Darwinismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:
O '''darwinismo'''<ref>{{DRAG|darwinismo}}</ref> é o termo co que se describen as ideas de [[Charles Darwin]], especialmente en relación á [[evolución biolóxica]] por [[selección natural]].
O '''darwinismo'''<ref>{{DRAG|darwinismo}}</ref> é o termo co que se describen as ideas de [[Charles Darwin]], especialmente en relación á [[evolución biolóxica]] por [[selección natural]].


O darwinismo non é sinónimo de [[evolucionismo]], xa que este último é anterior a [[Charles Darwin]]: as teorías darwinistas son evolucionistas, pero a súa contribución clave é o concepto de [[selección natural]] considerado determinante para explicar a causa da evolución<ref>Javier Sampedro: ''Deconstruyendo a Darwin'' (pág. 22). Crítica, 2002. ISBN 978-84-8432-910-7.</ref> e que no seu posterior desenvolvemento, con numerosas achegas e correccións, permitirá a formulación da teoría da evolución actual ou [[síntese evolutiva moderna]]. Por tanto, estritamente falando, é igualmente equivocado usar o termo «darwinismo» para referirse á actual teoría da [[evolución]], xa que esta non se reduce só ás ideas postuladas por Charles Darwin. Os nomes que se lle deu á teoría da evolución moderna despois do darwinismo foi neodarwinismo e síntese evolutiva moderna ou recentemente síntese evolutiva moderna ampliada.
O darwinismo non é sinónimo de [[evolucionismo]], xa que este último é anterior a [[Charles Darwin]]: as teorías darwinistas son evolucionistas, pero a súa contribución clave é o concepto de [[selección natural]] considerado determinante para explicar a causa da evolución<ref>Javier Sampedro: ''Deconstruyendo a Darwin'' (pág. 22). Crítica, 2002. ISBN 978-84-8432-910-7.</ref> e que no seu posterior desenvolvemento, con numerosas achegas e correccións, permitirá a formulación da teoría da evolución actual ou [[síntese evolutiva moderna]]. Por tanto, estritamente falando, é igualmente equivocado usar o termo «darwinismo» para referirse á actual teoría da [[evolución]], xa que esta non se reduce só ás ideas postuladas por Charles Darwin. Os nomes que se lle deu á teoría da evolución moderna despois do darwinismo foron neodarwinismo e síntese evolutiva moderna ou recentemente síntese evolutiva moderna ampliada.


== Historia do darwinismo ==
== Historia do darwinismo ==

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2016 ás 17:23

Charles Darwin en 1880, aos 71 anos (dous anos antes da súa morte). A repercusión da teoría da evolución por selección natural aparecida en 1859 coa publicación de On the Origin of Species xa era unha realidade que revolucionou numerosos campos da ciencia.

O darwinismo[1] é o termo co que se describen as ideas de Charles Darwin, especialmente en relación á evolución biolóxica por selección natural.

O darwinismo non é sinónimo de evolucionismo, xa que este último é anterior a Charles Darwin: as teorías darwinistas son evolucionistas, pero a súa contribución clave é o concepto de selección natural considerado determinante para explicar a causa da evolución[2] e que no seu posterior desenvolvemento, con numerosas achegas e correccións, permitirá a formulación da teoría da evolución actual ou síntese evolutiva moderna. Por tanto, estritamente falando, é igualmente equivocado usar o termo «darwinismo» para referirse á actual teoría da evolución, xa que esta non se reduce só ás ideas postuladas por Charles Darwin. Os nomes que se lle deu á teoría da evolución moderna despois do darwinismo foron neodarwinismo e síntese evolutiva moderna ou recentemente síntese evolutiva moderna ampliada.

Historia do darwinismo

T. H. Huxley, o máis importante polemista a favor do darwinismo durante a Era vitoriana.

Para o biólogo evolutivo Ernst Mayr o termo «darwinismo» ten ao longo da historia e desde 1859 (ano de publicación da obra de Darwin On the Origin of Species) polo menos nove usos diferentes. Ao principio o darwinismo só significaba anticreacionismo.[3] Se alguén explicaba o cambio evolutivo acudindo a causas naturais e non divinas era tachado de «darwinista» (por exemplo, Thomas Henry Huxley e Charles Lyell).

O uso do termo variará conforme as diversas teorías e subteorías que contiñan os postulados que foron pouco a pouco sendo aceptados, para despois ser matizados, corrixidos e completados ata a formulación, na década de 1940 a 1950, da síntese evolutiva moderna. Desde entón pode dicirse que o paradigma darwinista resiste fronte aos ataques sufridos, e o reducionismo, a súa formulación básica está vixente e parece que pode durar: a evolución é o resultado da variación xenética e do seu ordenamento mediante a eliminación e a selección.[3]

Bases do darwinismo

As concepcións evolucionistas de Darwin constitúen un complexo sistema teórico, un conxunto de teorías relacionadas, máis que unha teoría singular. O núcleo desas concepcións segue conservando toda a súa validez, a pesar da súa natural insuficiencia e dalgún erro significativo, sobre todo na súa explicación da herdanza a través de panxénese. No darwinismo hai tres eixes teóricos que explican distintos aspectos da realidade biolóxica.

  • O transformismo, que é a noción de que as especies van cambiando as súas características ao longo do tempo dunha maneira fundamentalmente gradual. O que agora designa o termo evolucionismo foi sinalado durante moito tempo, ata ben entrado o século XX, como transformismo.
  • A noción de que as especies se diversifican, por adaptación a ambientes ou modos de vida diferenciados, ramificándose; o outro aspecto do mesmo fenómeno é que todas as especies están emparentadas, aínda que en graos distintos, e en último termo todas as especies teñen a súa orixe común nun remoto antepasado común único. Desta convición deriva a de que é obrigado intentar clasificar as especies polo seu parentesco (filoxenia), criterio que debe pasar por encima de calquera outro. Darwin desconfiaba de que este ideal fose alcanzable, aínda que o desenvolvemento recente da análise filoxenética con ferramentas xenéticas está aproximándose a iso.
  • A adaptación ao ambiente que motiva o cambio evolutivo, segundo fora xa proposto con anterioridade por outros autores, como Lamarck, debía ter o seu mecanismo na selección natural, concibida como o resultado de dous factores. Estes son, por un lado, a variabilidade natural hereditaria dos individuos dunha especie e, por outro, a taxa diferencial de éxito reprodutivo, dependente tamén da taxa de supervivencia, entre as distintas variantes xenéticas presentes na poboación.

O materialismo implícito na teoría de Darwin

A teoría proposta por Darwin da evolución das especies por medio da selección natural das variacións xenéticas leva implícita unha visión dos seres vivos que se pode clasificar como materialista.[4] O ser humano non ocupa ningún lugar privilexiado dentro do mundo vivo. As causas finais non encontran acomodo no mecanicismo darwiniano. Non hai lugar na teoría evolutiva para a emerxencia dunha «mente» no sentido dualista, pois a xeración e evolución dos sistemas nerviosos son procesos estritamente biolóxicos e, por tanto, físicos.

Influencias na formulación das teorías de Darwin

As formulacións que Darwin fai das súas teorías foron influídas en gran medida por unha linguaxe aprendida de sociólogos ou publicistas (politólogos), como Thomas Malthus e Herbert Spencer. Como o propio Alfred Russel Wallace recoñeceu, a lectura de Malthus foi decisiva para a formulación da teoría da selección natural. As ideas malthusianas coñecíanse e discutíanse nos ambientes intelectuais da época. Conceptos como competencia, loita pola vida e sobrepoboación, que aparecen en Ensaio sobre o principio da poboación de Thomas Malthus, serviron tanto a Alfred Russel Wallace coma a Darwin para dar forma ás súas teorías.

O darwinismo social

Artigo principal: Darwinismo social.

En pleno auxe da teoría da selección natural proposta por Charles Darwin, e tralas controversias iniciais, o concepto da selección natural e as relacións interespecíficas foron trasladadas ás relacións sociais; porén, non existe un método claro de aplicar esta teoría biolóxica o funcionamento da sociedade humana, e, así, baixo o trmo pexorativo de "darwinismo social" calificáronse ideoloxías, moitas veces contrapostas que, o mesmo podían defender o laissez faire que o socialismo de estado, o imperialismo ou a euxenesia a escala local. Moitas destas tendencias teñen pouco que ver coas ideas de Darwin quen, certamente, defendeu a euxenesia voluntaria no seu libro "A herdanza do home e a selección en relación co sexo"; pero non por imposición. -->

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para darwinismo.
  2. Javier Sampedro: Deconstruyendo a Darwin (pág. 22). Crítica, 2002. ISBN 978-84-8432-910-7.
  3. 3,0 3,1 Ernst Mayr: Por qué es única la biología: consideraciones sobre la autonomía de una disciplina científica (páx. 153 e 167). José María Lebrón (tradutor). Buenos Aires: Katz, 2006. ISBN 978-84-609-8356-9.
  4. «Las implicaciones materialistas de la teoría de Darwin», artigo de M. López Corredoira na revista Medicina y Humanidades, 2, 08.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Bibliografía antidarwinista

  • Monzón Martín, Bienvenido, y cinco teólogos sinodales anónimos: Refutación del darwinismo. Condena del discurso herético pronunciado en Granada por un catedrático de Historia Natural. [1872]. Edición de Juan José Antequera Luengo. Sevilla: Facediciones, 2010. Alegato do arcebispo de Granada contra o Dr. Rafael García Álvarez, quen leu o seu discurso a favor das leis evolucionistas de Darwin na apertura do curso 1872-1873 no Instituto de Segunda Ensinanza de Sevilla.

Ligazóns externas