Xoana de Castro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 3 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q429905
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=xuño de 2016}}
[[File:Sepulcro de la reina Juana de Castro, segunda esposa de Pedro I el Cruel, rey de Castilla y León (Catedral de Santiago de Compostela).jpg|miniatura|dereita|250px|Sepulcro de Xoana de Castro na [[catedral de Santiago de Compostela]].]]
[[File:Sepulcro de la reina Juana de Castro, segunda esposa de Pedro I el Cruel, rey de Castilla y León (Catedral de Santiago de Compostela).jpg|miniatura|dereita|250px|Sepulcro de Xoana de Castro na [[catedral de Santiago de Compostela]].]]



Revisión como estaba o 10 de xuño de 2016 ás 20:39

Sepulcro de Xoana de Castro na catedral de Santiago de Compostela.

Xoana de Castro "A desamada", foi unha dama de ascendencia castelá do século XIV, da estirpe dos señores de Biscaia, e filla do primeiro señor xurisdicional de Monforte de Lemos, Pedro Fernández de Castro, precursor da saga do Condado de Lemos.

Traxectoria

Era de Fernán Ruiz de Castro "Toda a lealdade de España", III Conde de Lemos, e da malograda Inés de Castro. Viúva de Diego de Haro, casou en 1354 co rei don Pedro I, que a abandonou poucos días despois de verificado o matrimonio. Para que este se puidese celebrar, os bispos de Ávila e Salamanca declararon nulo que o rei contraera con Branca de Borbón. Dese matrimonio naceu don Xoán de Castela e Castro, designado no testamento do seu pai como herdeiro da coroa, en caso de falecemento dos fillos que tivera con María de Padilla.

Aínda que se asegura que don Pedro non volveu a ver a dona Xoana, non debeu estar tan pouco tempo reunido con ela, xa que o Pontífice o amoestou seriamente, chegando á excomuñón por non obedecer ó seu mandato e se comprende ben que estas dilixencias non se puideron practicar en poucos días. Tamén se di que o rei se separou de dona Xoana a consecuencia da excomuñón do Pontífice, o que, porén, se omite na crónica de López de Ayala, aínda que se asegura nos fragmentos da crónica do bispo de Xaén.

Cando o rei don Pedro abandonou a dona Xoana fíxolle doazón do señorío de Dueñas, onde ela viviu sen deixar nunca de titularse raíña de Castela. Adoita cualifícanse de aduladores e débiles ós bispos de Ávila e Salamanca por declarar nulo o matrimonio de don Pedro con dona Branca; pero non falta quen expón razóns de gran peso para xustificar a nulidade daquel enlace, e por outra parte, é fama que os citados bispos foron homes piadosos, doctos e cheos de virtude. Consta ademais que non se retractaron, e se ben marcharon a Roma, acudindo ó chamamento do Papa Inocencio VI para responder da súa conduta, non deberon saír desairados cando nada di do resultado da audiencia o cronista Ayala, decidido partidario de Henrique de Trastamara.

O seu sartego está na catedral de Santiago de Compostela.