Punto cardinal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Véxase tamén: {{Control de autoridades}}
Liña 49: Liña 49:


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
* [[Cardo (rúa)]]
* [[Cardo (rúa)]]
Liña 57: Liña 58:
* [[Rumbo]]
* [[Rumbo]]
* [[Dirección]]
* [[Dirección]]
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Puntos cardinais]]
[[Categoría:Puntos cardinais]]

Revisión como estaba o 8 de xullo de 2016 ás 00:44

Puntos cardinais

Os puntos cardinais son as catro direccións derivadas do movemento de rotación terrestre que conforman un sistema de referencia cartesiano para representar a orientación nun mapa ou na propia superficie terrestre. Estes puntos cardinais son: o Leste, que vén sinalado polo lugar aproximado onde sae o sol cada día; o Oeste, o punto indicado polo ocaso do sol no seu movemento aparente, e se á liña Este-Oeste a consideramos como o eixo das abscisas nun sistema de coordenadas xeográficas, o eixo das coordenadas estaría descrito por liña Norte-Sur. Esta composición xera catro ángulos de noventa graos que á súa vez se dividen polas bisectrices, xerando Noroeste, Suroeste, Nordés e Sueste. Repítese a mesma operación e obtense a Rosa dos ventos que é usada en navegación desde séculos ancestrais e cobre as 32 direccións principais do movemento na superficie terrestre.

Etimoloxía

Rosa dos ventos cos símbolos dos 16 puntos: 4 puntos cardinais, 4 puntos colaterais e 8 puntos subcolaterais
Rosa dos ventos cos nomes dos 16 puntos: 4 puntos cardinais, 4 puntos colaterais e 8 puntos subcolaterais

A palabra cardinal derívase do nome latino «cardo», que identificaba, nas cidades romanas, á rúa trazada de Norte a Sur e que pasaba polo centro da cidade. Isto significa que o único punto verdadeiramente cardinal, polo menos desde o punto de vista etimolóxico, debería ser o Norte e en menor grao, o Sur. Por iso úsase a expresión «dunha importancia cardinal» cando se quere resaltar esa importancia. Dos puntos cardinais, é o Norte o que identifica a dirección da orientación polo que adoita dicirse en sentido figurado que unha persoa perdeu o seu norte cando se atopa desorientada ou perdeu o seu rumbo. Con todo, esta idea resulta case paradoxal, no sentido de que para orientarse, as persoas situamos primeiro o Leste ou o Oeste ou o Sur no hemisferio norte en horas do mediodía, mentres que o Norte non resulta tan evidente (salvo no hemisferio sur tamén en horas do mediodía). De feito, o Leste tamén recibe o nome de Oriente porque a saída do sol polo Leste serviu tradicionalmente para orientarnos nun lugar determinado.

Coñécense tamén os puntos cardinais como as catro direccións ou puntos principais da compás, que son:

  • Norte, inicial N.
  • Sur, inicial S.
  • Leste, inicial L ou E.
  • Oeste, inicial O ou internacional W, de west.

Os nomes dos puntos cardinais son de orixe xermánico (Nordri = Norte, Sudri = Sur, Austri = Leste e Vestri = Oeste; na Mitoloxía escandinava) e incorporáronse nunha época relativamente recente á lingua galega e ao resto das linguas derivadas do latín. Antes, os nomes dos puntos cardinais eran, en galego:

O termo Mediodía tamén se refire á rexión meridional dun país no Hemisferio Norte, especialmente en Italia (Mezzogiorno) e en Francia (Midi), precisamente porque estas rexións sitúanse cara ao lado onde se atopa o sol ao mediodía con relación ao resto do país.

Dualidade Leste-Este

A palabra "Este" pode ser confundida coa palabra "Oeste", especialmente nos avisos e as instrucións no mar. Por exemplo, a frase "O vento vén do Este" pode ser confundida con "O vento vén do Oeste" ao ser transmitida oralmente. Por iso na linguaxe mariñeira, cando a palabra "Este" é referida nunha frase, sempre se di "Leste": "vén do Leste" non ten confusión posíbel con "vén do Oeste".

De aí, por tanto, a dualidade no nome dese punto cardinal: Norte, Sur, Leste (ou Este), Oeste.

Porén, para os puntos colaterais os nomes compóñense: a palabra "este" vai ao final e non será preciso pór un "l" diante dela porque non se confunde Suroeste con Sueste nin Noroeste con Nordeste. Fican, por tanto, os nomes dos oito puntos colaterais:

Puntos colaterais

  • Nordés ou nordeste, iniciais NE.
  • Sueste, iniciais SE.
  • Suroeste, iniciais SO ou SW.
  • Noroeste, iniciais NO ou NW.

Como se pode apreciar claramente, a pesar de a RAG admitir os símbolos NL e SL á par de NE e SE, os dous primeiros non son necesarios pois na práctica nunca vai ser preciso dicir norleste ou suleste.

Ao compor de novo para obter os dezaseis puntos subcolaterais, é preciso pór o "l" outra vez cando a palabra resultante comezar por "Este":

  • Nor-nordés ou nor-nordeste, iniciais NNL ou NNE, é o intermedio entre o norte e o nordés.
  • Les-nordés ou les-nordeste, iniciais LNL ou ENE, é o intermedio entre o leste e o nordés.
  • Les-sueste, iniciais LSL ou ESE, é o intermedio entre o leste e o sueste.
  • Sur-sueste, iniciais SSL ou SSE, é o intermedio entre o sur e o sueste.
  • Sur-suroeste, iniciais SSO ou SSW, é o intermedio entre o sur e o suroeste.
  • Oés-suroeste, iniciais OSO ou WSW, é o intermedio entre o oeste e o suroeste.
  • Oés-noroeste, iniciais ONO ou WNW, é o intermedio entre o oeste e o noroeste.
  • Nor-noroeste, iniciais NNO ou NNW, é o intermedio entre o norte e o noroeste.

Pódese continuar a compor recursivamente, aínda que é pouco usual nomear puntos menores que os subcolaterais.

Véxase tamén

Outros artigos