Xosé María Álvarez Cáccamo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 13: Liña 13:
'''Xosé María Álvarez Cáccamo''', tamén coñecido como '''Pepe Cáccamo''', nado en [[Vigo]] o [[6 de xullo]] de [[1950]], é un escritor galego, crítico literario e profesor de literatura.
'''Xosé María Álvarez Cáccamo''', tamén coñecido como '''Pepe Cáccamo''', nado en [[Vigo]] o [[6 de xullo]] de [[1950]], é un escritor galego, crítico literario e profesor de literatura.
== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
É fillo de [[Xosé María Álvarez Blázquez]] e irmán de [[Alfonso Álvarez Cáccamo|Alfonso]], [[Celso Álvarez Cáccamo|Celso]] e [[Berta Álvarez Cáccamo]]. Xosé María Álvarez Cáccamo estudou [[Filoloxía Románica]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Desde [[1973]] é profesor de [[ensino secundario]]. Actualmente reside en [[Vilaboa]].
É fillo de [[Xosé María Álvarez Blázquez]] e irmán de [[Alfonso Álvarez Cáccamo|Alfonso]], [[Celso Álvarez Cáccamo|Celso]] e [[Berta Álvarez Cáccamo]]. Xosé María Álvarez Cáccamo estudou [[Filoloxía Románica]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Desde [[1973]] é profesor de [[ensino secundario]]. Reside en [[Santa Cristina de Cobres]], [[Vilaboa]].


Ademais de poesía, ten publicados algúns relatos breves, teatro e [[literatura infantil]]. A súa obra traduciuse ao [[lingua catalá|catalán]], [[lingua castelá|castelán]], [[lingua éuscara|éuscaro]] e [[Lingua italiana|italiano]]. Obtivo os premios [[Premio Esquío|Esquío]], [[Premio Miguel González Garcés|González Garcés]] e [[Premio Arume de Poesía para Nenos|Arume]] e os Premios da Crítica [[Premios da Crítica de Galicia|de Galiza]] e [[Premio da Crítica de poesía galega|de España]].
Ademais de poesía, ten publicados algúns relatos breves, teatro e [[literatura infantil]]. A súa obra traduciuse ao [[lingua catalá|catalán]], [[lingua castelá|castelán]], [[lingua éuscara|éuscaro]] e [[Lingua italiana|italiano]]. Obtivo os premios [[Premio Esquío|Esquío]], [[Premio Miguel González Garcés|González Garcés]] e [[Premio Arume de Poesía para Nenos|Arume]] e os Premios da Crítica [[Premios da Crítica de Galicia|de Galiza]] e [[Premio da Crítica de poesía galega|de España]].

Revisión como estaba o 29 de xuño de 2016 ás 18:15

Xosé María Álvarez Cáccamo
Nome completoJosé María Álvarez Cáccamo.
Nacemento6 de xullo de 1950 (73 anos)
 Vigo, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncrítico literario, especialista en literatura, escritor, profesor universitario e man of letters
PaiXosé María Álvarez Blázquez
IrmánsCelso Álvarez Cáccamo, Alfonso Álvarez Cáccamo e Berta Álvarez Cáccamo
Xénerospoesía, narrativa, literatura infanto-xuvenil, teatro, ensaio
Coñecido/a porO lume branco
PremiosPremio Esquío de poesía e Premio da Crítica de poesía galega
Na rede
Bitraga: 1313 AELG: 247 Dialnet: 3300092 Discogs: 5146822 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xosé María Álvarez Cáccamo, tamén coñecido como Pepe Cáccamo, nado en Vigo o 6 de xullo de 1950, é un escritor galego, crítico literario e profesor de literatura.

Traxectoria

É fillo de Xosé María Álvarez Blázquez e irmán de Alfonso, Celso e Berta Álvarez Cáccamo. Xosé María Álvarez Cáccamo estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1973 é profesor de ensino secundario. Reside en Santa Cristina de Cobres, Vilaboa.

Ademais de poesía, ten publicados algúns relatos breves, teatro e literatura infantil. A súa obra traduciuse ao catalán, castelán, éuscaro e italiano. Obtivo os premios Esquío, González Garcés e Arume e os Premios da Crítica de Galiza e de España.

Fixo parte do consello editorial das coleccións de Poesía "Mogor" (1976-1980) e "Pero Meogo" (1980) e dos consellos de redacción dos suplementos Galicia Literaria de Diario 16 de Galicia (1990-1992) e Faro das Letras de Faro de Vigo (1993-1996). Entre os anos 1984 e 2002 formou parte do equipo directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que foi presidente interino tras a dimisión de Carlos Mella (2001) e a elección de Bernardino Graña (2002), foi coordenador das súas revistas e Contemporánea. Foi membro fundador do "Foro da Cultura" e de "Esculca Observatorio para a defensa dos direitos e as liberdades". Formou parte entre 2003 e 2010 do consello de redacción da revista Grial. Actualmente forma parte do colectivo Burla Negra.

Obra en galego

Poesía

  • Praia das furnas, 1983, Xerais.
  • Arquitecturas de cinza, 1985, Caixa Ourense.
  • Os documentos da sombra, 1986, Sotelo Blanco.
  • Luminoso lugar de abatimento, 1987, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
  • Cimo das idades tristes, 1988, Sotelo Blanco.
  • Fragmentos de mar, 1989, edición de autor.
  • Acordar contigo en alba, 1991, Ángel Caffarena.
  • Prego de cargos, 1991, edición do autor.
  • O lume branco, 1991, Espiral Maior.
  • De mañá que medo, 1993, Laiovento.
  • Colección de espellos, 1994, Espiral Maior.
  • Calendario perpetuo, 1997, Espiral Maior.
  • A escrita das aves de marzo, 1997, Edições Tema.
  • Os cadernos da ira, 1999, Espiral Maior.
  • Vocabulario das orixes, 2000, Deputación da Coruña.
  • Depósito natural (1995-2001), 2002, Deputación de Pontevedra.
  • Ancoradoiro. Obra poética (1983-2003), 2003, Espiral Maior.
  • Maré do pobo a arder, 2003, edición do autor.
  • Habitación del mar. Antología, 1983-2003, 2004, Editorial Olifante (edición bilingüe galego-castelán).
  • Vilar dos fillos, 2004, Difusora de Artes e Ideas, edición de tiraxe limitada e numerada.
  • Manuscritos do ar, 2007, Bourel.
  • Vento de sal, 2008, Galaxia.
  • Cántico dos topónimos esdrúxulos, 2010, Espiral Maior.
  • De sombras e poemas que son casas, 2010 (antoloxía poética sonora), Edicións do Cumio.
  • A Boca da galerna. Luz da materia contra o invento de Deus, 2012, Espiral Maior.
  • Tempo de cristal e sombras, 2014, Espiral Maior.

Narrativa

  • Microtopofanías, 1992, Laiovento.
  • A luz dos desnortados, 1996, Espiral Maior.
  • Ninguén de ningures, 2005, edición de autor non venal.
  • As últimas galerías, 2015, Galaxia.

Literatura infanto-xuvenil

  • Pedro e as nubes, 1996, O Barco de Vapor.
  • Ganapán das palabras, 1998, Kalandraka.
  • Dinosaurio Belisario, 2001, Kalandraka.
  • Lúa de pan, 2002, Edicións do Castro.
  • O segredo do pan, 2005, Obradoiro.
  • Un home impuntual, 2010, Galaxia.
  • Ganapán das palabras, 2016, Kalandraka.
  • Sopa de estrelas, 2016, Urco.

Teatro

Ensaio

Obras colectivas

Ficheiro:XM Álvarez Cáccamo.jpg
Álvarez Cáccamo en Moaña.
  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco.
  • Monólogos, 1987, Sotelo Blanco, teatro.
  • Sis poetes gallecs, 1990, Editorial Columna. Edición bilingüe galego-catalán.
  • Literatura galega século XX, 1992, Galaxia.
  • Magritte x 3, 1993, Laiovento.
  • Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy, 1995, Diputación de Granada. Edición bilingüe galego-castelán, a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Edicións do Castro.
  • Berra liberdade (Escritores galegos por Amnistía Internacional), 1996, Galaxia.
  • Novo do trinque, 1997, BNG.
  • Clásicos e modernos: tres leituras poéticas, 1999, Universidade da Coruña.
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2000, Tris Tram.
  • Escolma de familia, 2000, Xerais, poesía.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Raiceiras e vento. A obra poética de Antón Avilés de Taramancos, 2003, Laiovento.
  • XVIII Festival da Poesia do Condado, 2004, S. C. D. Condado.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais, poesía.
  • X. Espazo para un signo, 2005, Xerais.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.
  • Poemas pola memoria (1936-2006), 2006, Xunta de Galicia.
  • Poética da casa, 2006, Xunta de Galicia.
  • Presenza do poema, 2006, Espiral Maior.
  • Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
  • O Miño, unha corrente de memoria. Actas das xornadas sobre a represión franquista no Baixo Miño, 2008, Alén Miño, Ponteareas.
  • Poemas ao pai, 2008, Espiral Maior.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
  • Pel con pel, 2010, Galaxia.
  • 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento.
  • XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom, 2011, S. C. D. Condado.
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
  • Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello, 2011, Laiovento.
  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
  • Banqueiros, 2012, Laiovento.
  • Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
  • CaRa inversa, con Baldo Ramos, 2014, Follas Novas.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.

Edicións

  • Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro, 1985, Edicións do Castro.
  • Poesía galega completa, de Xosé María Álvarez Blázquez, 1987, Xerais.
  • Onde o mundo se chama Celanova, de Celso Emilio Ferreiro, 1991, Xerais.
  • 50 anos de poesía galega. A Xeración do 36, 1994, Editorial Penta. Con Xosé Carlos López Bernárdez.
  • Obra poética. Antoloxía. Antón Avilés de Taramancos, 1998, A Nosa Terra e AS-PG.
  • O libro dos cen poemas. Antoloxía da poesía infantil galega, 2002, Espiral Maior. Con Marisa Núñez.

Obra en castelán

Poesía

  • Laberinto el clavicornio, 1977, Editorial Castrelos.

Premios

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas