Diferenzas entre revisións de «Darwinismo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
 
O darwinismo non é sinónimo de [[evolucionismo]], xa que este último é anterior a [[Charles Darwin]]: as teorías darwinistas son evolucionistas, pero a súa contribución clave é o concepto de [[selección natural]] considerado determinante para explicar a causa da evolución<ref>Javier Sampedro: ''Deconstruyendo a Darwin'' (pág. 22). Crítica, 2002. ISBN 978-84-8432-910-7.</ref> e que no seu posterior desenvolvemento, con numerosas achegas e correccións, permitirá a formulación da teoría da evolución actual ou [[síntese evolutiva moderna]]. Por tanto, estritamente falando, é igualmente equivocado usar o termo «darwinismo» para referirse á actual teoría da [[evolución]], xa que esta non se reduce só ás ideas postuladas por Charles Darwin. Os nomes que se lle deu á teoría da evolución moderna despois do darwinismo foron neodarwinismo e síntese evolutiva moderna ou recentemente síntese evolutiva moderna ampliada.
 
O termo ''darwinismo'' foi acuñado polo biólogo inglés [[Thomas Henry Huxley]] en abril de 1860.<ref name="westminster">{{cite journal |last=Huxley |first=T.H. |authorlink=Thomas Henry Huxley |date=April 1860 |title=ART. VIII.—Darwin on the Origin of Species |url=http://darwin-online.org.uk/content/frameset?viewtype=side&itemID=A32&pageseq=29 |journal=[[Westminster Review]] |type=Book review |location=London |publisher=Baldwin, Cradock, and Joy |volume=17 |pages=541–570 |accessdate=2008-06-19 |quote=What if the orbit of Darwinism should be a little too circular?}}</ref> Usouse para describir conceptos evolutivos en xeral, incluíndo os conceptos iniciais publicados polo filósofo inglés [[Herbert Spencer]]. Moitos dos propoñentes do darwinismo naquela época, incluíndo Huxley, tiñan algunhas reservs sobre o significado de selección naural, e opropio Darwin daba certo creto ao [[lamarckismo]]. O estrito [[neodarwinismo]] do biólogo evolutivo alemán [[August Weismann]] foi gañando partidarios a finais do século XIX. Duranto o período de 1880 a 1920, que á veces se denomina "[[a eclipse do darwinismo]]", os científicos propuxeron varios mecanismos evolutivos alternativos que finalmente se probou que eran insostibles. O desenvolvemento da [[síntese evolutiva moderna]] entre as décadas de 1930 e de 1950, incorporou á selección natural a [[xenética de pobaocións]] e a [[xenética mendeliana]], e fixo revivir o darwinismo nunha forma actualizada.<ref name="b222">{{harvnb|Bowler|2003|pp=179, 222–225, 338–339, 347}}</ref>
 
Deste modo o ''darwinismo'' converteuse nun termo inapropiado para a moderna teoría evolutiva.<ref name="Scott Branch 09">{{cite journal |last1=Scott |first1=Eugenie C. |authorlink1=Eugenie Scott |last2=Branch |first2=Glenn |authorlink2=Glenn Branch |date=16 January 2009 |title=Don't Call it 'Darwinism' |journal=Evolution: Education and Outreach |publisher=[[Springer Science+Business Media]] |location=New York |volume=2 |issue=1 |pages=90–94 ||doi=10.1007/s12052-008-0111-2 |issn=1936-6426}}</ref><ref>{{cite news |last=Judson |first=Olivia |authorlink=Olivia Judson |date=15 July 2008 |title=Let's Get Rid of Darwinism |url=http://judson.blogs.nytimes.com/2008/07/15/lets-get-rid-of-darwinism/ |newspaper=[[The New York Times]] |location=New York |publisher=[[The New York Times Company]] |issn=0362-4331 |accessdate=2015-11-16}}</ref>
 
En Estados Unidos, os creacionistas a miúdo usan o termo "darwinismo" como un temo pexorativo ligándoo a crenzas como o [[naturalismo metafísico|materialismo científico]], pero en Europa o temo non ten connotacións negativas, e úsase como unha forma abreviada de refereirse á teoría da evolución por selección natural, aínda que se usen tamén os termos novos (síntese evolutiva moderna).<ref name="Scott Branch 09" />
 
== Historia do darwinismo ==
 
[[Ficheiro:Thomas Henry Huxley.jpg|miniatura|[[Thomas Henry Huxley|T. H. Huxley]], o máis importante polemista a favor do darwinismo durante a [[Era vitoriana]].]]
 
En realidade, o termo darwinismo xa se usou antes de Charles Darwin, xa que o seu antepasado [[Eramus Darwin]] no [[século XVIII]] publicara traballos sobre evolución que foron denominados "darwinismo". Pero o termo non se fixo famoso ata que Charles darwin escribiu en 1859 o seu libro ''On the Origin of Species'' e en 1860 Thomas Henry Huxley o utilizou para referirse a ese traballo na súa ''[[Westminster Review]]''.<ref name="urlThe Huxley File § 4 Darwins Bulldog">{{cite web |url=http://aleph0.clarku.edu/huxley/guide4.html |title=Darwin's Bulldog |last1=Blinderman |first1=Charles |last2=Joyce |first2=David |website=The Huxley File |publisher=[[Clark University]] |location=Worcester, MA |accessdate=2008-06-29}}</ref>
 
Para o [[biólogo evolutivo]] [[Ernst Mayr]] o termo «darwinismo» ten ao longo da historia e desde 1859 (ano de publicación da obra de Darwin ''[[On the Origin of Species]]'') polo menos nove usos diferentes. Ao principio o darwinismo só significaba anticreacionismo.<ref name=Mayr>Ernst Mayr: ''Por qué es única la biología: consideraciones sobre la autonomía de una disciplina científica'' (páx. 153 e 167). José María Lebrón (tradutor). Buenos Aires: Katz, 2006. ISBN 978-84-609-8356-9.</ref>
Se alguén explicaba o cambio evolutivo acudindo a causas naturais e non divinas era tachado de «darwinista» (por exemplo, [[Thomas Henry Huxley]] e [[Charles Lyell]]).
 
O uso do termo variará conforme as diversas teorías e subteorías que contiñan os postulados que foron pouco a pouco sendo aceptados, para despois serseren matizados, corrixidos e completados ata a formulación, na década de 1940 a 1950, da [[síntese evolutiva moderna]]. Desde entón pode dicirse que o [[paradigma (ciencia)|paradigma]] darwinista resiste fronte aos ataques sufridos, e o reducionismo, a súa formulación básica está vixente e parece que pode durar: a evolución é o resultado da variación xenética e do seu ordenamento mediante a eliminación e a selección.<ref name=Mayr/>
 
== Bases do darwinismo ==
191.165

edicións

Menú de navegación