4. A. F. B. Molleville, Histoire de la Révolution de France pendant les dernières années du règne de Louis XVI, vol. 9, 1802, pp. 181-182.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Albert Mathiez, La conspiration de l'étranger, París, Armand Colin, 1918
  • Albert Mathiez, L'Affaire de la Compagnie des Indes, París, Félix Alcan, 1920
  • Corinne Wolikow, Fabre d'Églantine, en VVAA., Dictionnaire historique de la Révolution française, París, PUF, 2006, pp. 429–430 ISBN 2-13-053605-0
  • Raymonde Monnier, Conspiration de l'étranger, en VVAA, Dictionnaire historique de la Révolution française, París, PUF, 2006, p. 280
  • François Hinckler, L'Affaire de la Compagnie des Indes, in VVAA, Dictionnaire historique de la Révolution française, París, PUF, 2006, p. 272

Ligazons externas