Isabel Ríos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 88.18.153.89 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
Liña 29: Liña 29:
* [http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/9463/ Ficha en Nomes e Voces]
* [http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/9463/ Ficha en Nomes e Voces]


{{ORDENAR:Rios Lazcano, Isabel}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


{{ORDENAR:Rios Lazcano, Isabel}}
[[Categoría:Políticos do PCE]]
[[Categoría:Políticos do PCE]]
[[Categoría:Exilio galego]]
[[Categoría:Exilio galego]]

Revisión como estaba o 4 de xullo de 2016 ás 19:09

Isabel Ríos Lazcano, nada o en Curtis 12 de xullo de 1907 e finada en Madrid o 17 de xuño de 1997, foi unha sindicalista e guerrilleira galega.

Traxectoria

Comezou os seus estudos primarios cunha mestra da aldea de Pedrouzos. Fixo varios intentos de exame por libre de Perito Mercantil, até que se presentou a unhas oposicións para Facenda, nas que conseguiu praza na Subdelegación de Xixón.

Antes de partir ao seu destino laboral coñeceu a Manuel Calvelo López, que se atopaba veraneando en Curtis, con quen casou o 7 de xullo de 1929. Marcharon a Los Llanos (na illa de La Palma) onde Manuel exerceu a súa profesión de médico.

En 1932 o matrimonio trasladouse a Curtis para ter o primeiro fillo; ese ano a familia mudouse a Madrid co obxectivo de marchar a Alemaña para que Manuel fixera o doutoramento. Coa chegada de Hitler ao poder deciden quedar en Madrid, onde Manuel traballou como profesor adxunto na Cátedra de Patoloxía do profesor Roberto Nóvoa Santos.

En 1934 afiliouse ao Partido Comunista e, aproveitando unha viaxe a Curtis, organizou alí a primeira célula. Despois de traballar en Madrid, foi trasladada a Lugo, a onde ía todos os días dende Curtis.

Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936, foi detida co seu home o 5 de agosto e trasladados a Curtis. Ao día seguinte foron levados ao cárcere de Santiago. O 19 de decembro celébrase o Consello de guerra que condena ao matrimonio á pena de morte.

A execución da sentenza estaba prevista para o día 24, pero as autoridades postergárono para o 31 de decembro. O día 30 comunicáronlle que lle conmutaran a pena pola de reclusión perpetua, mentres que Manuel Calvelo foi fusilado ese mesmo día.

Isabel percorreu durante sete anos as cadeas de Santiago, Saturrarán e Betanzos, e foi posta en liberdade condicional en 1943.

En 1946 trasladouse a vivir á Coruña. O acoso policial era incesante e decidiu marchar a Bos Aires, onde tiña familia, para deixar os fillos ao seu coidado e volver a Galicia para incorporarse á guerrilla. O 18 de xullo embarcou cos seus fillos rumbo a Río da Prata. Reiniciou a súa militancia comunista no seo da emigración. Incorporouse á Federación de Sociedades Gallegas, onde participou na comisión feminina e na de cultura.

A principios dos anos 60 cos cambios producidos en China, Isabel e un grupo de comunistas comezan a ter diferenzas ideolóxicas co PCE e finalmente foi expulsada xunto con outros militantes por seren considerados "fraccionistas". En 1966 debido ao golpe militar de Onganía, o seu fillo Roberto Calvelo trasladouse a Chile e ela seguiuno. Roberto fora contratado polo Ministerio de Educación de Chile e en 1971 pasou a ser consultor da FAO. En 1973 o golpe de Pinochet volve levala outra vez ao exilio trasladándose a Perú. En 1975 o seu fillo Manuel invitouna a pasar unhas vacacións ao estado español; ao pouco de chegar conseguiu reincorporarse no seu posto laboral no Ministerio de Facenda e estableceuse en Madrid.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ríos, Isabel (1998). Ediciós do Castro, ed. Testimonio de la Guerra Civil. Sada. ISBN 84-7492-294-1. 

Ligazóns externas