Diferenzas entre revisións de «Tales de Mileto»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
corrixo
m (Arranxos varios using AWB)
(corrixo)
De ascendencia fenicia, naceu en [[Mileto]], antiga colonia grega, na [[Asia Menor]], actual [[Turquía]], no [[-625|625 a.C.]] e finou aproximadamente no [[-547|547 a.C.]] - segundo o historiador grego [[Dióxenes Laercio]], morreu con 78 anos durante a 58ª Olimpíada.
 
Considérase a '''Tales''' como un dos sete sabios da [[Grecia Antiga]]. Alén diso, foi o fundador da [[Escola Xónica]]. Considerado, tamén, o primeiro filósofo da "[[physis]]" (física), porque outros, despois del, seguiron o seu camiño procurando o principio natural das cousas.
 
Tales consideraba a auga como orixe de todas as cousas. E os seus seguidores, aínda que discordasen canto á “substancia primordial” (que constituía a esencia do universo), concordaban con el no que dicía respecto á existencia dun “principio único" para esa natureza primordial.
== Os traballos de Tales ==
[[Ficheiro:Thales theorem 1.png|miniatura|200px|Teorema de Tales : <math>\textstyle \frac{DE}{BC} = \frac{AE}{AC } = \frac{AD}{AB}</math>]]
Nas súas andanzas, Tales coñeceu as obras de varios matemáticos e astrónomos da rexión. Dedicouse á matemática e estableceu os primeiros postulados básicos da [[xeometría]]. Estudou as rectas e os ángulos e fixo demonstraciónsdemostracións formais rigorosas sobre a xeometría do [[círculo]] e do [[triángulo]] [[isóscele]]. A el atribúese o cálculo da altura dunha [[pirámide (construción)|pirámide]] baseado na lonxitude da súa sombra, en determinado horario do día (a través da posición do [[Sol]]) e a demostración de como medir a distancia dun navío que se atopa no mar. Entre tanto parece que o teorema que leva o seu nome, relativo a liñas rectas paralelas cortadas por unha secante, se remontaremóntase á xeometría exipcia e babilónica.
 
Atribúese a Tales tamén a primeira medida exacta do tempo utilizando o [[gnomo]] (reloxo solar) e a construción de [[parapegma]]s (calendarios astronómicos que contiñan informacións meteorolóxicas).
 
Tales foiFoi o primeiro [[astronomía|astrónomo]] en explicar a [[eclipse]] do [[Sol]], ao verificar que a [[Lúa]] é iluminada por ese [[astro]]. Segundo [[Heródoto]], el tería previsto unha [[eclipse solar]] en [[-585|585]] a.C. Segundo Aristóteles, tal eclipse marca o momento en que comeza a filosofía. Os [[astronomía|astrónomos]] modernos calculan que esa eclipse se presentou no [[28 de maio]] do ano mencionado por Heródoto.
 
Se Tales aparece como o iniciador da filosofía, é porque o seu esforzo en buscar o principio único da explicación do mundo non só constitúe o ideal mesmo da filosofía como tamén lle forneceu impulso para o seu propio auto-desenvolvemento.
 
== A Cosmoloxía de Tales ==
Na época de Tales, os gregos – a–a través da súa [[mitoloxía grega|mitoloxía]] – consideraban os elementos da Natureza (o Sol, a Terra, o Ceo, o Océano, as Montañas etc.) como forzas autónomas, honrándoos como deuses, elevados pola fantasía a seres activos, móbeis, conscientes e dotados de sentimentos, vontades e desexos. Estes deuses constituían a fonte e a esencia de todas as cousas do universo.
 
Tales foi un dos primeiros pensadores en discordar desa relixión vixente, cuxos principios eran ditados pola percepción que os homes captaban a través dos seus sentidos. O punto de partida da teoría especulativa de Tales – como–como tamén de todos os demais filósofos da [[escola xónica]] – foi a verificación da permanente transformación das cousas unhas noutras e a súa intuición básica é de que todas as cousas son unha soa cousa fundamental, ou un só principio ("''arché''").
 
Dos escritos de Tales, ningún deles sobreviviu ata os nosos dias. As súas ideas filosóficas coñécense grazas aos traballos de [[Dióxenes Laercio]], [[Simplicio]] e principalmente [[Aristóteles]].
 
Na súa obra ''Metafísica'', Aristóteles cóntanos: “Tales di que o principio de todas as cousas é a auga, sendo talvez levado a formar esa opinión, por ter observado que o alimento de todas as cousas é húmido e que o propio calor é xerado e alimentado pola humidade. Polo tanto, aquilo dedo que se orixinan todas as cousas é o principio delas. De aí lle veuveulle esa opinión, e tamén a de que as sementes de todas as cousas son naturalmente húmidas e de ter orixe na auga a natureza das cousas húmidas”. E en ''Da Alma'' escribe: “E afirman algúns que ela (a alma) está mesturada co todo. É por iso que, talvez, Tales pensou que todas as cousas están cheas de deuses. Parece tamén que Tales, polo que se conta, supuxo que a alma é algo que se move, se é que dixo que a pedra (imán) ten alma, porque move o ferro”.
 
Ese esforzo investigador de Tales no sentido de descobrirdescubrir unha unidade, que seria a causa de todas as cousas, representa unha mudanza de comportamento na actitude do home perante o [[Universo|cosmos]], pois abandona as explicacións relixiosas ata entón vixentes e busca, a través da razón e da observación, un novo sentido para o universo.
 
Cando Tales dixo que todas as cousas están cheas de deuses, ou que o magnetismo se debe á existencia de “almas” dentro de certos minerais, el non estaba invocando as palabras ''deus'' e ''alma'', no sentido relixioso como as coñecemos actualmente, mais si adviñando intuitivamente a presenza de fenómenos naturais inherentes á propia materia.
 
== Contos ==
* [[Plutarco de Queronea|Plutarco]] dixo que Tales certa vez ollando para o ceo, tropezou e caeu, sendo reprendido por alguén como lunático: analizaba o tempo para descobrirdescubrir que habería unha seca, coa cal gañou diñeiro.
* Usando o seu coñecemento astronómico e meteorolóxico (probabelmente herdado dos babilonios), Tales previu unha excelente colleita de olivas cun ano de antecedenciaantelación. Sendo un home práctico, conseguiu diñeiro para alugar todas as prensas de aceite de oliva da rexión e, cando chegou o verán, os produtores de aceite tiveron que pagarlle polo uso das prensas, o que o levou a gañar unha grandegran fortuna con ese negocio.
* Cando lle preguntaron a Tales que era difícil, el respondeu: “Coñecerse a un mesmo”. Cando lle preguntaron o que era fácil, el respondeu: “Dar consellos”.
 
59.354

edicións

Menú de navegación