Confederación muisca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 58: Liña 58:
|notas =
|notas =
}}
}}
A ''' Confederación muisca''' foi o tipo de organización político-administrativa que agrupou ós [[pobo muisca|muiscas]] no territorio central da actual [[Colombia|República de Colombia]] antes da invasión española. As catro unidades político-territoriais confederadas foron: o [[Zipa|Zipazgo]] de [[Bacatá]], o [[Zaque|Zacazgo]] de [[Hunza, Colombia|Hunza]], o territorio sagrado de [[Iraca]] e o territorio sagrado de [[Tundama]], ademais dun grupo de territorios autónomos.
A ''' Confederación muisca''' foi o tipo de organización político-administrativa que agrupou ós [[pobo muisca|muiscas]] no territorio central da actual [[Colombia|República de Colombia]] antes da invasión española. As catro unidades político-territoriais confederadas foron: o [[Zipa]]zgo de [[Bacatá]], o [[Zaque|Zacazgo]] de [[Hunza, Colombia|Hunza]], o territorio sagrado de [[Iraca]] e o territorio sagrado de [[Tundama]], ademais dun grupo de territorios autónomos.

A Confederación xurdiu cara o [[1450]] e subsistiu até aproximadamente o [[1541]], ó consolidarse a [[conquista española das nacións chibchas]] no territorio central colombiano. Abranguía dende o [[río Chicamocha]], polo norte, até o [[páramo de Sumapaz]], polo sur, e dende [[Vélez, Santander|Vélez]], [[Facatativá]] e [[Zipacón]], polo oeste, até a Cordilleira Oriental, veciña coas chairas de [[Meta, Colombia|Meta]] e o [[Casanare]], polo leste.<ref>Uricoechea, Ezequiel. ''Gramática de la lengua muisca''. Introdución. París, 1871.</ref>

== Poboación ==
== Poboación ==
Liña 66: Liña 66:

* '''Corrente baixista''': De acordo cos cálculos de Rosemblat, a poboación muisca era de 300&nbsp;000 a 500&nbsp;000.<ref name=repetida_1>[http://books.google.cl/books?id=AW5P9II4TWIC&pg=PA76&lpg=PA76&dq=muiscas+2+millones&source=bl&ots=dL5ewTNnIn&sig=Zoy5vdKRme5_vcJx6iba3LS1Rrk&hl=es&ei=O999SpeHMY61lAf5563ZAQ&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=5#v=onepage&q=&f=false Muiscas: representaciones, cartografías y etnopolíticas de la memoria] P.75-77</ref> Actualmente estes cálculos son moi criticados, aínda que no seu tempo foron aceptados.

* '''Corrente moderada''': Esta corrente foi produto das investigacións de historiadores colombianos que consideraron a anterior demasiado baixa. Segundo estes, os muiscas eran de 800&nbsp;000 a 1&nbsp;200&nbsp;000 persoas,<ref name=repetida_2>[http://books.google.cl/books?id=ETh7T9ax6ekC&pg=PA43&lpg=PA43&dq=muiscas+2+millones&source=bl&ots=ZnjxW1E-bW&sig=5fiXTf3vrVlA2_1JW2_IyGror5o&hl=es&ei=IM59SuuYA9PTlAfQ-bHZAQ&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=9#v=onepage&q=muiscas%202%20millones&f=false Colombia: país fragmentado, sociedad dividida: su historia] P.43</ref> pero coa invasión española reduciuse a 650&nbsp;000.

* '''Corrente alcista''': A máis recente hipótese, apoiada por varios expertos, estima en 2<ref name=repetida_2 /> a 3 millóns,<ref>[http://www.tvecuador.com/index.php?option=com_reportajes&view=showcanal&id=241 Televisión]</ref> aínda que coa invasión española se tería reducido a 1,5 millóns.<ref>Cálculo de Tovar Pinzón sobre a poboación indíxena en 1560, que estima en 1.500.000 indíxenas. véaxse ''Melo: Historia'' (P. 63-69) e en ''Estado actual de los estudios de la demografía histórica de Colombia'' (P.65-140).</ref>

* '''Corrente alcista''': A máis recente hipótese, apoiada por varios expertos, estima en 2<ref name=repetida_2 />a 3 millóns,<ref>[http://www.tvecuador.com/index.php?option=com_reportajes&view=showcanal&id=241 Televisión]</ref> aínda que coa invasión española se tería reducido a 1,5 millóns.<ref>Cálculo de Tovar Pinzón sobre a poboación indíxena en 1560, que estima en 1.500.000 indíxenas. véaxse ''Melo: Historia'' (P. 63-69) e en ''Estado actual de los estudios de la demografía histórica de Colombia'' (P.65-140).</ref>

== Xerarquía social ==
== Xerarquía social ==
Liña 78: Liña 76:
[[Ficheiro:BOG 04 2012 Museo de Oro 1212.JPG|miniatura|280x280px|Algúns ornamentos dun [[Gobernantes muiscas|gobernante muisca]] no [[Museo do Ouro de Bogotá]].]]
[[Ficheiro:BOG 04 2012 Museo de Oro 1212.JPG|miniatura|280x280px|Algúns ornamentos dun [[Gobernantes muiscas|gobernante muisca]] no [[Museo do Ouro de Bogotá]].]]

# '''Zipa''' ou '''Zaque''': Gobernante absoluto do [[Zipa|Zipazgo]] ou do [[Zaque|Zacazgo]].
# '''Zipa''' ou '''Zaque''': Gobernante absoluto do [[Zipa]]zgo ou do [[Zaque|Zacazgo]].
# '''Psihipqua''': Príncipe de sangue (herdeiro do trono).
# '''Psihipqua''': Príncipe de sangue (herdeiro do trono).
# '''Uzaque''': Nobre de sangue pura con poder feudatario e poder militar.
# '''Uzaque''': Nobre de sangue pura con poder feudatario e poder militar.

Revisión como estaba o 4 de xullo de 2016 ás 21:09

Modelo:País desaparecido A Confederación muisca foi o tipo de organización político-administrativa que agrupou ós muiscas no territorio central da actual República de Colombia antes da invasión española. As catro unidades político-territoriais confederadas foron: o Zipazgo de Bacatá, o Zacazgo de Hunza, o territorio sagrado de Iraca e o territorio sagrado de Tundama, ademais dun grupo de territorios autónomos.

A Confederación xurdiu cara o 1450 e subsistiu até aproximadamente o 1541, ó consolidarse a conquista española das nacións chibchas no territorio central colombiano. Abranguía dende o río Chicamocha, polo norte, até o páramo de Sumapaz, polo sur, e dende Vélez, Facatativá e Zipacón, polo oeste, até a Cordilleira Oriental, veciña coas chairas de Meta e o Casanare, polo leste.[1]

Poboación

Descoñécese en gran medida o número de habitantes que conformaban a Confederación Muisca, por mor de non existir censos confiables. Algo semellante ocorre en todo o continente. Existen tres correntes principais sobre a poboación muisca prehispánica:

  • Corrente baixista: De acordo cos cálculos de Rosemblat, a poboación muisca era de 300 000 a 500 000.[2] Actualmente estes cálculos son moi criticados, aínda que no seu tempo foron aceptados.
  • Corrente moderada: Esta corrente foi produto das investigacións de historiadores colombianos que consideraron a anterior demasiado baixa. Segundo estes, os muiscas eran de 800 000 a 1 200 000 persoas,[3] pero coa invasión española reduciuse a 650 000.
  • Corrente alcista: A máis recente hipótese, apoiada por varios expertos, estima en 2[3] a 3 millóns,[4] aínda que coa invasión española se tería reducido a 1,5 millóns.[5]

Xerarquía social

Os muiscas estimaban moito a pureza do sangue, polo que as familias nobres procuraban non mesturarse xamais cos plebeos, e menos aínda cos pobos das terras quentes, ós que consideraban bárbaros e inferiores.[6] No seo de todas as familias muiscas se aplicaba o sistema de sucesión matrilineal, e o zipa só nomeaba novos uzaques cando non había ningún herdeiro natural, en cuxo caso nomeaba a un xeneral dos güechas.[7]

No muysccubun hai un amplo vocabulario para designar os rangos de xerarquía, organizada, en termos xerais, da seguinte maneira:

Algúns ornamentos dun gobernante muisca no Museo do Ouro de Bogotá.
  1. Zipa ou Zaque: Gobernante absoluto do Zipazgo ou do Zacazgo.
  2. Psihipqua: Príncipe de sangue (herdeiro do trono).
  3. Uzaque: Nobre de sangue pura con poder feudatario e poder militar.
  4. Zibyntyba: Capitán maior, gobernante dunha parcialidade territorial intermedia coñecida como Zybyn.
  5. Tybarague: Capitán menor, gobernante dunha parcialidade territorial menor coñecida como Uta.
  6. Chyquy: Sacerdote muisca.
  7. Pabahue: Amo e señor.
  8. Uaia: Ama e señora.
  9. Paba: Literalmente: "pai", pero tamén designaba a alguén con autoridade sobre outras persoas.
  10. Hue: Señor, ou xefe.
  11. Güecha: Guerreiro.
  12. Cupqua: Vasalo.
  13. Ubata: Servo comisionado para algunha misión especial.
  14. Tyuquyne: Mensaxeiro.
  15. Chuta: Criado.
  16. Bospquaoa: Criado do servizo doméstico.

Gobernantes muiscas

Artigo principal: Gobernantes muiscas.
A Balsa muisca é unha figura de ouro que representa a cerimonia de El Dorado, que tiña lugar na Lagoa Sagrada de Guatavita. Esta peza atópase no Museo do Ouro de Bogotá, e é considerada un símbolo de Colombia e da identidade cultural dos colombianos.[8]
Zipa Anos de reinado
Meicuchuca c. 1450-1470
Saguamanchica 1470-1490
Nemequene 1490-1514
Tisquesusa 1514-1538
Zaquesazipa 1538-1539
Zaque Anos de reinado
Hunzahúa -
Michuá Hasta 1490
Quemuenchatocha 1490-1537
Aquiminzaque 1537-1541

Notas

  1. Uricoechea, Ezequiel. Gramática de la lengua muisca. Introdución. París, 1871.
  2. Muiscas: representaciones, cartografías y etnopolíticas de la memoria P.75-77
  3. 3,0 3,1 Colombia: país fragmentado, sociedad dividida: su historia P.43
  4. Televisión
  5. Cálculo de Tovar Pinzón sobre a poboación indíxena en 1560, que estima en 1.500.000 indíxenas. véaxse Melo: Historia (P. 63-69) e en Estado actual de los estudios de la demografía histórica de Colombia (P.65-140).
  6. Restrepo, Vicente. Los chibchas antes de la conquista española. (Bogotá, Imprenta de la Luz, 1895) Capítulo VIII
  7. Uricoechea, Ezequiel. Gramática, vocabulario, catecismo y devocionario de la lengua chibcha. (París, Maison Neuve, 1871) Introdcción, p. XXVIII
  8. [1] Banco da República de Colombia. Museo do Ouro. Detalles da Balsa Muisca.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Enciclopedia de Colombia. (Editorial Océano. Tomo 2. Barcelona, España 2002).
  • Enciclopedia Colombia a su Alcance. (Espasa Siglo XXI. Tomo 1 Bogotá, Colombia 2003).
  • Historia de Colombia. Tomo 1 (Zamora Editores, Bogotá, Colombia 2003).
  • Gran Enciclopedia de Colombia Temática. (Tomos 1 e 11 Círculo de Lectores, Bogotá, Colombia 1994).
  • Fundación Misión Colombia: HISTORIA DE BOGOTÁ, Conquista y Colonia. (Tomo 1 Salvat-Villegas editores, Bogotá, Colombia 1989).