Diferenzas entre revisións de «Darwinismo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
O '''darwinismo'''<ref>{{DRAG|darwinismo}}</ref> é o termo co que se describen as ideas de [[Charles Darwin]], especialmente en relación á [[evolución biolóxica]] por [[selección natural]].
 
O darwinismo, tal como se entende hoxe, non é sinónimo de [[evolucionismo]], xa que este último é anterior a [[Charles Darwin]]: as teorías darwinistas son evolucionistas, pero a súa contribución clave é o concepto de [[selección natural]] considerado determinante para explicar a causa da evolución,<ref>Javier Sampedro: ''Deconstruyendo a Darwin'' (pág. 22). Crítica, 2002. ISBN 978-84-8432-910-7.</ref> e que no seu posterior desenvolvemento, con numerosas achegas e correccións, permitirá a formulación da teoría da evolución actual ou [[síntese evolutiva moderna]]. Por tanto, estritamente falando, é igualmente equivocado usar o termo «darwinismo» para referirse á actual teoría da [[evolución]], xa que esta non se reduce só ás ideas postuladas por Charles Darwin. Os nomes que se lle deu á teoría da evolución moderna despois do darwinismo foron neodarwinismo e síntese evolutiva moderna ou recentemente síntese evolutiva moderna ampliada.
 
O termo ''darwinismo'' foi acuñado polo biólogo inglés [[Thomas Henry Huxley]] en abril de 1860.<ref name="westminster">{{cite journal |last=Huxley |first=T.H. |authorlink=Thomas Henry Huxley |date=April 1860 |title=ART. VIII.—Darwin on the Origin of Species |url=http://darwin-online.org.uk/content/frameset?viewtype=side&itemID=A32&pageseq=29 |journal=[[Westminster Review]] |type=Book review |location=London |publisher=Baldwin, Cradock, and Joy |volume=17 |pages=541–570 |accessdate=2008-06-19 |quote=What if the orbit of Darwinism should be a little too circular?}}</ref> Usouse inicialmente para describir conceptos evolutivos en xeral, incluíndo os conceptos iniciais publicados polo filósofo inglés [[Herbert Spencer]]. Moitos dos propoñentes do darwinismo naquela época, incluíndo Huxley, tiñan algunhas reservas sobre o significado de selección naural, e o propio Darwin deu en determinada época certo creto ao [[lamarckismo]]. O estrito [[neodarwinismo]] do biólogo evolutivo alemán [[August Weismann]] foi gañando partidarios a finais do século XIX. Durante o período de 1880 a 1920, que ás veces se denomina "[[a eclipse do darwinismo]]", os científicos propuxeron varios mecanismos evolutivos alternativos que finalmente se probou que eran insostibles. O desenvolvemento da [[síntese evolutiva moderna]] entre as décadas de 1930 e de 1950, incorporou á selección natural a [[xenética de pobaocións]] e a [[xenética mendeliana]], e fixo revivir o darwinismo nunha forma actualizada.<ref name="b222">{{harvnb|Bowler|2003|pp=179, 222–225, 338–339, 347}}</ref>
191.165

edicións

Menú de navegación