Paco Buyo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
m Atobar moveu a páxina "Francisco Buyo" a "Paco Buyo" sobre unha redirección: Nome polo que é coñecido (criterio Wikipedia)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 2 de xullo de 2016 ás 19:40

Modelo:InfFut2 Francisco Buyo Sánchez, nado en Betanzos o 13 de xaneiro de 1958, é un ex futbolista galego. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española.

Traxectoria

Nos seus comezos no Ural CF, Buyo xogaba tanto de porteiro como de extremo dereito, sendo no seu único ano no combinado coruñés o máximo goleador do equipo. Ó ano seguinte fichou polo Betanzos CF, onde permaneceu ata a súa fichaxe polo Mallorca. Non tardou en fixarse nas súas cualidades como porteiro o Deportivo de La Coruña, que entón xogaba na Segunda División, e que xa intentara facerse cos seus servizos. Esa tempada debutou como internacional sub-21, participando posteriormente nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova.

Buyo permaneceu na entidade coruñesa ata 1980, cunha paréntese dunha tempada (1978–79) na que foi cedido ó Huesca mentres realizaba o servizo militar en Jaca. Na tempada 1980–81 deu o salto á Primeira División, fichando polo Sevilla, e acadando en seguida a titularidade. Militaba no equipo do hispaliense cando acadou, en 1983, a internacionalidade absoluta con España, defendendo os colores da selección no histórico partido España-Malta que daría o pase á escadra vermella para a Eurocopa de 1984, e encaixando un gol, o que probablemente lle pechou o camiño a seguir na Selección.

A súa indiscutible titularidade e bo facer no Sevilla fixeron que se fixase nel o Real Madrid, que se fixo cos seus servizos en 1986. Neste club recibiu o alcume de "San Francisco de Betanzos", sendo o cancerbeiro titular ata 1996. En 1997 abandonou a plantilla merengue e colgou as botas.

Foi un dos porteiros máis seguros e espectaculares da Liga. Destacou especialmente en partidos como o disputado fronte á Juventus no Santiago Bernabéu na Copa de Europa de 1986–87. Xogou en total 542 partidos en Primera División, sendo o primeiro xogador en acadar a cifra de 500 partidos.

En 1998 concedéuselle a Medalla ó Mérito no Traballo. Actualmente é comentarista de partidos de fútbol para a TVE.

Palmarés

Club

Real Madrid

País

Individual

Véxase tamén

Bibliografía

  • Sotillo Oñoro, Fernando (1995): Buyo. 500 partidos. Diario As.

Ligazóns externas