Diferenzas entre revisións de «Darwinismo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
* A noción de que as especies se diversifican, por adaptación a ambientes ou modos de vida diferenciados, ramificándose. O outro aspecto do mesmo fenómeno é que todas as especies están emparentadas, aínda que en graos distintos, e en último termo todas as especies teñen a súa orixe común nun remoto [[antepasado común]] único. Desta convición deriva a de que é obrigado intentar clasificar as especies polo seu parentesco ([[filoxenia]]), criterio que debe pasar por encima de calquera outro. Darwin desconfiaba de que este ideal fose alcanzable, aínda que o desenvolvemento recente da [[análise filoxenética]] con ferramentas xenéticas está aproximándose a iso.
* A adaptación ao ambiente que motiva o cambio evolutivo, segundo fora xa proposto con anterioridade por outros autores, como [[Lamarck]], debía ter o seu mecanismo na [[selección natural]], concibida como o resultado de dous factores. Estes son, por un lado, a variabilidade natural hereditaria dos individuos dunha especie e, por outro, a taxa diferencial de éxito reprodutivo, dependente tamén da taxa de supervivencia, entre as distintas variantes xenéticas presentes na poboación.
 
== O materialismo implícito na teoría de Darwin ==
 
A teoría proposta por Darwin da evolución das especies por medio da selección natural das variacións xenéticas leva implícita unha visión dos seres vivos que se pode clasificar como [[materialismo|materialista]].<ref>[http://www.medicinayhumanidades.cl/ediciones/n22009/08_Implicaciones.pdf «Las implicaciones materialistas de la teoría de Darwin»], artigo de M. López Corredoira na revista ''Medicina y Humanidades'', 2, 08.</ref>
O ser humano non ocupa ningún lugar privilexiado dentro do mundo vivo. As causas finais non encontran acomodo no mecanicismo darwiniano. Non hai lugar na teoría evolutiva para a emerxencia dunha «[[mente]]» no sentido dualista, pois a xeración e evolución dos sistemas nerviosos son procesos estritamente biolóxicos e, por tanto, físicos.
 
== Influencias na formulación das teorías de Darwin ==
191.150

edicións

Menú de navegación