Illa Pancha: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 17: Liña 17:
[[Categoría:Ribadeo]]
[[Categoría:Ribadeo]]
[[Categoría:Illas da provincia de Lugo|Pancha, Illa]]
[[Categoría:Illas da provincia de Lugo|Pancha, Illa]]
[[Categoría:Penínsulas de Galicia]]

Revisión como estaba o 18 de xuño de 2016 ás 11:14

Coordenadas: 43°33′23″N 07°02′30″O / 43.55639, -7.04167

Ficheiro:Faros da Illa Pancha en Ribadeo.jpg
Faros da Illa Pancha.
Illa Pancha en xullo de 2015.

A illa Pancha é o extremo occidental da saída da ría de Ribadeo. Está situada na punta nordeste do concello de Ribadeo, e acolle o principal faro da contorna. Está unida a terra por unha ponte recentemente remodelada.

Ten unhas 1,1 hectáreas e orografía escarpada e recortada, aínda que chá no seu cumio, onde está instalado o vello faro de Illa Pancha, construído en 1857. O novo faro, na zona norte, é do último cuarto do século XX.

A súa costa é rochosa e ten vexetación de plantas costeiras que lle dá unha cor moi variable ó longo do ano, incluída a invasora 'unlla de gato'. Próximo a ela está o mirador da Illa Pancha, incluído na Ruta dos Miradoiros.

No ano 2014 comezou o proceso para que o faro sexa usado coma hotel, contando con oposición veciñal[1].

Referencias

  1. La Voz de Galicia. "100.000 euros a obras y 15.600 de alquiler". Consultado o 20151028.