Axuda:Caracteres especiais: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{ortografía}}
{{ortografía}}
{{Revisión|data=xuño de 2016}}
{{Outros homónimos|para=axuda sobre o uso de caracteres especiais|Axuda:Usando caracteres especiais}}
{{Outros homónimos|para=axuda sobre o uso de caracteres especiais|Axuda:Usando caracteres especiais}}
Moitos '''caracteres especiais''' que non se atopan nos teclados estándar dos ordenadores poden mostrarse útiles, quizais imprescindíbeis, para algúns proxectos que non utilizan só do [[alfabeto latino]]. Esta páxina contén as recomendacións sobre aqueles símbolos de uso seguro e como os empregar.
Moitos '''caracteres especiais''' que non se atopan nos teclados estándar dos ordenadores poden mostrarse útiles, quizais imprescindíbeis, para algúns proxectos que non utilizan só do [[alfabeto latino]]. Esta páxina contén as recomendacións sobre aqueles símbolos de uso seguro e como os empregar.

Revisión como estaba o 15 de xuño de 2016 ás 09:17

Moitos caracteres especiais que non se atopan nos teclados estándar dos ordenadores poden mostrarse útiles, quizais imprescindíbeis, para algúns proxectos que non utilizan só do alfabeto latino. Esta páxina contén as recomendacións sobre aqueles símbolos de uso seguro e como os empregar.

Visualización

A maioría dos navegadores actuais posúen certo nivel de soporte para o texto Unicode, pero algúns son máis eficientes do que outros. O problema máis común é que o Internet Explorer baséase en fontes axustadas previamente no rexistro do sistema, no lugar de procurar unha fonte de carácteres que poida amosar un determinado símbolo ou letra. Isto fai que en ocasións o navegador teña que empregar fontes particulares. Existen na Galipedia unha serie de marcadores que fan iso. Por exemplo, o modelo {{unicode}} é usado para texto Unicode en xeral e o modelo {{IPA}} para o Alfabeto Fonético Internacional.

Windows 7

O soporte Unicode é estendido trala instalación do paquete opcional Windows Update KB2729094[1], dispoñíbel para as versións de 32-bit e 64-bit do Windows 7 SP1. Esta adaptación regresiva do Windows 8 actualiza a fonte Segoe UI, engadindo soporte do navegador para Emoji e outros símbolos para Windows 7.

Mostrando caracteres especiais

Para mostrar carácteres de Unicode ou especiais nas páxinas de internet, unha ou máis das fontes Unicode, é preciso que elas xa estean instaladas no computador. Para tudo correr correctamente, tamén pode ser necesario facer cambios no menú setup, axustes ou configuración, do navegador.

A fonte estándar para escrita latina nas versións anteriores do Internet Explorer (IE) para Windows é a Times New Roman. Edicións precedentes desta fonte non inclúen o mapeamento de bloques Unicode. A fin de visualizar correctamente os carácteres especiais no IE, débese alterar as configuracións de fonte para unha que teña moitos mapas de bloques Unicode, coma TITUS Cyberbit Basic e GNU Unifont, as cales están dispoñíbeis de xeito gratuito.

Símbolos especiais deben ser vistos normalmente, sen a necesidade doutros axustes, nos navegadores Mozilla Firefox, Konqueror, Opera, Safari e outros aínda máis recentes. Pódese tomar unha medida adicional para exhibir dun xeito mellor (e acertado) os carácteres con ligadura tipográfica, caracteres combinados, despois que os axustes anteriores sexan implementadas, que é instalar un programa de renderización.

Con Mozilla Firefox, a configuración estándar debe ser mudada. Para facer iso, faga clic en “Opcións” no menú “Ferramentas” e seleccione a icona “Contido”. Neste menú, seleccione “Avanzadas...” en “Fontes...”. Desmarcar a caixa de opción “permitir que as páxinas de escoller súas propias fontes”, e escoller unha das opcións Unicode (por exemplo, "Unicode (UTF-32 BE)") ou "árabe (ISO-8859-6)". Unha alternativa é mudar a fonte para “Arial Unicode MS”. Logo, a caixa pode ser deixado marcada.

Para usar unha das fontes Unicode dispoñíbeis para a exhibición de carácteres especiais dentro dun táboa ou gráfico ou caixa, débese escribir class="Unicode" no código de liña TR, da táboa (ou, en cada código TD, mais usando en cada liña, ou TR, é máis doado do que marcar repetidamente en tódalas TD); cando for usado o código wiki para táboas, débese usar |- class="Unicode", tralo |- (equivalente a TR).

Para exhibir caracteres especiais individuais, o modelo símbolo pode ser usado para cada carácter. Un código HTML decimal ou hexadecimal pode ser utilizado en substitución do propio carácter. Na hipótese dun parágrafo con moitos de carácteres especiais Unicode precisaren ser mostrados, pódese usar dos seguintes códigos <p class="Unicode"> ... </p> ou <span class="Unicode"> ... </span>.

A finalidade da marca class="Unicode" é ser utilizada en páxinas web, con códigos wiki ou HTML, nas que varios carácteres dunha ampla gama de distintos bloques de Unicode precisan ser mostrados. Se os caracteres especiais que precisan ser exhibidos na páxina web son relativos a bloques Unicode menores, relacionados cos escritos latinos, entón a marca class="latinx" pode ser usado. Para carácteres especiais ou símbolos relacionados ao Alfabeto Fonético Internacional, a marca class="IPA" pode ser usada. Para caracteres polytonic (grego) ou símbolos relacionados, class="polytonic" pode ser usada.

Cambiando a fonte estándar do Internet Explorer

Débese premer o botón de ferramentas, o primeiro á dereita, nesta secuencia:  Ferramentas (Alt X) > Opcións de Internet > (Xeral >) Fontes > Fonte da páxina web:
percorrer a listaxe de fontes. Conforme sinalado antes, a fonte estándar é Times New Roman. Para ver máis carácteres especiais, escolla unha fonte distinta, como Lucida Sans Unicode e, axiña, premer o botón 'OK' .

Fontes para sistemas de escrita específicos

Escritos antigos

v.g. Alfabeto fenicio, Alfabeto itálico antigo, Lineal B etc.

Usuarios de Windows

Transfira e instale unha destas fontes libremente autorizadas

Usuarios de Linux

Se utiliza un Linux baseado na distro Debian (p. ex. Ubuntu, Linux Mint), transfira e instale paquete deb ttf-ancient-fonts, introducindo no terminal:

sudo apt-get install ttf-ancient-fonts

ou

sudo aptitude install ttf-ancient-fonts

Alfabeto Shaw

Alfabeto glagolítico

Alfabeto Fonético Internacional

A mor parte dos símbolos IPA non están incluídos na forma máis amplamente utilizada da fonte Times New Roman (aínda que sexan incluídos na versión do Windows Vista), a fonte estándar para escrita latina do Internet Explorer para Windows. Para ara poder ver adecuadamente os símbolos IPA neste navegador, é necesario axustalo para incluír unha paleta con este tipo de extensión, que inclúen Lucida Sans Unicode, xa inclusa no paquete do Windows XP; Gentium, Charis SIL, Doulos SIL, DejaVu Sans, ou TITUS Cyberbit, que están libremente dispoñíbeis; ou Arial Unicode MS, que vén con Microsoft Office.

Nesta páxina, o Internet Explorer é forzado a utilizar tal fonte por padrón, así debería aparecer correctamente, pero isto non foi aínda feito a todas as outras páxinas que conteñen IPA. Isto tamén se aplica a outras páxinas que utilizan símbolos especiais. Leve isto en consideración, no caso de que sexan vistos símbolos de erros coma "຦" nos artigos.

Símbolos especiais deben ser vistos normalmente, sen a necesidade doutros axustes, nos navegadores Mozilla Firefox, Konqueror, Opera, Safari e outros aínda máis recentes.

¿Cal conxunto de caracteres é usado na Galipedia?

Des MediaWiki 1.5, todos os proxectos utilizan Unicode (UTF-8).

Até o fin de xuño de 2005, cando a nova versión pasou a correr nos proxectos da Wikimedia, as Wikipedias en inglés, sueco, neerlandés e danés utilizaban Windows-1252 (elas declaraban seguir o estándar ISO-8859-1, pero en verdade os navegadores trataban ambos como sinónimos e o programa da WikiMedia non tomou ningunha iniciativa para previr o uso de símbolos do windows-1252). Wikitexto pre-upgrade naquelas bases de datos continúan almacenadas en Windows-1252 e é convertido na carga (algúns deles tamén poden ser convertidos en cambios graduais no histórico almacenado). Edicións feitas dende a actualización serán gravadas na base de datos como UTF-8. Esta conversión corre nun proceso transparente para os usuarios. É tamén transparente para reuso que Wikimedia empregra XML dumps maís que database dumps.

Unicode (UTF-8)
  • unha cantidade variable de bytes por carácter
  • caracteres especiais, incluíndo CJK, poden ser tratados como normais; non soamente na páxina web pero tamén na caixa de edición vese a letra; ademais é posible utilizar os códigos multi-character, pero non son automaticamente convertidos na area de edición.
ISO 8859-1
  • un byte por caracter
  • caracteres especiais que non están dispoñibles no conxunto de carácter limitado son almacenados en forma de código multi-character; hai normalmente dous ou tres representacións equivalentes, v.g. para o carácter €: a referencia nominal &euro; ; a referencia decimal &#8364;; e a referencia hexadecimal &#x20AC;. O caixa de edición mostra o código entrado, e a páxina web mostra o carácter resultante. Carácteres inutilizables que son copiados no caixa de edición son primeiro amosador coma carácter e, despois, automaticamente cambiados cara os seus códigos decimais cando son mostrados ou gardados.
  • a mor parte dos caracteres especiais máis comuns, coma “é”, xa está no conxunto estándar, así codificar como &eacute;, aínda que permitido, non é necesario.

Note que w:Special:Export exporta utilizando codificación UTF-8 aínda que a base de datos sexa codificada en ISO 8859-1, polo menos ese era o caso da Wikipedia en inglés xa cando utilizaba a versión 1.4.

Para saber cal conxunto de carácteres aplícase nun proxecto, use o recurso do navegador “Exhibir a fonte”/“Exhibir código da páxina” e procure por algo coma:

<meta http-equiv="Content-type" content="text/html; charset=iso-8859-1" />

ou

<meta http-equiv="Content-type" content="text/html; charset=utf-8" />

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • http://www.unicode.org/charts/ Gráficos de caracteres Unicode; números en hexadecimal; Ficheiros PDF que mostran todos os caracteres independentes de capacidades do navegador
  • http://www.unicode.org/help/display_problems.html Axuda para activación do soporte Unicode sobre a mor das plataformas
  • Táboa de carcteres Unicode, de 1 a 65535, mostra como aparecen as referencias de carácter en decimais]
  • HTML 4.0 Character Entity References, mostra como aparecen as referencias de carácter por nome e por valores decimais]
  • FileFormat.Info, detalles de moitos caracteres Unicode, incluíndo a referencia por nome e por valores decimais e hexadecimais, exibindo aínda como debería ser e, por cada un, como aparecen no navegador
  • Alan Wood's Unicode resources, recurso completo con páxinas de test de carácter para todas as gamas Unicode, así como información de soporte Unicode para cada OS e ligazóns para fontes e utilidades
  • CharacterPal Mac OS X Dashboard Widget gratis que mostra combinacións claves para carácteres especiais
  • Unicode Code Converter conversión entre carácteres des copiar e colar, notación Unicode, html, encodings de por cento e outros formatos, útil cando intentando entrar ou buscar caracteres
  • Shapecatcher ferramenta online para atopar caracteres Unicode debuxándoos

Frecha. Volver á páxina de axuda.