Darwinismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 38: Liña 38:
== Influencias na formulación das teorías de Darwin ==
== Influencias na formulación das teorías de Darwin ==


As formulacións que Darwin fai das súas teorías foron influídas en gran medida por unha linguaxe aprendida de sociólogos ou publicistas (politólogos), como [[Thomas Malthus]] e [[Herbert Spencer]]. Como o propio [[Alfred Russel Wallace]] recoñeceu, a lectura de [[Thomas Malthus|Malthus]] foi decisiva para a formulación da teoría da selección natural. As ideas malthusianas coñecíanse e discutíanse nos ambientes intelectuais da época. Conceptos como competencia, loita pola vida e sobrepoboación, que aparecen en ''[[Ensaio sobre o principio da poboación]]'' de [[Thomas Malthus]], serviron tanto a [[Alfred Russel Wallace]] coma a Darwin para dar forma ás súas teorías.
As formulacións que Darwin fai das súas teorías foron influídas en gran medida por unha linguaxe aprendida de sociólogos ou politólogos, como [[Thomas Malthus]] e [[Herbert Spencer]]. Como o propio [[Alfred Russel Wallace]] recoñeceu, a lectura de [[Thomas Malthus|Malthus]] foi decisiva para a formulación da teoría da selección natural. As ideas malthusianas coñecíanse e discutíanse nos ambientes intelectuais da época. Conceptos como competencia, loita pola vida e sobrepoboación, que aparecen en ''[[Ensaio sobre o principio da poboación]]'' de [[Thomas Malthus]], serviron tanto a [[Alfred Russel Wallace]] coma a Darwin para dar forma ás súas teorías.


== O darwinismo social ==
== O darwinismo social ==

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2016 ás 18:27

Charles Darwin en 1880, aos 71 anos (dous anos antes da súa morte). A repercusión da teoría da evolución por selección natural aparecida en 1859 coa publicación de On the Origin of Species xa era unha realidade que revolucionou numerosos campos da ciencia.

O darwinismo[1] é o termo co que se describen as ideas de Charles Darwin, especialmente en relación á evolución biolóxica por selección natural.

O darwinismo, tal como se entende hoxe, non é sinónimo de evolucionismo, xa que este último é anterior a Charles Darwin: as teorías darwinistas son evolucionistas, pero a súa contribución clave é o concepto de selección natural considerado determinante para explicar a causa da evolución[2] e que no seu posterior desenvolvemento, con numerosas achegas e correccións, permitirá a formulación da teoría da evolución actual ou síntese evolutiva moderna. Por tanto, estritamente falando, é igualmente equivocado usar o termo «darwinismo» para referirse á actual teoría da evolución, xa que esta non se reduce só ás ideas postuladas por Charles Darwin. Os nomes que se lle deu á teoría da evolución moderna despois do darwinismo foron neodarwinismo e síntese evolutiva moderna ou recentemente síntese evolutiva moderna ampliada.

O termo darwinismo foi acuñado polo biólogo inglés Thomas Henry Huxley en abril de 1860.[3] Usouse inicialmente para describir conceptos evolutivos en xeral, incluíndo os conceptos iniciais publicados polo filósofo inglés Herbert Spencer. Moitos dos propoñentes do darwinismo naquela época, incluíndo Huxley, tiñan algunhas reservas sobre o significado de selección naural, e o propio Darwin deu en determinada época certo creto ao lamarckismo. O estrito neodarwinismo do biólogo evolutivo alemán August Weismann foi gañando partidarios a finais do século XIX. Durante o período de 1880 a 1920, que ás veces se denomina "a eclipse do darwinismo", os científicos propuxeron varios mecanismos evolutivos alternativos que finalmente se probou que eran insostibles. O desenvolvemento da síntese evolutiva moderna entre as décadas de 1930 e de 1950, incorporou á selección natural a xenética de pobaocións e a xenética mendeliana, e fixo revivir o darwinismo nunha forma actualizada.[4]

Deste modo o darwinismo converteuse nun termo inapropiado para a moderna teoría evolutiva, xa que incorporou moitas ideas e coñecementos descoñecidos anteriormente.[5][6]

En Estados Unidos, os creacionistas a miúdo usan o termo "darwinismo" como un temo pexorativo ligándoo a crenzas como o materialismo científico, pero en Europa o termo non ten connotacións negativas, e úsase como unha forma abreviada de refereirse á teoría da evolución por selección natural, aínda que se usen tamén os termos novos (síntese evolutiva moderna).[5]

Historia do darwinismo

T. H. Huxley, o máis importante polemista a favor do darwinismo durante a Era vitoriana.

En realidade, o termo darwinismo xa se usou antes de Charles Darwin, xa que o seu antepasado Eramus Darwin no século XVIII publicara traballos sobre evolución que foron denominados "darwinismo". Pero o termo non se fixo famoso ata que Charles darwin escribiu en 1859 o seu libro On the Origin of Species e en 1860 Thomas Henry Huxley o utilizou para referirse a ese traballo na súa Westminster Review.[7]

Para o biólogo evolutivo Ernst Mayr o termo «darwinismo» ten ao longo da historia e desde 1859 (ano de publicación da obra de Darwin On the Origin of Species) polo menos nove usos diferentes. Ao principio o darwinismo só significaba anticreacionismo.[8] Se alguén explicaba o cambio evolutivo acudindo a causas naturais e non divinas era tachado de «darwinista» (por exemplo, Thomas Henry Huxley e Charles Lyell).

O uso do termo variará conforme as diversas teorías e subteorías que contiñan os postulados que foron pouco a pouco sendo aceptados, para despois seren matizados, corrixidos e completados ata a formulación, na década de 1940 a 1950, da síntese evolutiva moderna. Desde entón pode dicirse que o paradigma darwinista resiste fronte aos ataques sufridos, e o reducionismo, a súa formulación básica está vixente e parece que pode durar: a evolución é o resultado da variación xenética e do seu ordenamento mediante a eliminación e a selección.[8]

Bases do darwinismo

As concepcións evolucionistas de Darwin constitúen un complexo sistema teórico, un conxunto de teorías relacionadas, máis que unha teoría singular. O núcleo desas concepcións segue conservando toda a súa validez, a pesar da súa natural insuficiencia e dalgún erro significativo, sobre todo na súa explicación da herdanza a través de panxénese. No darwinismo hai tres eixes teóricos que explican distintos aspectos da realidade biolóxica.

  • O transformismo, que é a noción de que as especies van cambiando as súas características ao longo do tempo dunha maneira fundamentalmente gradual. O que agora designa o termo evolucionismo foi sinalado durante moito tempo, ata ben entrado o século XX, como transformismo.
  • A noción de que as especies se diversifican, por adaptación a ambientes ou modos de vida diferenciados, ramificándose; o outro aspecto do mesmo fenómeno é que todas as especies están emparentadas, aínda que en graos distintos, e en último termo todas as especies teñen a súa orixe común nun remoto antepasado común único. Desta convición deriva a de que é obrigado intentar clasificar as especies polo seu parentesco (filoxenia), criterio que debe pasar por encima de calquera outro. Darwin desconfiaba de que este ideal fose alcanzable, aínda que o desenvolvemento recente da análise filoxenética con ferramentas xenéticas está aproximándose a iso.
  • A adaptación ao ambiente que motiva o cambio evolutivo, segundo fora xa proposto con anterioridade por outros autores, como Lamarck, debía ter o seu mecanismo na selección natural, concibida como o resultado de dous factores. Estes son, por un lado, a variabilidade natural hereditaria dos individuos dunha especie e, por outro, a taxa diferencial de éxito reprodutivo, dependente tamén da taxa de supervivencia, entre as distintas variantes xenéticas presentes na poboación.

O materialismo implícito na teoría de Darwin

A teoría proposta por Darwin da evolución das especies por medio da selección natural das variacións xenéticas leva implícita unha visión dos seres vivos que se pode clasificar como materialista.[9] O ser humano non ocupa ningún lugar privilexiado dentro do mundo vivo. As causas finais non encontran acomodo no mecanicismo darwiniano. Non hai lugar na teoría evolutiva para a emerxencia dunha «mente» no sentido dualista, pois a xeración e evolución dos sistemas nerviosos son procesos estritamente biolóxicos e, por tanto, físicos.

Influencias na formulación das teorías de Darwin

As formulacións que Darwin fai das súas teorías foron influídas en gran medida por unha linguaxe aprendida de sociólogos ou politólogos, como Thomas Malthus e Herbert Spencer. Como o propio Alfred Russel Wallace recoñeceu, a lectura de Malthus foi decisiva para a formulación da teoría da selección natural. As ideas malthusianas coñecíanse e discutíanse nos ambientes intelectuais da época. Conceptos como competencia, loita pola vida e sobrepoboación, que aparecen en Ensaio sobre o principio da poboación de Thomas Malthus, serviron tanto a Alfred Russel Wallace coma a Darwin para dar forma ás súas teorías.

O darwinismo social

Artigo principal: Darwinismo social.

En pleno auxe da teoría da selección natural proposta por Charles Darwin, e tralas controversias iniciais, o concepto da selección natural e as relacións interespecíficas foron trasladadas ás relacións sociais; porén, non existe un método claro de aplicar esta teoría biolóxica o funcionamento da sociedade humana, e, así, baixo o trmo pexorativo de "darwinismo social" calificáronse ideoloxías, moitas veces contrapostas que, o mesmo podían defender o laissez faire que o socialismo de estado, o imperialismo ou a euxenesia a escala local. Moitas destas tendencias teñen pouco que ver coas ideas de Darwin quen, certamente, defendeu a euxenesia voluntaria no seu libro "The Descent of Man, and Selection in Relation to Sex"; pero non por imposición.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para darwinismo.
  2. Javier Sampedro: Deconstruyendo a Darwin (pág. 22). Crítica, 2002. ISBN 978-84-8432-910-7.
  3. Huxley, T.H. (April 1860). "ART. VIII.—Darwin on the Origin of Species". Westminster Review (Book review) (London: Baldwin, Cradock, and Joy) 17: 541–570. Consultado o 2008-06-19. What if the orbit of Darwinism should be a little too circular? 
  4. Bowler 2003, pp. 179, 222–225, 338–339, 347
  5. 5,0 5,1 Scott, Eugenie C.; Branch, Glenn (16 January 2009). "Don't Call it 'Darwinism'". Evolution: Education and Outreach (New York: Springer Science+Business Media) 2 (1): 90–94. ISSN 1936-6426. doi:10.1007/s12052-008-0111-2. 
  6. Judson, Olivia (15 July 2008). "Let's Get Rid of Darwinism". The New York Times (New York: The New York Times Company). ISSN 0362-4331. Consultado o 2015-11-16. 
  7. Blinderman, Charles; Joyce, David. "Darwin's Bulldog". The Huxley File. Worcester, MA: Clark University. Consultado o 2008-06-29. 
  8. 8,0 8,1 Ernst Mayr: Por qué es única la biología: consideraciones sobre la autonomía de una disciplina científica (páx. 153 e 167). José María Lebrón (tradutor). Buenos Aires: Katz, 2006. ISBN 978-84-609-8356-9.
  9. «Las implicaciones materialistas de la teoría de Darwin», artigo de M. López Corredoira na revista Medicina y Humanidades, 2, 08.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Bibliografía antidarwinista

  • Monzón Martín, Bienvenido, y cinco teólogos sinodales anónimos: Refutación del darwinismo. Condena del discurso herético pronunciado en Granada por un catedrático de Historia Natural. [1872]. Edición de Juan José Antequera Luengo. Sevilla: Facediciones, 2010. Alegato do arcebispo de Granada contra o Dr. Rafael García Álvarez, quen leu o seu discurso a favor das leis evolucionistas de Darwin na apertura do curso 1872-1873 no Instituto de Segunda Ensinanza de Sevilla.

Ligazóns externas