Diferenzas entre revisións de «Acuario (recipiente)»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m (Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética)
 
== Acuarios públicos ==
Os [[acuarium|acuarios públicos]] son instalacións abertas ó público para ver especies acuáticas. A maior parte dos acuarios públicos presentan unha determinada cantidade de tanques máis pequenos, así como un ou máis depósitos maiores. Os depósitos máis grandes teñen unha capacidade de varios millóns de litros de auga e poden acobillaracoller especies grandes, incluíndo [[golfiño]]s, [[quenlla]]s ou [[balea]]s. Os animais acuáticos e semiacuáticos, (lontras, [[pingüín]]s?), poden ser expostos tamén por acuarios públicos.
 
Desde o punto de vista operacional, un acuario público é similar en moitos aspectos a un zoolóxico ou museo. Un bo acuario terá exposicións especiais para atraer os visitantes, ademais da súa colección permanente. Uns cantos teñen a súa propia versión de "zoo para tocar"; por exemplo, o Monterey Bay Aquarium, en California, ten un depósito superficial cheo de tipos comúns de raias, e o público pode tocar as súas peles coriáceas cando pasan.
 
Coma os zoos, os acuarios normalmente teñen un corpo especializado de investigadores que estuda os costumes e bioloxía dos seus especímenesespecimes. Nos últimos anos, os grandes acuarios estiveron intentando adquirir e criar diversas especies de peixes de océano aberto, e ata cnidarios (medusas), unha tarefa difícil posto que estas criaturas nunca antes atoparon superficies sólidas como as paredes dun depósito, e non adquiriron o instinto para apartarse das paredes en lugar de chocar contra elas.
 
O primeiro acuario público abriu en Regent?'s Park, Londres, en 1853. Phineas Taylor Barnum seguiuno rapidamente co primeiro acuario americano, aberto en Broadway, [[Nova York]]. A maior parte dos acuarios públicos localízanse preto do océano, para ter un fornecemento constante de auga de mar natural. Un acuario pioneiro de interior foi o Shedd Aquarium de Chicago, que recibía a auga de mar transportada por ferrocarril.
 
En xaneiro de 1985, Kelly Tarlton empezou a construción do primeiro acuario en incluír un gran túnel acrílico transparente, en Auckland, [[Nova ZelandaZelandia]], unha tarefa que necesitou 10 meses e custou tres millóns de dólares neozelandeses. O túnel de 110 metros construíuse con follas de plástico de fabricación alemá que se conformaban alí nun gran forno. Actualmente, unha fita mecánica transporta os visitantes, e os grupos de escolares ocasionalmente pasan a noite alí, baixo os tiburóns e as raias.
 
A miúdo, algúns acuarios públicos afílianse a institucións superiores de investigación oceanográfica importantes ou conducen os seus propios programas de investigación, e normalmente (aínda que non sempre) especializarse nas especies e ecosistemas que se poden atopar nas augas locais.

Menú de navegación