Diferenzas entre revisións de «Darwinismo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
 
En realidade, o termo darwinismo xa se usou antes de Charles Darwin, xa que o seu antepasado [[Eramus Darwin]] no [[século XVIII]] publicara traballos sobre evolución que foron denominados "darwinismo". Pero o termo non se fixo famoso ata que Charles darwin escribiu en 1859 o seu libro ''On the Origin of Species'' e en 1860 Thomas Henry Huxley o utilizou para referirse a ese traballo na súa ''[[Westminster Review]]''.<ref name="urlThe Huxley File § 4 Darwins Bulldog">{{cite web |url=http://aleph0.clarku.edu/huxley/guide4.html |title=Darwin's Bulldog |last1=Blinderman |first1=Charles |last2=Joyce |first2=David |website=The Huxley File |publisher=[[Clark University]] |location=Worcester, MA |accessdate=2008-06-29}}</ref>
 
"Darwinismo" axiña se empezou a usar para referirse a unha ampla gama de filosofías evolutivas tanto sobre bioloxía coma sobre a sociedade. Un dos enfoques máis famosos que se fixo do termo foi o que se resume na frase de 1864 de [[Herbert Spencer]] "[[supervivencia dos máis fortes]]", que despois se faría emblemática do darwinismo. En realidade a comprensión particular de Spencer da evolución (como a expresou en 1857, antes da publicación de ''On the origin of Species'' de Darwin) era máis similar á de [[Jean-Baptiste Lamarck]] que á de Darwin. O que se chama hoxe "[[darwinismo social]]" foi, no seu día, sinónimo de darwinismo, e consiste na aplicación dos principios darwinistas da "loita pola supervivencia" á sociedade, xeralmente para apoiar unha axenda política antifilantrópica.
 
Nos tempos de Charles Darwin non había unha ríxida definición do termo "darwinismo", e usábano tanto os partidarios coma os opoñentes da teoría biolóxica de Darwin para significar o que cada un quería nun amplo contexto. Estas ideas tiveron influencia internacional e [[Ernst Haeckel]] desenvolveu en Alemaña o seu ''Darwinismus'', que en realidade non se parecía moito á teoría de Darwin e non estaba centrado na selección natural.<ref>Schmitt S. (2009). ''Haeckel: A German Darwinian?'' Comptes Rendus Biologies: 332: 110-118.</ref>
 
[Àlfred Wallace]] no seu libro ''[[Darwinism]]'' (1889) usou o termo ''darwinismo puro'', que propoñía unha "maior eficacia" da [[selección natural]].<ref>Wallace, Alfred Russel. (1889). [https://archive.org/stream/darwinismexposit00walluoft#page/n11/mode/2up ''Darwinism: An Exposition of the Theory of Natural Selection, with Some of Its Applications'']. Macmillan and Company.</ref><ref>Heilbron, John L. (2003). ''The Oxford Companion to the History of Modern Science''. OUP USA. p. 203. ISBN 978-0195112290</ref> [[George Romanes]] denomiou esta teoría "Wallacismo", indicando que, a diferenza de Darwin, esta posición avogaba por unha "teoría pura da selección natural con exclusión de calquera teoría suplementaria."<ref>Romanes, John George. (1906). [https://archive.org/stream/darwinafterdarwi02romabost#page/12/mode/2up "Darwin and After Darwin: An Exposition of the Darwinian Theory and a Discussion of Post-Darwinian Questions"]. ''Volume 2: Heredity and Utility''. The Open Court Publishing Company. p. 12</ref><ref>Costa, James T. (2014). ''Wallace, Darwin, and the Origin of Species''. Harvard University Press. p. 274. ISBN 978-0674729698</ref> Romanes propoñía que inflúían tanto a selección natural coma a [[herdanza dos caracteres adquiridos]].<ref>Bolles, R. C; Beecher, M. D. (1987). ''Evolution and Learning''. Psychology Press. p. 45. ISBN 978-0898595420</ref> Romanes' definition of Darwinism conformed directly with Darwin's views and was contrasted with Wallace's definition of the term.<ref>Elsdon-Baker, F. (2008). ''Spirited dispute: the secret split between Wallace and Romanes''. Endeavour 32(2): 75-78</ref>
 
Para o [[biólogo evolutivo]] [[Ernst Mayr]] o termo «darwinismo» ten ao longo da historia e desde 1859 (ano de publicación da obra de Darwin ''[[On the Origin of Species]]'') polo menos nove usos diferentes. Ao principio o darwinismo só significaba anticreacionismo.<ref name=Mayr>Ernst Mayr: ''Por qué es única la biología: consideraciones sobre la autonomía de una disciplina científica'' (páx. 153 e 167). José María Lebrón (tradutor). Buenos Aires: Katz, 2006. ISBN 978-84-609-8356-9.</ref>
191.143

edicións

Menú de navegación