Mar Vermello: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: {{Commonscat}}
m →‎Características: Arranxos varios using AWB
Liña 3: Liña 3:

== Características ==
== Características ==
O Mar Vermello ten pouco máis de 1900 km de longo, por un largo máximo de 300 km e unha profundidade máxima de 2500 m na [[foxa]] media central, cunha profundidade media de 500 m. A superficie do Mar Vermello é duns 450.000 km².

Hai unha chea de formacións coralinas de gran sona pola exuberancia de vida submarina que o habitan, con gran variedade de [[peixe]]s ou de magníficos [[coral (animal)|corais]]. Está poboado por máis de 1.000 especies de [[invertebrado]]s, de 200 especies de corais e de polo menos 300 especies de [[tiburón]]s. O Mar Vermello é un destino turístico de sona, sobre todo entre os [[mergullador]]es.

Liña 9: Liña 9:
As [[temperatura]]s da superficie son relativamente constantes, entre 21 e 25 °C. A visibilidade é bastante boa ata os 200 m de profundidade pero pódense levantar ventos fortes rapidamente e as correntes vólvense perigosas.

A creación do Mar Vermello débese á separación de [[África]] e a [[Península Arábiga]] ([[Asia]]). O movemento comezou hai uns trinta millóns de anos e segue hoxe en día, o que explica a existencia dunha actividade volcánica nas partes máis profundas deste mar. Asegúrase que o Mar Vermello se converterá nun [[océano]], como se propón no modelo de [[Tuzo Wilson]] e parece verse confirmado polo aumento da chamada 'fenda de África'.

Os países lindantes co Mar Vermello son [[Exipto]], [[Sudán]], [[Eritrea]] e [[Djibuti]] na beira africana e [[Israel]], [[Xordania]], [[Arabia Saudita]] e [[Iemen]] na beira Asiática. Algunhas cidades costeiras do Mar Vermello son: [[Assab]], [[Port Sudan]], [[Port Safaga]], [[Hurghada]], [[Suéz]], [[Sharm el-Sheikh]], [[Eilat]], [[Acaba]], [[Dahad]], [[Jedda]], [[Al-Hudaidah]].

Revisión como estaba o 4 de xullo de 2016 ás 21:39

Mar Vermello

O Mar Vermello é un golfo do Océano Índico entre África e Asia. Ó sur, comunica co Océano Índico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Adén. Ó norte atópase a península do Sinaí, o golfo de Acaba e o canal de Suez (que permite a comunicación co Mar Mediterráneo).

Características

O Mar Vermello ten pouco máis de 1900 km de longo, por un largo máximo de 300 km e unha profundidade máxima de 2500 m na foxa media central, cunha profundidade media de 500 m. A superficie do Mar Vermello é duns 450.000 km².

Hai unha chea de formacións coralinas de gran sona pola exuberancia de vida submarina que o habitan, con gran variedade de peixes ou de magníficos corais. Está poboado por máis de 1.000 especies de invertebrados, de 200 especies de corais e de polo menos 300 especies de tiburóns. O Mar Vermello é un destino turístico de sona, sobre todo entre os mergulladores.

As temperaturas da superficie son relativamente constantes, entre 21 e 25 °C. A visibilidade é bastante boa ata os 200 m de profundidade pero pódense levantar ventos fortes rapidamente e as correntes vólvense perigosas.

A creación do Mar Vermello débese á separación de África e a Península Arábiga (Asia). O movemento comezou hai uns trinta millóns de anos e segue hoxe en día, o que explica a existencia dunha actividade volcánica nas partes máis profundas deste mar. Asegúrase que o Mar Vermello se converterá nun océano, como se propón no modelo de Tuzo Wilson e parece verse confirmado polo aumento da chamada 'fenda de África'.

Os países lindantes co Mar Vermello son Exipto, Sudán, Eritrea e Djibuti na beira africana e Israel, Xordania, Arabia Saudita e Iemen na beira Asiática. Algunhas cidades costeiras do Mar Vermello son: Assab, Port Sudan, Port Safaga, Hurghada, Suéz, Sharm el-Sheikh, Eilat, Acaba, Dahad, Jedda, Al-Hudaidah.

Véxase tamén