Diferenzas entre revisións de «Darwinismo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
 
O uso do termo variará conforme as diversas teorías e subteorías que contiñan os postulados que foron pouco a pouco sendo aceptados, para despois seren matizados, corrixidos e completados ata a formulación, na década de 1940 a 1950, da [[síntese evolutiva moderna]]. Desde entón pode dicirse que o [[paradigma (ciencia)|paradigma]] darwinista resiste fronte aos ataques sufridos, e o reducionismo, a súa formulación básica está vixente e parece que pode durar: a evolución é o resultado da variación xenética e do seu ordenamento mediante a eliminación e a selección.<ref name=Mayr/>
 
Hoxe, xeralmente o termo darwinismo úsase de forma neutra dentro da comunidade científica para distinguir a teoría evolutiva antiga inicialmente proposta por Darwin da teoría evolutiva da síntese moderna, ás veces chamada "neodarwinismo". O darwinismo tamén o usan os historiadores para referirse ás teorías evolutivas dun determinado período. Por exemplo, o darwinismo pode usarse para referirse aos mecanismos propostos por Darwin de selección natural, en comparación con mecanismos máis recentes como a [[deriva xenética]] e o [[fluxo xénico]] incorporados á teoría. Tamén se usa para contrapoñer as teorías evolutivas de Darwin con outras teorías evolutivas anteriores como o [[lamarckismo]].
 
== Bases do darwinismo ==
191.150

edicións

Menú de navegación