Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{sen referencias|data=xuño de 2016}}
[[Ficheiro:San Domingos, F. Zagala.jpg|miniatura|300px||Momento da visita da Infanta [[Isabel de Borbón y Borbón|Isabel de Borbón]], ''La Chata'', ás ruínas de San Domingos, Pontevedra, en 1906.]]
[[Ficheiro:San Domingos, F. Zagala.jpg|miniatura|300px||Momento da visita da Infanta [[Isabel de Borbón y Borbón|Isabel de Borbón]], ''La Chata'', ás ruínas de San Domingos, Pontevedra, en 1906.]]
A '''Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra''' <ref>Nos Estatutos da asociación, publicacións e no propio cuño, ''Sociedad Arqueológica de Pontevedra'', en castelán.</ref> foi unha asociación de distintas personalidades da arte e cultura pontevedresa fundada o [[15 de agosto]] de [[1894]] cos obxectivos de estudar as ciencias arqueolóxicas e adquirir e conservar tódolos obxectos de mérito no relativo á arte e historia da cidade de [[Pontevedra]].
A '''Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra''' <ref>Nos Estatutos da asociación, publicacións e no propio cuño, ''Sociedad Arqueológica de Pontevedra'', en castelán.</ref> foi unha asociación de distintas personalidades da arte e cultura pontevedresa fundada o [[15 de agosto]] de [[1894]] cos obxectivos de estudar as ciencias arqueolóxicas e adquirir e conservar tódolos obxectos de mérito no relativo á arte e historia da cidade de [[Pontevedra]].

Revisión como estaba o 23 de xuño de 2016 ás 10:10

Momento da visita da Infanta Isabel de Borbón, La Chata, ás ruínas de San Domingos, Pontevedra, en 1906.

A Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra [1] foi unha asociación de distintas personalidades da arte e cultura pontevedresa fundada o 15 de agosto de 1894 cos obxectivos de estudar as ciencias arqueolóxicas e adquirir e conservar tódolos obxectos de mérito no relativo á arte e historia da cidade de Pontevedra.

Entre estes obxectos de mérito incluían debuxos, gravados, esculturas, escudos, epigrafía, moedas, elementos arquitectónicos etc., así como música e poesía popular. Por medio de compras ou donativos acumulou unha completísima colección de libros e obxectos de arte de todo tipo. Loitou pola recuperación e restauración de diversos monumentos, destacando as ruínas de San Domingos, que salvou do derrubamento definitivo que aprobara a corporación municipal en 1874 e 1880. Polo contrario, os intentos para conservar a Capela da Virxe do Camiño foron infrutuosos.

Precedente inmediato da constitución da Sociedade Arqueolóxica foi a xuntanza que se celebrou nas propias ruínas de San Domingos o 16 de setembro de 1889 [2], baixo a convocatoria do poeta Roxelio Lois Estévez, daquela director de O Galiciano, Manuel de la Fuente e o médico Xosé Casal Lois, estes dous delegados da Comisión Provincial de Monumentos. Esta xuntanza converteuse nunha especie de ocupación das ruínas como sede da Sociedade.

Compoñentes destacados

Placa na honra de Casto Sampedro, nas Ruínas de San Domingos

A constitución da Arqueolóxica foi obra de Casto Sampedro, folclorista e investigador pontevedrés, que soubo agrupar e orientar a artistas e investigadores de sona, preocupados pola conservación da historia de Pontevedra. Presidida polo propio Sampedro, contou con colaboradores importantes como Carmelo Castiñeira Antelo (membro do movemento rexionalista La Patria Gallega) e Xosé Casal Lois (morto en 1912) (médico, etnógrafo e bibliófilo, que colectou un amplo cancioneiro).

Outro dos membros fundadores foi o médico Luís Sobrino Rivas (morto en 1907), pai de Carlos Sobrino. Foi el quen propiciou a colaboración coa Arqueolóxica do propio Carlos Sobrino e mais dos irmáns Enrique e Fernando Campo.

Tamén debe citarse a Enrique López de la Ballina e Heliodoro Fernández Gastañaduy, poeta e autor teatral, así como a José Millán, Juan Novás Guillán e Víctor Said Armesto (morto en 1914) (que destacou na recollida de textos literarios e musicais).

O Labirinto de Mogor, un dos debuxos de Enrique Campo

Unha importante sección da Sociedade foi a constituída polos debuxantes que plasmaron graficamente boa parte dos edificios notables de Pontevedra e os seus elementos característicos. Entre eles deben citarse a Federico Alcoverro, Celso García de la Riega (que tamén fixo unha recollida de relatos tradicionais), Alfredo Souto Cuero e, quizais o máis destacado, Enrique Campo Sobrino, socio desde 1906, cando só contaba con 16 anos; Campos realizou máis de 500 debuxos para a Sociedade. Igualmente, dentro deste grupo cómpre citar os fotógrafos Francisco Zagala, Sáez-Mon e Lorenzo Novás.

A Sociedade Arqueolóxica mantivo unha nutrida rede de correspondentes e informadores noutras localidades galegas, especialmente na provincia de Pontevedra pero tamén en Santiago, entre os que se encontraba o mesmo Antonio López Ferreiro, e mesmo fóra de Galicia.

A partir de 1921, cando xa a Sociedade entrara en franco declive, Filgueira e Castelao, representando ó Centro de Estudios Históricos e o Club Karepas (de Sánchez Cantón, Losada Diéguez, Iglesias Vilarelle, Pintos Villar etc.) ofrécense a Sampedro para revitalizar a Sociedade. Aínda con reticencias, Sampedro aceptou esta colaboración, que tivo como froito a participación de Castelao como debuxante da Sociedade, a compilación do Corpus Petrogliphorum Gallaeciae de Ramón Sobrino (publicado en 1935) e, sobre todo, a constitución do Museo de Pontevedra en 1927.

Obras da Sociedade Arqueolóxica

A Sociedade publicou distintos traballos, entre os que destacaron os dedicados á música popular e ó léxico. A seguir, unha relación non exhaustiva de publicacións:

  • Colección de música popular gallega. Parte dunha base recollida por Casto Sampedro, que en actas de 1895 se describe como riquísima y pendiente de ordenación, completada posteriormente con achegas de Said Armesto, Arana, Osorio-Tafall e Luis María Fernández Espinosa. Gañou o premio da Real Academia de Belas Artes en 1909, e foi publicado polo Museo de Pontevedra en 1942 baixo o título de Cancionero musical de Galicia. Foi reeditado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza [1].
  • Leyendas populares de Galicia, recollidas por Luis García de la Riega. Non se conserva o texto pero sábese da súa existencia por estar recollido nas Actas.
  • La leyenda de Don Juan, de Said Armesto.
O verbo dos arxinas é a xerga gremial dos canteiros de Pontevedra
  • Diccionario de la jerga de los canteros, comezado por Xosé Casal Lois e López de la Ballina pero que quedou nas enquisas preparatorias. Anos despois foi rematado e publicado por Alfredo García Alén.
  • Corrección y aumento del Diccionario Gallego e Jurisconsultos y Derecho en Galicia, dous traballos apenas encetados por Carmelo Castiñeira.
  • Colección de letras de cantares gallegos, de Xosé Casal e publicado moitos anos despois polo Museo de Pontevedra.

A que sería a obra senlleira da Sociedade (Obra cume da erudición pontevedresa, segundo a cualificou Filgueira) foi a Colección de Documentos para a Historia de Pontevedra. Publicouse en tres volumes, o primeiro en forma de separata do xornal La Opinión a partir de marzo de 1896. Os outros dous tomos, escritos persoalmente por Casto Campedro, publicáronse baixo o título de Documentos, inscripciones, monumentos, extractos de manuscritos, tradiciones, noticias etc. para la historia de Pontevedra, o segundo en 1899 e o terceiro en 1904. Este terceiro volume, co subtítulo de Volume II relativo a la Cofradía del Corpo Santo y Gremio de Mareantes, é un denso estudo de Casto Sampedro sobre as Ordenanzas e 1577 e a historia do gremio de mareantes de Pontevedra. Houbo un cuarto tomo, constituído por un vocabulario das devanditas Ordenanzas, que estaba rematado para remitir ó prelo en 1930 pero que desapareceu.

A maiores, a Sociedade organizou excursións sistemáticas, chamadas Xeiras, para coñecer e investigar lugares e monumentos sobre os que os membros da Sociedade recolleron abundante información, datos, debuxos e fotografías. A modo de exemplo:

Mosteiro de Carboeiro

Outras tarefas da Sociedade foron a organización de escavacións en Mourente, Tomeza Salcedo (tres parroquias do concello de Pontevedra), Vistalegre (Vilagarcía) e Toiriz (Vila de Cruces), entre 1895 e 1898.

Igualmente, organizou unha exposición arqueolóxica en 1895, nos salóns da nova Casa do Concello; outra en 1896 na Deputación provincial, e unha terceira, en 1910, no Liceo Gimnasio. Como xa se mencionou, colaborou con abundante material á Exposición Rexional de 1909.

Desaparición

O Museo de Pontevedra, herdeiro da Sociedade Arqueolóxica

A morte dos membros fundadores e doutros colaboradores da Sociedade foi reducindo a súa actividade ata o punto de quedar case só o presidente Sampedro. Filgueira exprésao así: "a entidade chegou a converterse nunha sorte de pseudónimo seu", e conta como Sampedro libraba de libros as cadeiras do seu despacho para celebrar xuntanzas da Sociedade ás que non asistía ninguén. Os fondos que reunira ó longo dos anos foron cedidos ó Museo de Pontevedra en 1927 e disolveuse formalmente en 1938.

Notas

  1. Nos Estatutos da asociación, publicacións e no propio cuño, Sociedad Arqueológica de Pontevedra, en castelán.
  2. No libro editado polo Museo de Pontevedra, Os debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra, Filgueira Valverde dá a data do 16 de setembro de 1886 (px. 10). Pero máis adiante, as autoras do capítulo dedicado á Sociedade, dan a data de 1889 (px. 31).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Catálogo da exposición Os debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra, Museo de Pontevedra 1995.
  • Filgueira Valverde: "Sociedad Arqueológica de Pontevedra", en Gran Enciclopedia Galega.