Troia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
engado homónimos
Liña 1: Liña 1:
{{Outroshomónimos|Troia (homónimos)}}
{{Patrimonio Mundial |=
{{Patrimonio Mundial |=
| Título = <big>'''Sitio arqueolóxico de Troia'''</big>
| Título = <big>'''Sitio arqueolóxico de Troia'''</big>

Revisión como estaba o 7 de xullo de 2016 ás 16:44

Sitio arqueolóxico de Troia
Ruínas de Troia.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Turquía
Localización39°57′27″N 26°14′20″L / 39.95750, -26.23889
TipoCultural
Criteriosii, iii, vi
Inscrición1998 (22ª Sesión)
Rexión da UNESCOEuropa
Identificador849

Troia (en grego Τροία ou Τροίας; tamén chamada Ilión, en grego Ίλιον ou Ίλιος e Wilusha en hitita) é unha cidade tanto histórica como lendaria, onde se desenvolveu a Guerra de Troia, descrita na Ilíada, un poema épico da Antiga Grecia. A autoría do dito poema atribúese ao poeta Homero, quen o compuxo ao redor do século IX ou VIII a. C., aínda que contén material máis antigo. Homero tamén fai referencia a Troia na Odisea. A lenda homérica de Troia foi continuada polo poeta romano Virxilio na Eneida.

A Troia histórica estaba situada no estreito dos Dardánelos (Helesponto), entre os ríos Escamandro (ou Xanto) e Simois, e ocupaba unha posición estratéxica no acceso ao Mar Negro (Ponto Euxino).

Historia

Mapa de situación e plano do sitio arqueolóxico de Hissarlik, considerado como a localización da Troia homérica.
Plano do sitio arqueolóxico de Troia/Hissarlik.
Corte estratigráfico do sitio arqueolóxico de Troia/Hissarlik

Troia (Ílion), cidade que, de acordo coa lenda grega, na narrativa de Homero na Ilíada, foi capturada polos gregos que tiñan por rei e xefe a Agamenón, despois dun sitio de dez anos. A Troia histórica foi descoberta por Heinrich Schliemann (1822-1890), en Hissarlik, no noroeste da Asia Menor, poucas millas no interiro do continente, a partir do mar Exeo. Schliemann era un comerciante alemán rico que dedicou os últimos 20 anos de vida á busca da cidade lendaria. As escavacións que dirixiu el entre 1870 e 1890, e por outros, posteriormente, revelaron nove períodos de ocupación. Os primeiros cinco pertencen á Idade de Bronce, entre 3000 e 2000 a. C. Troia II, en particular, foi unha comunidade que floreceu, con magníficas fortificacións e construcións domésticas, mais acabou sendo destruída por un grande incendio. Troia VI foi palco do influxo de novos colonizadores, que trouxeron cabalos, porén un terremoto arrasou a cidade, por volta do ano 1700 a. C.

Seguiu Troia VII, que se identifica coa Troia de Homero, e que enfrontou a esta cidade coa grega de Micenas, por volta do ano 1000 a. C. Tivo unha fase curta, pois a cidade logo foi destruída por un incendio. As indicacións son de que ese non foi un desastre accidental e de que estaba vinculado á captura da cidade por inimigos. Permaneceu desocupada probabelmente durante 400 anos, até o surxdimento de Troia VIII. Troia IX foi estabelecida no período romano.

Cine

A historia da guerra de Troia foi levada ao cine en varias ocasións.

Véxase tamén

Outros artigos