Terebinto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Marcio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Marcio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17: Liña 17:
}}
}}
[[Ficheiro:Pistacia terebinthus MHNT.BOT.2009.13.55.jpg|miniatura|''Pistacia terebinthus'']]
[[Ficheiro:Pistacia terebinthus MHNT.BOT.2009.13.55.jpg|miniatura|''Pistacia terebinthus'']]
A '''''Pistacia terebinthus''''', coñecida como '''terebinto'''<ref>{{DRAG|terebinto}}</ref>, é unha especie de [[Anxiosperma|planta con flor]] pertencente á familia das Anacardiáceas e nativa da rexión mediterránea, desde [[Marrocos]] e [[Portugal]] no oeste ata [[Turquía]] e [[Siria]] no leste, aínda que tamén se atopa nas illas [[Canarias]]. En galego recibe ademais o nomes de '''escornacabras'''<ref>{{DRAG|escornacabras}}</ref> e '''cornabude'''<ref>{{DRAG|cornabude}}</ref><ref>Nome vulgar da ''Pistacia terebinthus'' e tamén da ''Sorbus aucuparia'' ou [[capudre]] no ''Termos esenciais de botánica'', páx. 36, Universidade de Santiago de Compostela, 2004.</ref>, pero hai que ter en conta que estes son tamén nomes comúns doutras especies<ref>Resultado da busca "escornacabras" no Dicionario de dicionarios. [http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=escornacabras&tipo_busca=lema]</ref>.
A '''''Pistacia terebinthus''''', coñecida como '''terebinto'''<ref>{{DRAG|terebinto}}</ref>, é unha especie de [[Anxiosperma|planta con flor]] pertencente á familia das Anacardiáceas e nativa da rexión mediterránea, desde [[Marrocos]] e [[Portugal]] no oeste ata [[Turquía]] e [[Siria]] no leste, aínda que tamén se atopa nas illas [[Canarias]]. En galego recibe ademais o nomes de '''escornacabras'''<ref>{{DRAG|escornacabras}}</ref> e '''cornabude'''<ref>{{DRAG|cornabude}}</ref><ref>Nome vulgar da ''Pistacia terebinthus'' e tamén da ''Sorbus aucuparia'' ou [[capudre]] no ''Termos esenciais de botánica'', páx. 36, Universidade de Santiago de Compostela, 2004.</ref>, pero hai que ter en conta que estes parecen ser tamén nomes comúns doutras especies<ref>Resultado da busca "escornacabras" no Dicionario de dicionarios. [http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=escornacabras&tipo_busca=lema]</ref>.


Trátase dunha pequena árbore ou grande arbusto [[caducifolio|deciduo]] que pode chegar ata os 10 m, aínda que normalmente alcanza unha altura máis modesta en torno ós 5 m. As follas son compostas de 10-20 cm de longo con varios folíolos máis pequenos (5-11) que xorden da principal. As flores teñen unha cor vermella purpurada, aparecendo coas follas a principios da [[primavera]]. Os froitos son pequenas bagas vermellas de 5-7 mm de longo, que escurecen ó madurar. Todas as partes da planta teñen un forte cheiro resinoso.
Trátase dunha pequena árbore ou grande arbusto [[caducifolio|deciduo]] que pode chegar ata os 10 m, aínda que normalmente alcanza unha altura máis modesta en torno ós 5 m. As follas son compostas de 10-20 cm de longo con varios folíolos máis pequenos (5-11) que xorden da principal. As flores teñen unha cor vermella purpurada, aparecendo coas follas a principios da [[primavera]]. Os froitos son pequenas bagas vermellas de 5-7 mm de longo, que escurecen ó madurar. Todas as partes da planta teñen un forte cheiro resinoso.

Revisión como estaba o 10 de xullo de 2016 ás 14:54

Pistacia terebinthus

A Pistacia terebinthus, coñecida como terebinto[1], é unha especie de planta con flor pertencente á familia das Anacardiáceas e nativa da rexión mediterránea, desde Marrocos e Portugal no oeste ata Turquía e Siria no leste, aínda que tamén se atopa nas illas Canarias. En galego recibe ademais o nomes de escornacabras[2] e cornabude[3][4], pero hai que ter en conta que estes parecen ser tamén nomes comúns doutras especies[5].

Trátase dunha pequena árbore ou grande arbusto deciduo que pode chegar ata os 10 m, aínda que normalmente alcanza unha altura máis modesta en torno ós 5 m. As follas son compostas de 10-20 cm de longo con varios folíolos máis pequenos (5-11) que xorden da principal. As flores teñen unha cor vermella purpurada, aparecendo coas follas a principios da primavera. Os froitos son pequenas bagas vermellas de 5-7 mm de longo, que escurecen ó madurar. Todas as partes da planta teñen un forte cheiro resinoso.

Historia

John Chadwick cre que é a planta chamada ki-ta-no que aparece nalgunhas táboas de Linear B, un antigo dialecto de Grecia. Cita a obra do erudito español J.L. Melena, que atopou "un antigo léxico que amosaba que o kritanos era outro nome para esta árbore e que a pronuncia micénica podía representar unha variante da palabra."

Esta especie é mencionada na Biblia no Antigo Testamento. Por exemplo, en Isaías 1:29, onde a palabra hebrea "el" ou "elim" a miúdo pode traducirse como buxo ou terebinto. Tamén en tres capítulos sucesivos do Xénese (12:6, 13:18, 14:13) referíndose ós lugares onde o patriarca Abraham acampaba. Tamén hai unhas poucas referencias no libro dos Xuíces.

Esta planta tamén é mencionada na Eneida de Virxilio, libro 10, liña 136.

Utilidade

O uso máis antigo e coñecido do terebinto é como fonte da augarrás ou esencia de trementina, un aceite vexetal utilizado como diluente e como compoñente químico. Actualmente a trementina do terebinto é coñecida como trementina chipriota.

A árbore é rica en substancias resinosas e foi utilizada polas súas propiedades medicinais e aromáticas na Grecia clásica. A casca pode utilizarse para elaborar unha pasta de cheiro doce e na confección de coiro. Máis recentemente, para a elaboración de antiinflamatorios.

Os froitos desta planta son utilizados en Chipre para a elaboración dun pan especial. En Creta, onde recibe o nome de tsikoudia, é utilizado na elaboración dun licor que tamén se chama tsikoudia.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para terebinto.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escornacabras.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cornabude.
  4. Nome vulgar da Pistacia terebinthus e tamén da Sorbus aucuparia ou capudre no Termos esenciais de botánica, páx. 36, Universidade de Santiago de Compostela, 2004.
  5. Resultado da busca "escornacabras" no Dicionario de dicionarios. [1]