Organismo pluricelular: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
Un '''organismo pluricelular''' (das formas do [[latín]] ''plures, plura, plurium'' que significan "varios", "moitos"; e ''cellula'', [[diminutivo]] tamén latino de ''cella'', "cela", "cuarto pequeno") é aquel [[Ser vivo|organismo]] que está constituído por máis dunha [[célula]] e que posúe células diferenciadas que realizan funcións especializadas, en contraposición aos [[Organismo unicelular|organismos unicelulares]] ([[protozoo]]s e [[bacteria]]s, entre moitos outros) que reúnen todas as súas funcións vitais nunha única célula.
Un '''organismo pluricelular''' ou '''multicelular''' (das formas do [[latín]] ''plures, plura, plurium'' que significan "varios", "moitos"; e ''cellula'', [[diminutivo]] tamén latino de ''cella'', "cela", "cuarto pequeno") é aquel [[Ser vivo|organismo]] que está constituído por máis dunha [[célula]] e que posúe células diferenciadas que realizan funcións especializadas, en contraposición aos [[Organismo unicelular|organismos unicelulares]] ([[protozoo]]s e [[bacteria]]s, entre moitos outros) que reúnen todas as súas funcións vitais nunha única célula.

A pluricelularidade ten a vantaxe de que permite a especialización de diferentes grupos celulares, ao liberar as células de ter que asumir todas as funcións vitais. Así, posibilítase a formación de diferentes [[Tecido (bioloxía)|tecido]]s e [[Órgano (bioloxía)|órganos]]. Un grupo de células similarmente diferenciadas que levan a cabo unha determinada función nun organismo multicelular coñécese como un tecido. Non obstante, nalgúns organismos unicelulares, tales como as ''[[Myxobacteria]]'', atópanse células diferenciadas, aínda que a diferenciación é menos pronunciada que a que se atopa tipicamente en organismos pluricelulares.

Revisión como estaba o 14 de xuño de 2016 ás 19:06

Un organismo pluricelular ou multicelular (das formas do latín plures, plura, plurium que significan "varios", "moitos"; e cellula, diminutivo tamén latino de cella, "cela", "cuarto pequeno") é aquel organismo que está constituído por máis dunha célula e que posúe células diferenciadas que realizan funcións especializadas, en contraposición aos organismos unicelulares (protozoos e bacterias, entre moitos outros) que reúnen todas as súas funcións vitais nunha única célula.

A pluricelularidade ten a vantaxe de que permite a especialización de diferentes grupos celulares, ao liberar as células de ter que asumir todas as funcións vitais. Así, posibilítase a formación de diferentes tecidos e órganos. Un grupo de células similarmente diferenciadas que levan a cabo unha determinada función nun organismo multicelular coñécese como un tecido. Non obstante, nalgúns organismos unicelulares, tales como as Myxobacteria, atópanse células diferenciadas, aínda que a diferenciación é menos pronunciada que a que se atopa tipicamente en organismos pluricelulares.

Os organismos pluricelulares deben afrontar o problema de rexenerar o organismo enteiro a partir de células xerminais, obxecto de estudo pola bioloxía do desenvolvemento. A organización espacial das células diferenciadas como un todo o estuda a anatomía.

Os organismos pluricelulares poden sufrir de cancro, cando falla a regulación do crecemento das células dentro do marco de desenvolvemento normal.

Véxase tamén

Outros artigos